A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Mahatma Gandhi


16/04/10

DÍA MUNDIAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL

O 18 de abril de 2006 saía no xornal El Progreso o texto de Rosa Aneiros que tedes a continuación. Hoxe, catro anos despois, a situación que aquí se denuncia segue a ser a mesma.

"Iqbal Masih tiña como única posesión os seus doce anos. Aos catro foi vendido por 600 piastras -menos de quince dólares- para traballar nas industrias tecelás do Paquistán. Iqbal tecía alfombras durante doce horas ao día a cambio de tres centavos.

Un día o pequeno rompeu os fíos que o ataban á tecedeiras e converteuse na voz da denuncia de millóns de nenos escravos do mundo. Cos premios recibidos abriu unha escola na que quería aprender para facerse avogado. A súa loita fixo que pecharan varias empresas nas que traballaban como escravos nenos e nenas pero, tamén, que puxeran prezo á súa pel.

O día 16 de abril de 1995, Iqbal caeu abatido a balazos polas costas cando pedalaba na súa bicicleta. As mafias tapiceiras paquistanís non perdoaron a súa voz, unha voz que xa se escoitara internacionalmente, mesmo na ONU. Dende entón, o día 16 conmemórase en todo o mundo o día internacional contra a escravitude infantil.

A tráxica historia de Iqbal non é, por desgraza, unha excepción. Segundo Unicef, no mundo hai uns 250 millóns de cativos forzados ao traballo. Minas, canteiras, tabaqueiras, fábricas de tixolos, tecedeiras, o agro... Os corpos infantís son utilizados como man de obra barata para satisfacer a fame insaciable do capitalismo.

Nenos-soldado. Nenas-prostitutas. Nenas-obreiro. Nenos-sida. Nenos-venda de órganos. Nenas-pegamento. Nenos-rúa. McDonalds e Disney son citadas pola Axencia de Información para América Latina como multinacionais que empregan a menores para fabricaren xoguetes. Os nenos dos países subdesenvolvidos cosen as pequenas pezas coas que os nenos occidentais tecen os seus soños. Os alicerces da ilusión."

Se queredes ler as opinións de Paula Casal e Mª Xosé Gutiérrez sobre este tema, premede
AQUÍ.

2 comentarios:

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dixo...

Temos un pequeno agasallo para vos en Silleda.
Saúdos.

Arquivos do trasno dixo...

Ningún agasallo é pequeno. Graciñas pola vosa xenerosidade.

ETIQUETAS

a lingua (25) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (124) actualidade (41) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (54) baile (4) bibliotecas (78) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (4) ciencia (21) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (27) compromiso (83) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (82) efemérides (172) encontros con escritores (14) enlaces (260) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (144) fondos (1) formación de usuarios (8) formularios (1) fotografía (6) galego (6) Galicia (43) Gastronomía (1) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (41) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (14) latín (2) letras galegas (53) LIBROS (148) LibrosVivintes (3) linguas estranxeiras (8) literatura (87) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (44) MUSE (1) música (50) narrativa (40) natureza (2) Nobel (4) noticias (39) obituario (24) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (46) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (16) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (8) saúde (6) semana cultural (123) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (44) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (7) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER