- Para os que estades no 1º ciclo da ESO, xa que temos este mes a bibliteca chea de piratas, podedes ver vós mesmos na exposición os libros que máis vos gustan. Se queredes clásicos de piratas, ide directamente a Peter Pan de Matthew Barrie, A illa do tesouro de Stevenson, O Corsario Negro de Salgari e se preferides outros máis modernos tedes Os piratas da illa da Esperanza de Rivadulla Corcón ou Pirata de María Reimondez, publicados por Xerais. E sen ser de piratas tedes tamén libros preciosos para regalar como El Principito da ed.Salamandra ou Emily the Strange. Los días perdidos de ed. SM ou Charles Darwin: la aventura de la evolución de Ed. Montena.
- Aos do 2º ciclo da ESO que queiran viaxar este Nadal sen se mover da casa recomendaríamoslles Breve guía de lugares imaginarios, editado por Ed. Alianza; Bajo la jaima. Cuentos populares del Sahara de ed. Miraguano; El pequeño gran libro de la ignorancia de Lloyd e Mitchinson; O home que plantaba árbores, editado por Xerais, Eskoria, editado por SM ou Sidecar de Alberto Lema.
- E finalmente os de Bacharelato tedes libros como Sol de inverno de Rosa Aneiros, El blog del inquisidor de Lorenzo Silva, Los girasoles ciegos de Alberto Méndez ou O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, que seguro que vos gustarán.
A NOSA FRASE DA PAZ 2016
"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"
Mahatma Gandhi

18/12/09
AGASALLOS NADAL (3)
16/12/09
TODOS CON A. HAIDAR

15/12/09
30 DÍAS DE FOLGA DE FAME
"El último mensaje que transmito al Gobierno español es que ni la cárcel, ni la desaparición forzosa, ni la tortura, ni la expulsión del trabajo han podido cambiar ni doblegar mis principios.

Durante estes trinta días foron moitas as persoas e colectivos que se solidarizaron con A., entre elas Carlos Cristobal, cuxas palabras podedes ler AQUÍ.
Os que queirades solidarizarvos con A. Haidar premede AQUÍ.
14/12/09
AGASALLOS DE NADAL (2)

10/12/09
AGASALLOS DE NADAL (1)
09/12/09
DEREITOS HUMANOS
DEREITOS HUMANOS
Pero Aminatou Haidar non é só unha activista polos dereitos humanos, tamén é unha nai de dous fillos que están vendo como se lle acaban as forzas sen poder facer nada por remedialo. Por iso escribiron esta carta que este 10 de decembro se converte no berro máis auténtico contra a hipocrisía do mundo:


É doloroso para min e para meu irmán enterarnos da mala noticia de que hoxe a nosa querida mamá decidiu deixar de tomar os seus medicamentos, xa que é perigoso para ela.
Axudade á nosa querida mamá, evitade a traxedia que vai repercutir negativamente na nosa situación física e psíquica.
QUEREMOS O REGRESO DA NOSA MAMÁ!"
07/12/09
O PAPEL DOS BLOGUES NO ENSINO

05/12/09
CLUB DE LECTURA

- Xa temos blogue http://clubdelectura-arquivosdotrasno.blogspot.com/
- Tamén temos cartel anunciador por todo o Instituto.
- Temos gañas de botar a andar.
Entón, que nos falta?
FALTA QUE TI ASISTAS Á PRIMEIRA REUNIÓN o próximo 15 de decembro ás 18.10 na biblioteca.
Mentres, podes ir pensando un nome para o noso club.
02/12/09
A ELEGANCIA DO OURIZO

ACUDIDE Á BIBLIOTECA E PEDIDE EN PRÉSTAMO O LIBRO
30/11/09
J.E.PACHECO, PREMIO CERVANTES 2009

29/11/09
O COMIC GALEGO ESTÁ DE NORABOA

26/11/09
CENTENARIO DE IONESCO

25/11/09
500 ANOS DA MULLER NA ARTE OCCIDENTAL
Women In Art from Philip Scott Johnson on Vimeo.
Se queredes coñecer o nome dos cadros e os seus autores premede AQUÍ.
CLUB DE LECTURA

- Xa temos blogue http://clubdelecturaarquivosdotrasno.blogspot.com/
- Tamén temos cartel anunciador por todo o Instituto
- Temos gañas de botar a andar
Entón, que nos falta?
FALTA QUE TI ASISTAS Á PRIMEIRA REUNIÓN o próximo 15 de decembro ás 18.10 na biblioteca.
Mentres, podes ir pensando un nome para o noso club.
24/11/09
CONTRA O MALTRATO, TOLERANCIA CERO


Medusa que narra a historia de dúas adolescentes, Sofia e Lupe, que son violadas cando regresaban de madrugada dunha festa de disfraces. A partir dese momento comezará para elas un suplicio, pois debateránse entre cargar co peso da agresión coma a Medusa clásica ou loitar pola súa dignidade e conseguir que se faga xustiza.
23/11/09
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
REGLAS DE JUEGO PARA LOS HOMBRES QUE QUIERAN AMAR A LAS MUJERES
II
El hombre que me ame
no querrá poseerme como una mercancía,
ni exhibirme como un trofeo de caza,
sabrá estar a mi lado
con el mismo amor
con que yo estaré al lado suyo.
IX
El amor de mi hombre
no querrá rotularme o etiquetarme,
me dará aire, espacio,
alimento para crecer y ser mejor,
como una Revolución
que hace de cada día
el comienzo de una nueva victoria.
Gioconda Belli.
21/11/09
PIRATAS NA BIBLIOTECA

ADEMAIS, SE PRETENDEDES ENROLARVOS COMO MARIÑOS NALGÚN BARCO VELEIRO É INDISPENSABLE QUE ENTREDES AQUÍ.
20/11/09
DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

Cal é a nosa responsabilidade para que iso non quede en papel mollado?. Por suposto SEMPRE vixiar e denunciar, mais paralelamente EDUCAR, porque esa é a semente da que sairá todo o demais como ben nos di Gabriel Celaya neste poema que vos deixamos a continuación.
19/11/09
QUE SABES DE ARTE ANTIGA?

O VOTO FEMININO: UN DEREITO TRABALLADO
16/11/09
UNHA EXPOSICIÓN QUE NON DEBEDES PERDER

15/11/09
CARLOS VELO, PIONEIRO DO AUDIOVISUAL GALEGO

13/11/09

10/11/09
SINESIO, TI NON CUESTIONAS O QUE CRES

Esta frase que Hipatia lle di a Sinesio, bispo de Cirene e antigo discípulo dela, resume perfectamente a diferenza entre eles, entre ciencia e relixión en definitiva. Fronte aos que loitan diariamente por impoñer as súas ideas aos demais, a costa do que sexa, Hipatia, unha científica, loita diariamente por desmontar ideas preconcebidas, cuestionándose absolutamente todo para que a ciencia e a humanidade avance.
Despois dun mes falando neste blogue do tema de Hipatia, por fin un grupo fomos ver a película de Amenábar. Deixando a un lado que a película se perde en excesos (exceso de ruído, google earth, xente, pelexas...), tan frecuentes nas grandes superproducións, penso sinceramente que este tipo de cine "que chega a tanta xente" sempre ten algo positivo: a posibilidade de afondar nas lecturas sobre a época e os acontecementos que trata. Se a película Troia conseguíu que algunha xente se achegase á Ilíada de Homero e que nos foros se falase deste magnífico poema épico, e mesmo medrasen as súas ventas, Ágora está conseguindo tamén o mesmo efecto. Por iso creo que os que nos dedicamos ao ensino temos que sacarlles partido a través de aqueles aspectos que poden facer pensar aos nosos alumnos e espertar neles o espírito crítico.
No caso de Ágora parece obvio o tema a tratar: o fanatismo relixioso.
Se películas como esta conseguen que algunha xente medite sobre a facilidade con que as vítimas se poden converter en verdugos, BENVIDAS SEXAN AS SUPERPELÍCULAS!
09/11/09
O MURO DE BERLÍN
Aquel día semellaba que o mundo era máis libre. Pero o tempo pasa e a historia repítese, e volven a construírse muros, a maioría invisibles, e, polo tanto, cada vez máis difíciles de derrubar. Con todo aquel 9 de novembro era o final dunha época que Joaquín Sabina evoca coa súa característica ironía no seu MURO DE BERLÍN:
Os que queirades saber algo máis sobre a Guerra Fría podedes entrar AQUÍ onde atoparedes moitas actividades para aprender xogando.
CINCUENTENARIO DA MORTE DE CABANILLAS

"
07/11/09
EXPOSICIÓN DE RODIN
05/11/09
GRAFFITI CREATOR
PREMEDE SOBRE A IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA E... A GRAFITEAR!

04/11/09
QUEN SE APUNTA A FACER TEBEOS?

Neste libro, editado por Factoría K, podedes aprender como se deseña unha páxina de comic, os distintos planos que se poden utilizar, como escoller un bo enfoque das escenas, como facer "bocadillos" ou globos" e moitas cousas máis. Mesmo inclúe propostas de exercicios prácticos, para que poidades comprobar como asimilastes os vosos coñecementos antes de lanzarvos á aventura de realizar o voso primeiro comic.
ANIMÁDEVOS. A ver se vos vemos o ano que vén en VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO!
03/11/09
ADEUS, FRANCISCO AYALA

GAÑADORES DA 1ª XINCANA CULTURAL DA BIBLIOTECA

Ademais acadaron un diploma por acertar algunha das probas propostas os alumnos seguintes:
29/10/09
HIPATIA DE ALEXANDRÍA (3)
ETIQUETAS

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
Para clausurar os eventos da nosa IX Semana Cultural sobre a Gastronomía, o Departamento de Inglés preparou para os grupos de 1ºESO ...
-
Representación de "O banquete de Trimalción", polo alumnado de 1º e 2ºBAC. Videos:
-
Rematou xa a edición 2018 do intercambio escolar A CORUÑA-NÚREMBERG. O pasado xoves regresaron de Núremberg os 16 participantes deste cu...
-
O Departamento de Latín organizou durante a Semana Cultural unhas charlas sobre cómo comían os romanos. ...
-
No Salón de Actos celebramos a charla "GASTRONOMÍA DO MUNDO" con información sobre as diferentes formas de comer arredor do ...
-
Nas clases de Francés, alumnado de 1ºBAC fixeron presentacións de recetas no idioma a grupos de cursos inferiores.
-
O Departamento de Bioloxía-Xeoloxía fixo dúas achegas na Semana Cultural adicada este ano á Gastronomía: 1- UNHA PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS...
-
O Departamento de Xeografía e Historia prepararon unha exposición sobre o lugar de orixe dos productos alimenticios.
-
Outras das actividades da Semana Cultural proposta polo Departamento de Francés foi un concurso de apócemas.

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
Incluímos o horario das actividades da semana cultural a partir do vindeiro luns 9 ata o venres 13. Aquí tedes as actividades e os lugar...
-
Presentamos oficialmente o cartel oficial da nosa IX Semana Cultural 2018 adicado á "GASTRONOMÍA" . A vindeira semana do 9 a...
-
Profesorado do Departamento de Inglés prepararon unhas sesións de English tea literarios está mañá para o alumnado de 2ºESO na nosa bibl...
-
O Departamento de Inglés participa na Semana Cultural de distintas maneiras: - Preparando recetas escritas e en soporte video, que po...
-
Durante estes primeiros días da semana cultural o departamento de Grego montou un stand no que o alumnado de Grego de 1º de Bacharelato, e...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Os vídeos das receitas de Escarlatina, a cociñeira defunta, o libro de Ledicia Costas, realizados polos alumnos e alumnas de 1º A e 1º C d...
-
Inagúranse as exposicións da IX Semana Cultural adicada á Gastronomía. A foto superior, o Departamento de Música con "TAST...
-
Hoxe venres 23 de marzo e como antesala das vacacións de Semana Santa, celebramos o Día MUS-E 2018 no IES Plurilingüe "RAFAEL DIES...
-
Para clausurar os eventos da nosa IX Semana Cultural sobre a Gastronomía, o Departamento de Inglés preparou para os grupos de 1ºESO ...

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro? Aquí tedes a menciña Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraind...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facía...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
Durante toda esta semana, celebraremos o Día das Bibliotecas cunha exposición con paneis sobre o tema deste ano: as matemática...
-
Levamos tempo querendo atopar un oco entre tanta actividade para planificar a primeira mochila viaxeira . E ¡por fin chegou o día! Que qué ...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...
-
Moitas voltas dimos ao tema da porta, pero agora... POR FIN XA TEMOS PORTA NOVA! O cambio é evidente. Queríamos que fose DIÁFANA e por is...
-
Mañá comeza a V SEMANA CULTURAL. Aquí vos deixamos os enlaces aos vídeos que preparamos co traballo aportado por todos os participantes: -...
