A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


02/11/10

PAPEL OU iPAD?


O pasado fin de semana alguns profesores do equipo de biblioteca asistimos en Santiago aos III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia. Tratáronse moitos temas, todos relacionados coa lectura, pero eu destacaría o tratado na conferencia de clausura "Os camiños de transformación da lectura e escritura" do profesor A. Rodríguez de las Heras, da Universidade Carlos III de Madrid. Segundo este profesor "los cambios en las formas de leer y de escribir son imparables, porque es ya un hecho la migración al soporte digital y al espacio electrónico de la pantalla. Por lo tanto, debemos buscar y concebir en el mundo digital espacios virtuales de escritura distintos al de la página, más adecuados al nuevo soporte, a la pantalla, y sobre todo, adecuado a una nueva generación que hay que educar." Como o tema é moi interesante e quedamos convencidos de que os tiros van por aí, deixámosvos cun enlace a un artigo que fala da batalla entre o libro tradicional e o electrónico.
E TI EN QUE LES, EN PAPEL OU EN iPAD?

2 comentarios:

Nicolás dixo...

Despois de ler a entrada do blog e o artigo, creo que debo manter a miña opinión orixinal sobre este tema tan actual.
Por un lado, recoñezo que os libros dixitais son o futuro e, sacando o meu lado máis ecoloxista, esta claro que o seu uso faría disminuir a tala masiva de ábores, aínda que, claro está, en realidade a maior parte desa deforestación non se leva a cabo por motivos tan nobles como a realización de libros de lectura.
Por outro, e polo que me inclino máis, estou completamente seguro de que ningún iPad poderá sustituír a beleza das verbas impresas, o son de pasar as páxinas e ao aroma dos libros, tanto os vellos coma os novos, que son tan marabillos.
Finalmente, deixo unha reflexión moi acorde coa miña opinión sacada do obra "Corazón de Tinta" de Cornelia Funke:

"Nada ahuyentaba más deprisa los malos sueños que el crujido del papel impreso."

Arquivos do trasno dixo...

Totalmente de acordo contigo, Nicolás. Non saben o que se perden os que non saben disfrutar dese pracer do que falas, o da beleza das palabras impresas, do son e o aroma dos libros. Mais debemos pensar que A BELEZA buscará o seu sitio nos novos formatos, estou segura, porque o home ama A BELEZA.
Un saúdo agarimoso.

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (116) actualidade (36) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (49) baile (4) bibliotecas (72) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (82) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (169) encontros con escritores (14) enlaces (244) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (5) Galicia (41) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (40) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (52) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (42) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (122) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER