A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


19/09/13

SUXESTIÓN DE LECTURA PARA OS ALUMNOS DE BACH.

Agora que aínda estamos a comezar o curso e non temos enriba os apuros e os nervios de exames e traballos é o momento ideal para ir collendo o ritmo coa lectura de libros interesantes e, á vez, amenos. Este é o caso da novela El lector de Julio Verne de Almudena Grandes, un libro que, estou segura, vos namorará dende a primeira páxina.

El lector de Julio Verne é o segundo libro da serie “Episodios de una guerra interminable”, que se inicia con Inés y la alegría, na que a autora nos conta episodios da Historia de España da segunda metade do século XX dunha forma sinxela e entretida. Nesta obra son os ollos dun neno de nove anos a través dos que vemos o que sucede ao longo de dous anos nun pobo andaluz da España profunda da posguerra, onde a guerra civil parece non ter rematado aínda pola presenza dos maquis e as accións da garda civil. Neste ambiente de medo, inseguridade, dor e humillación, a triste e solitaria vida do neno vai cambiar coa chegada dun forasteiro, que se vai converter no seu amigo, e a relación cunha anciá que lle vai abrir a porta ao mundo dos libros. Porque El lector de Julio Verne é "un canto ao amor e á amizade, unha loa ao amor aos libros e á convivencia, unha chamada á dignidade do ser humano e ao respecto aos mortos, sexan da cor que sexan, sen partidismos nin revanchismos e, dende logo, unha homenaxe ben sentida a esas literaturas que son o xerme da obra de Almudena Grandes, ao fantástico Xulio Verne que tanta imaxinación proporcionou á escritora e a don Benito Pérez Galdós, seu pai literario, o culpable, en palabras da autora, de que nacera nela a vocación de escritora."
Se queredes más información sobre o libro, entrade AQUÍ.

Ningún comentario:

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (115) actualidade (36) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (49) baile (4) bibliotecas (72) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (82) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (169) encontros con escritores (14) enlaces (244) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (5) Galicia (41) graduación (4) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (64) humor (19) ilustración (8) inglés (39) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (52) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (42) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (122) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER