A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


,

,

06/04/10

OS MARTES, POESÍA

Urbano Lugrís

Aproveitando a celebración do aniversario de Antón Avilés de Taramancos, hoxe imos iniciar os martes poéticos para tratar de achegarnos á poesía sen medo.

Avilés de Taramancos
foi un poeta da xeración dos 50 se ben, por circunstancias da vida, a maior parte da súa poesía foi publicada a partir dos anos 80.

O seu primeiro poemario titulado As moradías do vento, apareceu no ano 1955, ao que seguiron A frauta y-o garamelo e Pequeno Canto en 1959. En 1961 marcha de emigrante para Colombia onde escribe Os poemas da ausencia que publicará no ano 1982, xa de volta en Galicia, co título de O tempo no espello. Despois virán Cantos Caucanos en 1985, que recibe o Premio da Crítica Española, e As torres no ar e Nova Crónica de Indias en 1989. E finalmente Obra viva, Última Fuxida a Harar e Antoloxía poética, publicados postumamente no ano 1992.

Avilés
colaborou dende moi novo en revistas literarias e tivo relación con intelectuais e artistas do seu tempo como o pintor Urbano Lugrís, que lle transmitiu o seu entusiamo pola cultura clásica e do que mesmo herdou o pseudónimo de Ulises Fingal. Isto podemos comprobalo nas abondosas referencias ao mundo clásico, especialmente relacionadas coa Odisea, que atopamos na súa obra.

Lembrémolo, pois, coa lectura deste poema de despedida do seu poemario Última fuxida a Harar:

Anxo da noite, cazador no escuro
que vés flamíxero a me expulsar do souto:
o varal está listo, a andalia posta,
o corazón afeito ao longo exilio.

O mundo que eu criei foi só de sombras,
soños foron os froitos, as vendimas,
e só o amor brillou, brillou acaso
tamén o lar da patria sempre aceso
que me mantén o sangue enaltecido.

Mais a palabra, si, foi sempre viva,
foi espada e arado e cotovía,
lanza de señardá, ai meu amigo,
derrota e singradura. O artificio
é o que me leva agora a este desterro:
quero volver á simples moradía
que un día fixen no dintel do vento,
á terra de labor, xa feito cinza
para pular na saiva, e ter de novo
os paxaros na man... Ese outro tempo!

Ningún comentario:

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (117) actualidade (36) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (49) baile (4) bibliotecas (73) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (82) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (169) encontros con escritores (14) enlaces (245) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (5) Galicia (41) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (40) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (52) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (42) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (122) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER