A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


29/04/12

QUEDAN INAUGURADOS...


"QUEDAN INAUGURADOS OS XOGOS OLÍMPICOS RAFAEL DIESTE 2012".
Ao longo desta semana e da que vén iremos colgando aqui as presentacións coas imaxes captadas durante os actos que estamos celebrando estes días. Pero ata entón, ide mirando esta foto do acto de inauguración de onte. QUE PENA QUE A CHUVIA IMPEDISE QUE O DESFILE SAÍSE Á RÚA!
Pero xa se sabe "ao mal tempo, boa cara". Fixémolo por dentro do recinto do Instituto e  prendemos a chama olímpica que non se apagará ata o venres 4, día da clausura destes Xogos deportivos e culturais.  

27/04/12

XA ESTAMOS PREPARADOS

Xa estamos preparando todo para que a nosa 3ª semana cultural sexa perfecta. Como os bos deportistas traballamos moito e seguro que todo sae ben. Pero aínda queda dar os últimos toques á decoración, ás presentacións, ao desfile, ás probas deportivas...

Éste é o horario definitivo:



LUNS
30 abril
MARTES




F
E
S
T
I
V
O

MÉRCORES
2 maio
XOVES
3 maio
VENRES
4 maio
8.30/9.20

Desfile



9.20/10.10

Hª Olimpiadas
Olimpiadas
10.10-10.30
Encendido pebeteiro
Exhibición ximn. rítmica
halterofilia
taekuondo
Ximnasia rítmica individual
10.30/11.20
Hª Olimpiadas
Hª Olimpiadas
Olimpiadas
Olimpiadas
11.20/12.10
Hª Olimpiadas
Hª Olimpiadas
Olimpiadas
Olimpiadas
12.10-12.30
judo

salto de altura
voleibol
Clausura
Exhibición acrosport
12.30/13.20


Olimpiadas

Cine “Quero ser como Beckham”
13.20/14.10
Hª Olimpiadas
Conferencia entrenador olímpico
























 


O desfile terá lugar fóra do centro e chegará ao patio ás 10 para acender co facho olímpico o pebeteiro.
Actividades nos recreos no patio central
Actividades na biblioteca
Actividades no Salón de actos


Se queremos asistir cos alumnos, os profesores debemos anotarnos NA SALA DE PROFESORES para o acto da biblioteca, que se repetirá 2-3 veces ao día para que todos poidamos ter a oportunidade de disfrutar da "Historia das Olimpiadas".
NON DEIXEDES DE MIRAR AS EXPOSICIÓNS QUE VOS TEMOS PREPARADAS TANTO NO PATIO COMO NA BIBLIOTECA E DE PARTICIPAR NOS CONCURSOS "ARTE E DEPORTE" E "OS XOGOS OLÍMPICOS ANTIGOS" QUE ESTARÁN ABERTOS NA AULA VIRTUAL A PARTIR DO VENRES 4 DE MAIO.

E AGORA...CITIUS, ALTIUS, FORTIUS


23/04/12

DÍA DO LIBRO

Feliz "Día do Libro" a todos. E para celebralo aporto un enlace, unha viñeta e un slide.
O enlace leva a un manifesto de 12 puntos en favor do ambiente lector na escola a partir dunha iniciativa de Luis Arizaleta (Navarra) e asinado por 108 profesionais relacionados coa lectura. Agradecemos a Emilio Roca do IES Pedro da Aguia por facérnolo chegar.
A viñeta explícase soa. Xenial sempre Forges!
O slide debémolo a X.María Lores do IES San Paio e podedes lelo a continuación:

Nós recomendamos un libro Por la boca muere el pez de ANDREA CAMILLERI e CARLO LUCARELLI, que podedes pedir xa en préstamo na biblioteca. Trátase dunha novela breve na que os autores, verdadeiros mestres da novela negra italiana, fan traballar xuntos á inspectora Grazi Negro e ao comisario Salvo Montalbano. Ambos comezan unha investigación pero desde diferentes lugares, para o cal deberán transmitirse a información usando os máis pintorescos sistemas de comunicación, pois se enfrontan a forzas e persoas moi perigosas.


19/04/12

AS MASCOTAS DOS XOGOS OLÍMPICOS

Estas son as once mascotas dos Xogos Olímpicos modernos desde Munich 1972 ata Londres 2012. Todos os préstamos que se leven a cabo durante a semana cultural terán como regalo un marcapáxinas diseñado por alumnos con unha destas mascotas. Ide pensando cál vos gusta máis.

13/04/12

XA QUEDAN POUCOS DÍAS

Quedan tan só dezasete días para que comece a 3ª SEMANA CULTURAL no noso centro. Este ano o tema elixido é  Os Xogos Olímpicos. Os preparativos van vento en popa:
-xa están ultimando a antorcha e o pebeteiro nas clases de Tecnoloxía, os pictogramas nas clases de debuxo, as presentacións en ordenador sobre a historia dos Xogos Olímpicos desde Grecia a Londres con textos literarios e música nas clases  de música, lingua castelá, galega, latín, cultura clásica e grego.
-xa andamos maquinando e organizando cómo será o desfile inaugural e a decoración do estadio (patio interior) e da palestra (biblioteca)
-xa están os nosos deportistas entrenando para as clasificacións nas probas nas clases de Educación Física.
Ademais andamos preparando sorpresas, concursos, regalos e premios...
 Este é o horario provisional.




LUNS 30 abril
MARTES




F
E
S
T
I
V
O

MÉRCORES 2 maio
XOVES 3 maio
VENRES 4 maio
8.30/9.20

Desfile



9.20/10.10


HªOlimpiadas
10.10-10.30
Encendido pebeteiro
Exhibición ximn. rítmica
halterofilia
vóley ball
Ximnasia rítmica individual
10.30/11.20
Hª Olimpiadas
Hª Olimpiadas
HªOlimpiadas

11.20/12.10
Hª Olimpiadas
Hª Olimpiadas
HªOlimpiadas
HªOlimpiadas
12.10-12.30
judo

salto de altura
vóley ball
entrega de premios
exhibición acrosport
12.30/13.20


Conferencia


Cine
13.20/14.10
Hª Olimpiadas
HªOlimpiadas






















Ademais o patio central estará decorado cos 27 carteis das Olimpiadas modernas, os aros olímpicos e os paneis con pictogramas seleccionados dos deportes olímpicos. Os pictogramas restantes serán expostos no taboleiro da entrada do centro.
Decoración da biblioteca coa mascota de Londres 2012 e unha exposición sobre “arte e deporte”.
As actividades nos recreos durarán uns 10-15 minutos e terán lugar no patio central.
A Historia das Olimpiadas terá lugar na biblioteca e haberá que anotarse previamente nun horario adxunto colocado no taboleiro da biblioteca na sala de profesores. Son en total 10 sesións, cada unha poderá ter un aforo máximo de 40 alumnos. Está disposto así para que poidan acudir todos os grupos.
Durante a semana estarán a disposición de todos nos ordenadores da biblioteca os enlaces aos dous concursos on line sobre Xogos Olímpicos e arte e deporte.
Durante a semana haberá unha exposición bibliográfica no patio de fondos prestados por dúas bibliotecas municipais. Estes fondos poderán ser levados en préstamo durante quince días.
Todos os préstamos que teñan lugar nesa semana terán como regalo un marcapáxinas coas mascotas dos Xogos Olímpicos modernos.
Todo os materiais, agás os 27 carteis olímpicos, están sendo elaborados polos alumnos.

Moito traballo de moita xente. Para todos os participantes haberá "un almorzo olímpico" para coller forzas e unha camiseta olímpica para o desfile, grazas á aportación do APA á Semana Cultural. Uns días antes poñeremos o horario definitivo. Ide anotándoos para as sesións da biblioteca no horario que figurará na sala de profesores. ÁNIMO E A SEGUIR QUE XA FALTA POUCO!

ETIQUETAS

a lingua (25) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (119) actualidade (41) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (52) baile (4) bibliotecas (73) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (4) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (27) compromiso (83) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (82) efemérides (171) encontros con escritores (14) enlaces (251) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (6) Galicia (42) Gastronomía (1) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (40) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (53) LIBROS (148) LibrosVivintes (3) linguas estranxeiras (8) literatura (87) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (44) MUSE (1) música (50) narrativa (40) natureza (2) Nobel (4) noticias (39) obituario (24) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (44) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (123) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (7) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER