A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Mahatma Gandhi


24/03/11

WHITE RAVENS 2011

O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro e ilustrado por Ramón Trigo, premio Lazarillo 2009 e Premio Fervenzas Literarias 2010, e Contos para nenos que dormen deseguida de Pinto & Chinto, tamén Premio Fervenzas Literarias 2010, estarán este ano na exposición The White Ravens coa que comeza cada ano a Feira do Libro per Ragazzi de Boloña.
Os White Ravens son unha distinción que vén outorgando dende hai 15 anos a Internationale Jugendbibliothek de Múnic aos 250 libros de literatura infantil e xuvenil máis destacados do mundo cada ano.

Moitos do vós xa coñecedes o libro de Marcos Calveiro porque o lestes ou ben o estades a ler n'A HORA DE LER.

DENDE A BIBLIOTECA ENVIAMOS UNHA SINCEIRA E AFECTUOSA NORABOA AOS PREMIADOS

22/03/11

DÍA MUNDIAL DA AUGA


Como recoñeceu a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o dereito á auga e aos servizos de saneamento é un dereito dos seres humanos, por iso este ano o lema proposto no Día Mundial da Auga é: "Auga para as cidades: respondendo ao desafío urbano" para concienciar sobre a importancia que ten a xestión da auga no ámbito urbano nun mundo no que as cidades medran cada vez máis, e chamar a atención sobre a necesidade de asegurar a todas as cidades do mundo o acceso a unha auga potable segura e a uns servizos de saneamento adecuados.

21/03/11

DÍA DA POESÍA


Coa chegada da primavera celébrase todos os anos o Día Mundial da Poesía, por iso, e sen que sirva de precedente, celebraremos tamén hoxe o noso día semanal da poesía.

La vida en juego

Donde pongo la vida pongo el fuego
de mi pasión volcada y sin salida.
Donde tengo el amor, toco la herida.
Donde pongo la fe, me pongo en juego.
Pongo en juego mi vida, y pierdo, y luego
vuelvo a empezar, sin vida, otra partida.
Perdida la de ayer, la de hoy perdida,
no me doy por vencido, y sigo, y juego
lo que me queda: un resto de esperanza.
Al siempre va. Mantengo mi postura.
Si sale nunca, la esperanza es muerte.
Si sale amor, la primavera avanza.
Ángel González

16/03/11

ADEUS A JOSEFINA ALDECOA

A escritora e pedagoga Josefina Aldecoa morreu hoxe na súa casa de Mazcuerras en Cantabria. Nacera hai oitenta e cinco anos nunha familia de mestres en La Robla (León). Josefina levaba a vocación pedagóxica nos xens e a ela dedicou unha parte importante da súa vida como o demostrou no colexio Estilo, que fundou en Madrid en 1959 seguindo os principios da Institución Libre de Ensinanza ou en libros como Historia de una maestra.
Aos libros dedicou tamén outra parte importante da súa vida. Casada co escritor Ignacio Aldecoa, formou parte da denominada "Xeración de los niños de la guerra" xunto co seu home, Carmen Martín Gaite, Sánchez Ferlosio, Alfonso Sastre ou Fernández Santos.
Outras obras súas son por exemplo: A ninguna parte, Los niños de la guerra, En la distancia, a antoloxía de contos La fiebre ou El enigma.
Con estas palabras comezaba o seu libro En la distancia:

"Antes de todo lo demás está la infancia. La huella de los primeros años, los que deciden para siempre lo que vamos a ser.
Infancias con calor o frío, hambre o abundancia, olores, colores, sonidos, sensaciones gratas e ingratas. Infancias protegidas por el afecto inagotable de los adultos. O desoladas, inseguras, asentadas sobre un suelo movedizo que nunca llegará a ser firme.
Mis primeros recuerdos, muy tempranos, se sitúan en la casa de mis abuelos maternos en la que nací y donde viví etapas prolongadas de mi niñez. Es una casa que sigue apareciendo con frecuencia en mis sueños. En ella sitúo escenas y personas que no tienen que ver con ella pero que yo traslado allí por alguna razón desconocida."

15/03/11

OS MARTES, POESÍA

Preme na imaxe e poderás ler máis poemas da autora
A uruguaya Juana de Ibarbourou, premio Nobel de literatura en 1959, comezou a súa andaina como poeta no ámbito do modernismo con Lenguas de diamante (1919) para logo evoluír cara o vangardismo en La rosa de los vientos (1930) e posteriormente cara á poesía mística con Estampas de la Biblia (1934).
Como la primavera
Como una ala negra tendí mis cabellos
Sobre tus rodillas.
Cerrando los ojos su olor aspiraste
Diciéndome luego:
—¿Duermes sobre piedras cubiertas de musgos?
¿Con ramas de sauces te atas las trenzas?
¿ Tu almohada es de trébol? ¿Las tienes tan negras
Porque acaso en ella exprimiste un zumo
Retinto y espeso de moras silvestres?
¡Qué fresca y extraña fragancia te envuelve!
Hueles a arroyuelos, a tierra y a selvas.
¿Qué perfume usas? y riendo te dije:
—¡Ninguno, ninguno!
Te amo y soy joven, huelo a primavera.
Este olor que sientes es de carne firme,
De mejillas claras y de sangre nueva.
¡Te quiero y soy joven, por eso es que tengo
Las mismas fragancias de la primavera!

08/03/11

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

HOXE CELÉBRASE O CENTENARIO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. OS LOGROS ACADADOS ATA O DÍA DE HOXE EN PROL DA IGUALDADE SON ENORMES, PERO AÍNDA QUEDA MOITO PARA QUE NON HAXA NECESIDADE DE TER QUE LEMBRALO CADA ANO.

VEDE TAMÉN ESTA PRESENTACIÓN REALIZADA POLO I.E.S. LUÍS SEOANE SOBRE A MULLER GALEGA

MULLERES GALEGAS


E SE CLICADES AQUÍ PODEREDES ENTRAR NUNHA ESTUPENDA WEBQUEST REALIZADA POR OLGA RODRÍGUEZ

06/03/11

CENTENARIO DE " PETER PAN E WENDY"

Premede na imaxe para entrar na páxina do congreso
Que o tempo é unha maquinaria que non se detén todos o sabemos e iso afecta incluso a Peter pan que xa é centenario: o 27 de decembro de 1904 representábase por primeira vez en Londres a obra de James Matthew Barrie "Peter Pan, o neno que non quería medrar" , que posteriormente daría lugar á novela "Peter Pan e Wendy" publicada no ano 1911. Precisamente para celebrar este acontecemento a Facultade de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid vai celebrar un congreso o 14 e o 15 de marzo titulado "Cien años de Peter y Wendy"-
Un bo momento para achegarse unha vez máis ao país de Nunca Xamais e revivir as aventuras duns personaxes inesquecibles.

03/03/11

ENTROIDO 2011

Premede na imaxe e entraredes de cheo no Entroido

Mañá a partir das 12,30 comeza o ENTROIDO no insti.
O Entroido é unha festa tradicional que se celebra en Europa e América dende tempo inmemorial para despedir o inverno, pero non se coñecen con certeza as súas orixes. Uns relaciónana cos celtas e outros coas festas en honra de Baco.
En Galicia estas festas sempre tiveron moito arraigo, e aínda conservan peculiaridades ancestrais nalgúns pobos de Ourense e Lugo.

01/03/11

OS MARTES, POESÍA

Jorge Luís Borges, un dos escritores máis destacados da literatura arxentina e universal, é o autor elixido para este martes. Poeta, narrador, ensaísta, Borges foi un erudito que viviu a cabalo entre Arxentina e Europa en contacto coa literatura de ambas beiras.
El sueño

Si el sueño fuera ( como dicen ) una
tregua, un puro reposo de la mente,
¿por qué si te despiertan bruscamente,
sientes que te han robado una fortuna?

¿Por qué es tan triste madrugar? La hora
nos despoja de un don inconcebible,
tan íntimo que sólo es traducible
en un sopor que la vigilia dora

de sueños, que bien pueden ser reflejos
truncos de los tesoros de la sombra,
de un orbe intemporal que no se nombra

y que el día deforma en sus espejos.
¿Quién serás esta noche en el oscuro
sueño, del otro lado de su muro?
Jorge Luís Borges.

ETIQUETAS

a lingua (25) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (124) actualidade (41) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (54) baile (4) bibliotecas (78) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (4) ciencia (21) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (27) compromiso (83) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (82) efemérides (172) encontros con escritores (14) enlaces (260) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (144) fondos (1) formación de usuarios (8) formularios (1) fotografía (6) galego (6) Galicia (43) Gastronomía (1) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (41) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (14) latín (2) letras galegas (53) LIBROS (148) LibrosVivintes (3) linguas estranxeiras (8) literatura (87) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (44) MUSE (1) música (50) narrativa (40) natureza (2) Nobel (4) noticias (39) obituario (24) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (46) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (16) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (8) saúde (6) semana cultural (123) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (44) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (7) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER