A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Mahatma Gandhi


30/11/11

MÉRCORES POÉTICOS


DÍXENLLE Á RULA
Díxenlle á rula: Pase miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.
O meu anxo da garda, coas azas sob o brazo dereito,
na man esquerda a calabaciña da auga,
ollando a rula irse, comentóu:
-Calquera día sin decatarte do que fas
dices: Pase miña señora!
e é a alma tua a quen despides como un ave
nunha mañán de primavera
ou nun serán de outono.
Cunqueiro, Herba aquí ou acolá

27/11/11

PREMIO V. RISCO DE CREACIÓN LITERARIA

Adelaida Vidal Vizcaya, exalumna do noso insti, acaba de recibir o duodécimo Premio Risco de Creación Literaria pola súa primeira novela titulada Olladas que, segundo o xurado, "é unha novela na que cómpre salientar un relato minimalista, cheo de realismo e frescura narrativa, con personaxes moi contemporáneos que apostan polos soños".
A autora novel declara ao xornal La Voz de Galicia que se iniciou literariamente "nalgún blog, aínda que non tivo moita continuidade. No caso do texto premiado, antes foi un borrador, logo un conto e máis tarde acabouse convertendo en novela». «Estiven traballando con esta idea nos últimos catro anos, aínda que fose de forma descontinua».
Adelaida, que estudou arte dramática e na actualidade está a estudar psicoloxía, colabora no programa Land Rober da TVG.
A nosa máis sinceira noraboa polo premio e que veñan moitos máis.

26/11/11

MES DE CUNQUEIRO NA BIBLIOTECA

Do 22 de novembro ao 22 de decembro a biblioteca está a dedicar as súas actividades a ÁLVARO CUNQUEIRO, escritor galego do que se celebra este ano o centenario do seu nacemento. Se pasades pola biblioteca estes días poderedes ver no seu interior:
  • Unha exposición bibliográfica coas obras que temos no centro deste autor para que as levedes en préstamo ou leades nos recreos.
  • Unha exposición antolóxica de textos para que vaiades coñecendo a súa obra.
E fóra, xunto á porta de entrada :
  • Unha exposición biográfica de Cunqueiro que deberedes ler con atención.
Como colofón, os días 19, 20 e 21 de decembro haberá un acto de homenaxe na biblioteca, coa presentación dun documental de CRTVG na que diversas personalidades falan sobre Cunqueiro, unha lectura de contos e poemas a cargo de alumnos do segundo ciclo da ESO e Bacharelato  e, finalmente, unhas preguntas que saberemos responder se estivemos atentos ás exposicións.
Ademáis ao longo deste mes iremos deixando aqui enlaces interesantes sobre o autor mindoniense. Comezamos cunha entrevista que se lle fixo en 1978 no programa "a fondo" en TVE.

25/11/11

23/11/11

MÉRCORES POÉTICOS

Ule esta hora como cando regresas
e soño eguas agallopando na mar brava.
Este sangue derrámase como auga
sobre o cemento no outono e ule
ó rastro que deixan os paxaros
cando fuxen en solpores de espada.
Así rasga a túa presencia,
e fágome sal e pranto.
Ule esta tarde como cando marchas
e levas contigo as miradas brancas,
as singraduras dos dedos na ternura.
Así, sen ti,
fica o mar tan tristemente en calma,
e eu canto.
 
Romaní, Ana (1994): Das últimas mareas.

21/11/11

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Os días 10, 11 e 12 de novembro celebrouse en Santiago o Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación. Alí se presentou este vídeo que reflicte o cambio tanto estético como en  obxetivos sufrido polas bibliotecas escolares nos últimos anos. Ás veces valen máis unhas imaxes que mil explicacións.

14/11/11

Profesor 2.0

Agora que todo é 2.0, botádelle unha ollada a este vídeo e ademais de pasar un bo rato veredes reflectidos moitos dos problemas do profesor actual tratados con humor.

13/11/11

O Hermitage no Museo do Prado

Bebedora de absenta (1901), P.PICASO, Hermitage Museum 

Do 8 de novembro ao 25 de marzo pódense ver no Museo do Prado cerca de 180 obras procedentes do Museo Hermitage de San Petersburgo. É a primeira vez que se mostra fóra do Hermitage unha selección tan importante e numerosa das obras deste Museo e, polo tanto, é unha ocasión única de aprezar unha extraordinaria colección de arte, con pezas que van desde o século V a.C. ao século XX da nosa era.
Se amades a arte, non deixedes pasar esta magnífica oportunidade.

09/11/11

A HORA DE LER

O curso pasado emprendimos un proxecto común, como parte do Proxecto Lector de centro, que demos en chamar A HORA DE LER. Un ano despois da súa posta en marcha detectamos fallos que estamos intentando solucionar. Por iso este curso os libros quedarán nas aulas, a lectura poderá ser individual e silenciosa ou en voz alta e colectiva. Algúns cursos están lendo na aula e outros baixan á biblioteca  a ler ou complementan a lectura cunha película. En definitiva, o importante é que cada un encontre a mellor maneira de fomentar a lectura.
Poñemos ademais a disposición de todos os que queiran traballar a comprensión lectora unha folla con algunhas preguntas sinxelas que o alumno deberá encher tras a lectura. Esta folla pódese pedir na biblioteca. 
Se queredes coñecer qué se esta lendo en 1º de ESO premede AQUI. 

MÉRCORES POÉTICOS


SE ENVELLECEMOS XUNTOS

Se subo ata o teu berce
e me remonto polo anos
son neno contigo en celestes
mañás de balanzos e sinos,
préndome ao voo da túa saia
e esperto ao amor
nun mencer cheo de alas.

Mais, se envellecemos xuntos,
se desandamos o vieiro da vida
paso a paso,
mirarei nos teus ollos
o esvarar do tempo
norde como un barco.

Se envellecemos xuntos
e desfago a madeixa dos meus días
ao teu lado
fareime confidente
do teu camiño sen pegadas
do teu canto e do teu ánimo.

Compartirei o sal, o leito
e o abrazo,
saberei escuramente que o noso paso
polo mundo non é en balde.

Se envellecemos xuntos,
se te acompaño neste tránsito,
deixarei bolboretas lenes
nas túas pálpebras cansas,
escoitarei o repenicar da chuvia
nas xanelas da nenez,
sentirei a túa voz
esmorecerse en calma.

Bastarame para entendelo todo
o ollar confidente desa túa luz sen ansia.

[X. López Valcárcel, En voz baixa. Ferrol: S. C. Valle-Inclán, 1997]

07/11/11

MARIE CURIE, PREMIO NOBEL DE QUÍMICA

Premede na imaxe para saber máis sobre ela
Hai cen anos a científica polaca residente en Francia Marie Curie recibía o Premio Nobel de Química despois de ter recibido xa no 1903 o de Física. Con este motivo científicos e científicas de todo o mundo están a lembrar estes días a súa figura, non só polos resultados acadados nas súas investigacións senón tamén por ser un exemplo de entusiasmo, dedicación e amor ao traballo malia as enormes dificultades polas que tivo que pasar como consecuencia das súas circunstancias familiares.
@s entusiastas de Marie Curie podedes entrar AQUÍ e investigar sobre ela.

04/11/11

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO está dedicado este ano á química porque se celebra o centenario da concesión do premio Nobel a  Marie Curie e o Ano Internacional da Química.
Para informarvos con máis detalle podedes entrar


E os que queirades ver canto sabedes sobre a TÁBOA PERIÓDICA podedes entrar AQUÍ.

03/11/11

REFRÁNS DE OUTONO

No blog da biblioteca do CEIP Esteiro de Ferrol atopamos esta selección de refráns que agradecemos e compartimos con todos.



ESPERAMOS QUE VOS ANIMEDES A MANDARNOS MÁIS REFRÁNS.

02/11/11

MÉRCORES POÉTICOS


BREVE VIAJE NOCTURNO
Mi madre no sabe que por la noche,
Cuando ella mira mi cuerpo dormido
Y sonríe feliz sintiéndome a su lado,
Mi alma sale de mi, se va de viaje
Guiada por elefantes blanquirrojos,
Y toda la tierra queda abandonada,
Y ya no pertenezco a la prisión del mundo,
Pues llego hasta la luna, desciendo
En sus verdes ríos y en sus bosques de oro,
Y pastoreo rebaños de tiernos elefantes,
Y cabalgo los dóciles leopardos de la luna,
Y me divierto en el teatro de los astros
Contemplando a Júpiter danzar, reír a Hyleo.
Y mi madre no sabe que al otro día,
Cuando toca en mi hombro y dulcemente llama,
Yo no vengo del sueño: yo he regresado
Pocos instantes antes, después de haber sido
El más feliz de los niños, y el viajero
Que despaciosamente entra y sale en el cielo,
Cuando la madre llama y obedece el alma.
Gastón Baquero: Magias e invenciones, 1984

ETIQUETAS

a lingua (25) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (124) actualidade (41) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (54) baile (4) bibliotecas (78) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (4) ciencia (21) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (27) compromiso (83) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (82) efemérides (172) encontros con escritores (14) enlaces (260) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (144) fondos (1) formación de usuarios (8) formularios (1) fotografía (6) galego (6) Galicia (43) Gastronomía (1) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (41) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (14) latín (2) letras galegas (53) LIBROS (148) LibrosVivintes (3) linguas estranxeiras (8) literatura (87) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (44) MUSE (1) música (50) narrativa (40) natureza (2) Nobel (4) noticias (39) obituario (24) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (46) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (16) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (8) saúde (6) semana cultural (123) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (44) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (7) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER