15/04/10

GÚSTAME LER

Frieda

Con motivo do mes dos libros os alumnos de 2º de Bach. reflexionaron sobre o tema da lectura. O texto que vos deixamos a continuación é a opinión de Paula Casal que pode servir de paradigma do que opina a maioría deles.

"A lectura é a base de toda formación. En calquera exercicio, exame ou traballo pode aprezarse se unha persoa é lectora ou non.

Unha boa expresión sempre é favorable á hora dunha cualificación en calquera materia ou para presentar calquera tipo de escrito formal como pode ser unha solicitude de traballo. Coa lectura vas adquirindo esa capacidade de manifestar as túas ideas, os teus pensamentos, de maneira ordenada e sinxela, sen que se produzan malentendidos. E á boa expresión hai que engadir tamén o enrequecemento de vocabulario que supón ter a lectura por hábito. Cantas máis palabras e significados coñezas, máis poderás empregar e así precisar e dar a coñecer con maior exactitude aquilo que queres dicir. E esta é só unha das partes positivas de ler, porque ligado a este campo da expresión atópase tamén o da comprensión.

A forza de ler, agudízase a actividade mental, e isto axuda non só a comprender mellor un determinado texto como é o caso dun comentario ou unha crítica, senón que volve máis rápido e máis sinxelo o proceso de aprendizaxe: canto mellor comprendes un tema, maior será a túa capacidade para memorizalo ou incluso para amosar máis interese por el. Da mesma maneira adquirirás facilidade para aprender diferentes linguas se te atreves coa lectura de textos orixinais.

En conclusión, as consecuencias da lectura son todas positivas en canto á formación do individuo. Non obstante, non quero dicir con isto que haxa que obrigar a ninguén a ler se non quere. O ideal sería o fomento da lectura nos nenos pequenos, para que vaian espertando a súa vea lectora pouco a pouco. Desa maneira, cando medren, collerán un libro por pracer, porque de verdade disfrutarán da súa lectura, pero non por obriga. Pois aqueles que aborrecen os libros é simplemente porque non os saben aprezar, porque non adquiriron este bo hábito dende pequenos."

Concordades co que di Paula ou tedes outra opinión? Agardamos polos vosos comentarios.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Estou de acordo en todo pero...aguardais os nosos comentarios escritos por obrigación ou por pracer? porque o que agarda obrígase a si mesmo

Arquivos do trasno dixo...

Por suposto, iso xa non se comenta. Aquí todo o que se fai épor pracer porque senón podes estar segoro ou segura que non fariamos nada.

Bochito dixo...

eu opino exactamente o mesmo ca paula, xa que é evidente que ler ten moitas vantaxes. por exemplo, eu penso que o humo negro é tan sabio e enreda tanto as cousas porque leu moito, e claro, aghora as lía pardas (sen necesidade de mezclar sodio, cloro nin farrapos de gaitas). agora, como é máis listiño ca un home típico, esta a enredar ás cousas pra que os candidatos lle sigan a corrente e claro, como eles son unha panda de incultos, deixánse enredar.
en conclusión, penso que a única forma de paralo é sendo máis listo ca el, collendo unha vaporetta de tamaño industrial e aspiralo ben aspiradiño. por último direi que o comentario de paula está pero que moi beeen eeeh!

PD: é probable que moita xente pense que a maioría disto que escribín non vén a conto....direivos que tedes razón XD

Anónimo dixo...

moi bo

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER