A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


20/06/12

QUERES SER COLABORADOR DE BIBLIOTECA?

O curso remata e chega a hora de facer balance. O equipo da biblioteca quere amosar o seu máis profundo agradecemento aos alumnos que ao longo deste curso colaboraron nas tarefas da biblioteca. Grazas por axudar no préstamo dos recreos, cando os alumnos se agolpan e queren ser atendidos rapidamente para poder ir a comer o bocata ou a falar ou xogar cos amigos; por axudar a colocar de novo no seu sitio os libros ou DVDs devoltos; por axudar aos compañeiros a atopar o libro que buscan ou asesoralos cando dubidan; por colaborar na organización das actividades ou na reorganización dos fondos ou os mobeis; por axudar a recuperar os libros "dos morosos"; por axudar a rexistrar e catalogar. En definitiva, GRAZAS POR AXUDARNOS SEMPRE QUE VOLO PEDIMOS. Estamos convencidos de que sen vós a biblioteca non podería funcionar coa dinámica que ten actualmente.  
Por iso onte celebramos a despedida deste curso cunha merenda.
Só un de vós non estará no centro o ano que vén, pero varios pasades a 2º de Bacharelato e ese é un curso moi esixente e ademais o último da vosa estancia no Instituto. Por iso NECESITAMOS NOVOS COLABORADORES PARA O CURSO QUE VÉN, aos que entre todos lles iríamos ensinando  para que vos sustitúan cando marchedes.  Así que se es alumno da ESO e queres axudar no préstamo, achégate á biblioteca e fala con algún dos profesores do equipo.
Aproveitamos para deixarvos esta presentación do CEIP Víctor Saénz sobre os deberes dun bo colaborador de biblioteca. 
ÁNIMO! ESPERÁMOSVOS ESTES DÍAS NA BIBLIOTECA!

15/06/12

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Queremos agradecer a Lorena e Vero, da B.M. "Os Rosales", que viñesen o martes a contarnos un conto. A actividade desenvolveuse na biblioteca e foron invitados a participar nela os alumnos de 1º de ESO A e 1º de ESO B. Esta é a foto que recolle un momento do acto.


Se queredes ver máis fotos, premede AQUI.
Grazas ás dúas polo conto e por poñer o voso tempo a nosa disposición. É un pracer intercambiar actividades con vós.

UN AULA DO S.XXI

Vale máis unha imaxe que mil palabras


08/06/12

PORTA NOVA

Moitas voltas dimos ao tema da porta, pero agora...POR FIN XA TEMOS PORTA NOVA! O cambio é evidente. Queríamos que fose DIÁFANA e por iso é de cristal, para que se vexa a biblioteca desde fóra, para que apeteza entrar, para que sexa a carta de presentación dun lugar que todos queremos acolledor, cómodo, no que un se sinta ben e mesmo apeteza traballar. Polo que chegou ás nosa orellas "a porta gusta aos profesores", pero e aos alumnos? Gustaríanos ter tamén a vosa opinión.
Aqui tedes unha imaxe da porta como era ANTES  e como quedou AGORA.....COMPARADE

07/06/12

EXPRESIÓN CORPORAL

Sen dúbida a expresión corporal é unha das cuestións pendentes da nosa educación. E a expresión oral tamén, penso eu. Tal vez o teatro e a danza debesen ser materias da escola xa na etapa infantil. Mirade este vídeo e seguro que vos da moita envexa.

http://elpais.com/cultura/2012/05/23/actualidad/1337787608_986497.html

ETIQUETAS

a lingua (25) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (119) actualidade (41) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (52) baile (4) bibliotecas (73) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (4) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (27) compromiso (83) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (82) efemérides (171) encontros con escritores (14) enlaces (251) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (6) Galicia (42) Gastronomía (1) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (40) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (53) LIBROS (148) LibrosVivintes (3) linguas estranxeiras (8) literatura (87) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (44) MUSE (1) música (50) narrativa (40) natureza (2) Nobel (4) noticias (39) obituario (24) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (44) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (123) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (7) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER