19/12/11

17/12/11

ACTO DE HOMENAXE A CUNQUEIRO



O mércores 21 de decembro celebraremos na biblioteca o acto de homenaxe ao escritor Álvaro Cunqueiro con motivo do centenario do seu nacemento. Esta actividade está dirixida aos alumnos de 4º da ESO e 1º e 2º de BACHARELATO no seguinte horario:
  • 2ª hora (de 9.20 a 10.10): 4ºA, 4ºB e 1ºA
  • 3ªhora (de 10.30 a 11.20): 4ºC, 2ºB
  • 4ªhora (de 11.20 a 12.10): 1ºB, 1ºC e 2ºA
Estes cursos baixarán á biblioteca acompañados dos seus correspondentes profesores.
O acto constará da proxección dun vídeo no que diferentes persoas do mundo da cultura falan sobre o autor. A continuación haberá lectura de diversos textos e unha interpretación musical dun poema do autor por parte de varios alumnos. Para terminar o acto prantexaremos un cuestionario que os alumnos deberán responder e enviar posteriormente por mail a bibliodieste@hotmail.com. O gañador recibirá un premio á volta de vacacións.
SE QUEREDES GAÑAR LEDE CON ATENCIÓN OS PANEIS QUE HAI XUSTO Á SAÍDA DA BIBLIOTECA.  

14/12/11

MÉRCORES POÉTICOS


                                             Este é o punto mesmo.
                                                                                 Eiquí
                                             —entre a corda rota
                                             e inmóbil das horas—
                                                                                 párase
                                                                                 cristaíña
                                                                                 a roda da noite.
                                             Eiquí
                                             —a lúa entre salas desertas
                                             de madureza—
                                                                                 comeza
                                                                                 silenciosa
                                                                                 a roda da alba.
                                                  Álvaro Cunqueiro, Mar ao norde

13/12/11

300 ANOS DA BIBLIOTECA NACIONAL

Premede na imaxe para ver o vídeo da presentación
Hoxe foi inaugurada a exposición Biblioteca Nacional de España: 300 años haciendo historia coa que se inicia o programa de actividades para commemorar o tricentenario da institución cultural máis antiga de España.  Fundada por Felipe V a finais de 1711 como Real Biblioteca Pública, foi en 1836 cando recibiu o nome de Biblioteca Nacional, ao deixar de ser propiedade real e pasar a depender do Ministerio da Gobernación. Dende 1716, por un privilexio real, precedente do actual depósito legal, calquera persoa que publicase un libro en España debía depositar un exemplar nesta biblioteca para que puidese estar a disposición de quen o quixese ler.

12/12/11

O HUMOR, UNHA FORMA DE RESISTENCIA

Ante o pesimismo que nos invade como consecuencia da crise económica global, a receta máis natural e saudable é o HUMOR, un humor intelixente como o de Wyoming que nos salve da depresión da GRAN DEPRESIÓN e nos invite a mirar a vida con optimismo e desafiar aos portadores dos malos agoiros.
VEDE:

10/12/11


63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

09/12/11

Coñecernos para querernos

Estes días un número importante de Centros de ensino público pertencentes ao PLAMBE estamos a participar nun proxecto solidario, encher de álbumes ilustrados un bibliobús para os campamentos de refuxiados do Sáhara. Cada centro (somos xa 85) encárgase de mercar un álbum ilustrado. En concreto, a biblioteca do Rafael Dieste vai mercar para enviar ao Sáhara o album "el coleccionista de momentos". No vídeo e os enlaces que hai a continuación poderedes obter máis información sobre este proxecto ao que nos sumamos gustosamente.



 enlace - enlace 2

07/12/11

MÉRCORES POÉTICOS

Amor de auga lixeira,
muiñeira

Amor de auga tardeira,
ribeira

Amor de auga frolida,
cantiga

Amor de auga perdida,
ña amiga.
 Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama riveira.

05/12/11

MES DE CUNQUEIRO NA BIBLIOTECA III

Seguimos ofrecendo información e lecturas sobre o autor que estamos a homenaxear este mes. Esta vez trátase do enlace a unha presentación feita por compañeiros do CEIP Conde de Fenosa do Barco de Valdeorras, aos que lles agradecemos o seu traballo e xenerosidade.
Para podela ver con toda claridade aconsellamos utilizar o navegador Mozilla Firefox xa que o internet explorer as veces da problemas para ver presentacións deste tipo (prezi, LIM, etc).

01/12/11

MES DE CUNQUEIRO NA BIBLIOTECA (II)

Hai uns días xa adiantabamos que este mes dedicaríamos varias entradas neste blog a Cunqueiro co fin de divulgar a súa obra entre toda a comunidade educativa. Pois ben, aqui tedes un vídeo sobre unha adaptación da obra Os outros feirantes a cargo do grupo Teatro do Noroeste.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER