23/03/13

A HORA DO PLANETA 2013


Se realmente queres o planeta no que vives, apoia a campaña de WWF:
"A HORA DO PLANETA 2013"
APAGA TODAS AS TÚAS LUCES DURANTE UNHA HORA, HOXE DE 8:30 ATA AS 9:30.

Mais información @ earthhour.org.

Video promocional:

21/03/13

UN CORTO RECORTADO



Un vídeo que fai pensar sobre os recortes a quen aínda non o fixo realizado polo CEIP Vicente Ferrer de Valderrobles (Teruel) en colaboración con el IES Mantarranya.
Podedes ver a versión subtitulada en inglés do mesmo corto na páxina etc @ ClickOnEnglish, búscadeo na data 23-March-2013.

20/03/13

FRACASO ESCOLAR?



REALMENTE IMPRESIONANTE!.
Debería ser obligatorio escoitalo en calquera comisión de educación...

18/03/13

O SON QUE HABITO: UN PROXECTO INTERESANTE


Traemos hoxe un proxecto interesante para varios departamentos.
"EL SONIDO QUE HABITO" é un proxecto colaborativo que surxe da asignatura de Música da ESO, donde entre outras cosas traballamos a natureza do son, a reflexión sobre o feito sonoro, a hixene auditiva, as distintas técnicas de reproducción e grabación do son e o seu tratamento dixital coa finalidade non so expresiva seno tamén de comunicación.
Pero é un proxecto que pola súa natureza multidisciplinar non so está pensado para alumnos de Música seno tamén de Plástica, Lingua e Literatura, Cidadanía, Tecnoloxía, CC. da Natureza, Xeografía e Historia, y en xeral todas aquelas áreas de coñecimento que consideren o son, un son, calquer son como o punto de partida para traballar algún contido, procedemento ou actitude da súa materia ou doutras presentes no currículo.

Máis información na páxina web: EL SONIDO QUE HABITO.

16/03/13

O LIBERESPAZO

 
 
Nos Encontros de Bibliotecas Escolares Galegas do pasado 8 de marzo recibimos varios regalos para a nosa biblioteca: unha morea de marcapáxinas novos para repartir entre todos os que vos achegades a solicitar fondos; alfombriñas para apoiar os ratos dos ordenadores e unhas fichas para crear libernautas.
Pois ben, estas fichas repartímolas aos titores e a partir da semana que vén poderedes comezar a enchelas para acadar o visado de libernauta que irá acompañado dun pequeno agasallo da biblioteca. Cando estean todas as fichas cubertas, elaboraremos un panel cos vosos libros favoritos e as vosas opinións que difundiremos en abril para celebrar o Día do Libro.
Mentres, podedes ver cómo utilizan estas fichas noutros centros.
http://bibliobn.blogspot.com.es/2013/03/pase-ao-liberespazo.html

OS LIBROS NON HAI QUE ENCENDELOS...


Estades todos os días a todas horas cos móbiles, ordenadores, ipads... deixade un momento libre para ler, ademáis un libro non hai que encendelo. Non vos pase como o rapaz da viñeta: "Pssst. Como se encende esto?"

11/03/13

SEMANA CULTURAL 2013: PATRIMONIO GALEGO / GALICIAN HERITAGE



Ao recibir un ano máis aos alumnos alemáns do intercambio co instituto Willstätter Gymnasium de Nuremberg, aproveitamos para mostrar o mellor do noso patrimonio cultural e natural cunha pequena exposición de carteis dalguns dos lugares máis característicos da nosa terra: Torre de Hércules, Murallas de Lugo, a Catedral e o Camiño de Santiago, as Fragas do Eume, San Andrés de Teixido, Parque Natural do Xurés, Praia das Catedrais... e algunha participación do alumnado. Dende hoxe está ás portas da nosa biblioteca. E tamén sirve de avance á Semana Cultural 2013. 

Ademáis podedes ver ás fotos e as descipcións dos lugares en inglés en:
GALICIAN HERITAGE en ClickOnEnglish.

Despois de ler a entrada anterior, podedes comprobar o que recordades, practicando inglés en:
GALICIAN HERITAGE: THE QUIZ tamén en ClickOnEnglish.

MÁIS PROMOCIÓN DA LECTURA...


"OS RAPACES AOS QUE LLES GUSTA LER 
VIVEN MÁIS FELICES PARA SEMPRE"

09/03/13

ENCONTROS DO PLAMBE

Onte celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago os Encontros anuais do PLAMBE, aos que asistimos os coordinadores de biblioteca dos 504 centros que actualmente pertencemos a este proxecto.
 
-Pola mañá asistimos á charla de Josep Manuel Pérez Tornero "Novos medios, novas alfabetizacións: estratexias e prácticas", da que destaco estas reflexións: 
   .Lemos en términos mediáticos: no móvil temos a información instantánea en calquer momento e case en calquera lugar.
   .non debemos depender da tecnoloxía senón que esta debe ser un instrumento noso e de inclusión social.
   .temos que ser rebeldes co sistema, reinventarnos, defender a lingoaxe da realidade, non a lingoaxe politicamente correcta.
   .o pivote da educacion está no equilibrio entre conservación e innovación.
Despois da charla chegou o momento das experiencias en centros. Elixin dúas:
   .Traballando sen libros de texto - CEIP Os Muinhos (Muxia)
   .Traballando con proxectos de ciencias - IES de Ames (A Corunha)
 
-Pola tarde tiveron lugar as reunións por zonas. Na zona d´A Coruña tratamos a presenza de profesorado e temáticas de ciencias nas actividades das bibliotecas; a biblioteca como compensadora de desigualdades sociais; a incorporación dos libros electrónicos á biblioteca; a hora de ler; os instrumentos de avaliación e a necesidade de establecer micro-redes entre as bibliotecas.


Finalmente no acto de clausura poidemos disfrutar dunha conferencia de Agustin Fernandez Paz na que nos falou das súas experiencias lectoras da nenez, da importancia das narracions orais,dos poucos libros que había na escola de enton, e os moitos tebeos: a forza motriz da lectura estaba na casa. Tamén leu citas para apoiar a importancia da narración no ser humano. Baixo o lema "agora entramos nós" referiuse aos mestres como factor de compensación para aqueles nenos aos que non lle contaron contos na casa, pero tendo en conta que o encontro da lectura darase se non se fai como exercicio. Afirmou que moitos lectores paran de ler na adolescencia, que cada etapa precisa de libros específicos, que a lectura en voz alta do profesor nunca é unha perda de tempo, que a escola debe propor boas lecturas, aínda que tampouco están de máis as lecturas banais. 
 
 
Entre as sesións da mañá e as da tarde houbo un tempo para intercambiar ideas, compartir traballos e, mesmo, inquedanzas e reivindicacións cunha taza de café ¡o mellor momento do día!

RECURSOS E MULLERES GALEGAS

Neste link tedes unha relación de recursos para traballar na aula o tema da igualdade das mulleres

Neste vídeo podemos estudar algunhas mulleres galegas que destacan ou destacaron en diversas profesions

Neste slide algunhas mulleres empresarias galegas

08/03/13

8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
O tema do Día Internacional da Muller 2013, centrado na Violencia contra a muller é: Unha promesa é unha promesa: momento de pasar á acción para rematar coa violencia contra das mulleres


04/03/13

O Rafael Dieste homenaxea a ROSALÍA DE CASTRO


 
Como xa adiantamos nunha entrada anterior, esta semana dedicámola a recitar poemas de Rosalía de Castro para celebrar os 150 anos de Cantares Gallegos. Ésta é a presentación que preparamos coas vosas recitacións...quedou ben, non si? A verdade é que cada vez o facedes mellor e nótasevos máis soltos na lectura en voz alta. NORABOA a todos os que participastes, e aos que non...xa vos chegará a hora.
Se queredes vela cos vosos compañeiros faremos dous pases na biblioteca: mércores 6 e xoves 7 de marzo no segundo recreo.

 

01/03/13

ADIÓS A STÉPHANE HESSEL



O pasado 27 de febreiro morreu Stéphane Hessel. No cumio dos 90 anos conseguiu que o seu nome fora coñecido por mozos e mozas de todo o mundo. A súa voz chegou a todos a través dun pequeno libro que baixo o título de INDIGNÁDEVOS! aportábanos as reflexións dunha longa vida, rica en experiencias e loita pola democracia e o ben común.
Acompañouno José Luís Sampedro no prólogo en castelán e Manuel Rivas á edición en galego da man de Kalandraka. Xente, tamén de ben.
Foi unha lección, esa derradeira lección do mestre da que falaba Castelao, tendendo a man ás xeracións novas cando semellaba que ninguén se atrevía a facelo ou non tiña o valor moral de enfrontalo. Por iso compre lembralo, a el, a Sábato... e desexarlle longa vida a José Luís Sampedro (outro imprescindible).


Video sobre Stéphane Hessel (TVE):

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER