A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


Actividade Bibliodieste

Actividade Bibliodieste

31/10/13

MIGUELANXO PRADO, PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013


O debuxante coruñés Miguelanxo Prado vén de ser o primeiro galego en conseguir o Premio Nacional de Cómic concedido polo Ministerio de Cultura pola súa obra "Ardalén". O xurado destacou nela o uso da cor e o carácter poético na que mestura soños e realidade, memoria e olvido.

A noticia en "LA VOZ DE GALICIA".

30/10/13

PÉREZ-REVERTE, "EL TANGO DE LA GUARDIA VIEJA"


Reseñamos un libro interesante para esta ponte festiva. O último libro de Arturo Pérez Reverte. Aquí o enlace á reseña dos Clubes de Lectura das Bibliotecas Municipais: TANGO


O autor: ARTURO PÉREZ REVERTE naceu en Cartaxena en 1951, é escritor e periodista, membro da Real Academia Española dende o 2003. Foi antiguo corresponsal de TVE en conflictos e guerras durante 21 anos. A súa producción literaria é extensa (22 novelas) e exitosa dende 1986:  El húsar. El maestro de esgrima. El club Dumas e La tabla de Flandes. En 1996 comeza  a publicar a saga de El capitán Alatriste,

29/10/13

"OS COMBATES COTIÁNS", UN CÓMIC DE MANU LARCENET.


O blog dos Clubes de Lectura das Bibliotecas Municipais de A Coruña ven de recomendar a lectura dun comic: "OS COMBATES COTIÁNS" de Manu Larcenet.

O comic conta a historia de Marco, un fotógrafo que xa non pode traballar. Malvive cos seus aforros, incapaz de volver á acción, ás guerras donde sacou ás súas mellores instantáneas. Porque Marco non se atopa ben: cada pouco tempo e sen previo aviso sofre ataques de ansiedade, para os que tene que medicarse. A historia comeza xusto cando Marco decide deixar a súa terapia co psicólogo.
Larcenet móstranos a través de Marco, as sáss propias inquedanzas. E faino cun debuxo suave e realista, no que o uso do color é moi oportuno para acompañar as emocións sobre as que escribe. O vermello para os ataques de ansiedade tan ben descritos. As pranchas en sepia e negro reflexan o lado máis reflexivo do autor, os seus medos e obsesións a tantos temas: resposabilidades, compromiso, infancia, amor, enfermidade, morte, sexualidade, soedade, dificultade para expresar emocións...
O noso particular "Peter Pan" está rodeado ademáis duns secundarios de luxo: a súa muller, unha veterinaria doce e comprensiva; os seus anciáns pais; o seu irmán e a súa cuñada; os traballadores dos estaleiros; un enigmático veterán de guerra; etc. Todos, personaxes que nos axudaban a completar o universo descrito por Larcenet. 
Máis sobre o comic e o autor nestes enlaces:

28/10/13

LIBROS EN DIRECTO: ENCONTROS CON AUTORES


Hoxe comeza unha nova tempada de LIBROS EN DIRECTO na súa segunda edición. É un ciclo de encontros mensuais con autores dende outubro ata xuño no Centro Ágora ás 20:30h.
Os clubes de lectura das Bibliotecas Municipais acudirán a esta primeira cita con Luís Goytisolo: Premio Nacional de Narrativa en 1993, elexido membro da Real Academia no 94 e colaborador en xornais como Diario16, ABC e El País.
Vindeiras citas con: 
Alejandro Gándara o 28 de novembro 
e Javier Sierra o 12 de decembro.

O "DINLE"


Sabedes as definicións destes conceptos novos como...

LECTURA ORAL, BOOKCROSSING, 
LITERATURA LÍQUIDA, ESCRITOLECTOR
BRECHA DIXITAL

... pois para iso está o DINLE (Dicionario das Novas Formas de Lectura), o dicionario para a lectura e escritura que nace da revolución dixital, unha realidade que muda a pasos axigantados. Elaborada pola Rede Internacional de Universidades Lectoras, que inclúe 43 institucións universitarias de México, Arxentina, Estados Unidos, España, Italia ou Brasil e publicada por Santillana.

Deixámosvos cos enlaces ao artigo de "El País" que trata o tema:

Un diccionario para la lectura y escritura que nace de la revolución digital

e o enlace á versión dixital do DINLE.

25/10/13

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NO "RAFAEL DIESTE"

Hoxe celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Éstas son as imaxes. A que quedou ben o cartel? E os regalos, qué tal? gustáronvos? Deixaremos a exposición de libros algún día máis para que teñades tempo a examinala con calma.
Deixaremos tamén uns días a exposición dos libros gañadores do LIBERESPAZO do curso pasado. Sabedes xa quén se agocha tras eles? Mirade ben as fotos.
O noso lema foi "A BIBLIOTECA É DE TODOS E PARA TODOS. CÓIDAA!"

LEMOS CON CHARO PITA


O vindeiro martes 29 de outubro estrenarase L3MOS, una serie de encontros con autores e presentacións de libros que se celebrarán todos os últimos martes de cada mes na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil en Duran Loriga. O obxectivo de L3MOS é dar a coñecer autores locais de literatura infantil e xuvenil e presentar novedades editoriais dirixidas a este público.

E comezan a serie cunha coñecida amiga do IES "RAFAEL DIESTE". É Charo Pita, que xa estivo no noso centro en múltiples ocasións para contar contos con Tim Bowley en galego e inglés, respectivamente: en 2011-Marzo, 2011-Novembro, 2012-Decembro.

Esta polifacética artista das letras e os sons, leva narrando historias tanto de tradición oral como de creación propia dende fai 18 anos en bibliotecas, colexios, teatros, para campañas de animación á lectura, en ferias do libro, etc..
Estudiou Filoloxía Hispánica e teatro, y dende o ano 2006 traballa como narradora-traductora do contador inglés Tim Bowley en espectáculos bilingües. Poeta, dramaturga, manipuladora de títeres, traductora, cantante, percusionista, profesora de teatro, contista…
Amante da palabra, gañou algúns premios literarios como o premio de narrativa de inverno de Cajanavarra en 2007, ou o Espiral mayor de poesía no 2001. Publicou para adultos e poemas, así como artigos sobre a narración oral e a creación literaria en revistas especializadas, e publicou tamén libros infantís como “Velliñas”  e “Maxia” de ed. OQO, “Alguien de alguna parte” de ed. Brosquil, “Igor” de ed.Kalandraka

,
O seu novo libro que vai presentar é "¡GRACIAS!", no que unha neta tene moitas preguntas que facer á súa avoa e ésta non ten respostas. O certo é que non ten que sabelo todo, comprendelo todo, analizalo todo, moitas veces é suficiente con disfrutalo, vivilo e, sobre todo, agradecelo. Un conto verdadeiramente fermoso cheo de silencios nos que a narrativa énchese do color das delicadas ilustracins de Anuska y o texto ábrese invitándonos a calar e sentir. E a agradecer cada unha das maravillas que nos rodean y que, por habituais, podemos deixar pasar sen atender. Un libro álbum fantástico, ideal para ler, contar, compartir, regalar e disfrutar.


24/10/13

"MAREA VERDE" (Karaoke)



Hoxe, noutro día de reivindicación... Se vos gusta o karaoke aqui vos deixamos un vídeo para que cantedes unha canción de Amaral cunha letra...distinta. "EL UNIVERSO SOBRE MI" cambia a un canto en defensa do ensino público. 



EN DEFENSA DA EDUCACIÓN PÚBLICA.

23/10/13

NAZANIN ARMANIAN NO ÁGORA


Mañá xoves día 24 de outubro, Nazanin Armanian dará unha conferencia na Biblioteca Municipal do Ágora ás 20:00h co título "A primavera árabe marchitouse para a muller". Organiza a charla Amnistía Internacional en colaboración coas Bibliotecas Municipais de A Coruña.

Nazarín é unha experta en temática árabe e columnista do xornal dixital Público.es e virá a falarnos sobre a chamada Primavera Árabe e as expectativas truncadas que supuxeron eses procesos de revolta política en relación coa muller.

Máis sobre Nazarin na súa páxina web AQUÍ.

22/10/13

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2013



O 24 de outubro celebramos o "Días das Bibliotecas Escolares". Con este motivo

1- Iniciaremos a campaña “a biblioteca é de todos e para todos" coa finalidade de concienciar a todos os usuarios da necesidade de coidar o que temos, respectarnos e ser solidarios.
2- Adornaremos a biblioteca co poster deste ano que ten por lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR.
3- Exporemos un cartel coas obras máis votadas polos libernautas no mes de xuño.
4- Exporemos fragmentos de textos literarios escollidos e, na columna de novidades, as obras completas que conteñen ditos textos.
5- Regalaremos con cada préstamo unha mochiliña e un marcapáxinas.
6- Poñeremos  nos recreos un Power-Point con imaxes das mellores bibliotecas do mundo.

Esperamos a participación de todos en estas actividades. FELIZ DÍA DA NOSA BIBLIOTECA!

21/10/13

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Se tes entre 12 e 16 anos e che gusta escribir, 

os días 11 e 18 de novembro ás 19:30 h. 

tes unha cita na Biblioteca do Forum Metropolitano 

con Francisco Castro

que impartirá un obradoiro gratuito de iniciación á escritura

centrada no desenvolvemento da creatividade, a 

experimentación literaria e o pracer de escribir.


Concibido desde unha perspectiva lúdica e moi participativa, os asistentes teredes a oportunidade de plasmar sobre o papel todo o que caiba na vosa imaxinación, literaturizar vosa vida, xogar a crear mundos coas palabras, escribir poemas, relatos e contos a partir de actividades sorprendentes. En definitiva, a gozar da experiencia literaria e da creación escrita porque desde o minuto uno do obradoiro escribiredes literatura.
Francisco Castro proporcionaravos actividades que actuarán como catalizadores da creatividade. Despois, sobre os resultados obtidos (os poemas, os relatos, a descrición dos personaxes, a literaturización dalgún aspecto da realidade), será o momento de teorizar e mostrar como grandes autores e autoras da literatura universal construían o seu universo de ficción.
O Obradoiro é eminentemente práctico e participativo e ten como obxectivo escribir e gozar do feito de crear literatura, así como aprender as técnicas básicas da creación literaria.
Non o penses máis e incríbete! Tes ata o 5 de novembro para apuntarte. Pásate pola Biblioteca Forum, chámanos ao Teléfono 981184298 ou envía un correo electrónico a bforum@coruna.es indicando os teus datos.

"O CUARTO DE INVITADOS", HELEN GARNER

O pasado martes o Clube de Lectura das Bibliotecas Municipais de A Coruña reuníronse na Biblioteca Ágora para compartir o libro da escritora australiana Helen Garner "O cuarto de invitados".
A novela merecedora de diversos premios, o Premio Barbara Jefferis no año 2009, entre outros, así como do aplauso da crítica e o favor de milleiros de lectores en diversos países, é de carácter autobiográfico e nela Helen Garner aborda temas tan universais como a amizade, a morte e o egoísmo.
A historia está narrada en primeira persoa por Helen unha mujer de casi setenta anos, independente e moderna, que prepara na súa casa de Melbourne, o cuarto de invitados para recibir á súa amiga Nicola, que padece un cáncro e se despraza dende Sydney para someterse a un tratamento de medicina alternativa. Ante a gravidade do estado de Nicola, Helen adopta unha actitude de entrega, coidado e sacrificio no exenta de discusións y fuertes discrepancias coa súa amiga.
"O cuarto de invitados" é unha novela de amizade na enfermidade, cos seus altibaixos, renuncias e limitacións, e sobre as enfermidades terminais, a súa aceptación e a búsqueda a cualquear prezo de solucións e esperanzas, sen olvidar como éstas tocan de cheo ás persoas que rodean al enfermo.

19/10/13

COIDADO COS MÓBILES


Parece que, como con todo, abusar non é boa cousa... e hai que controlar o uso dos móbiles intelixentes para non ter problemas de saúde. Aquí uns consellos publicados fai pouco na prensa.

17/10/13

A VIDA DUN LIBRO DE BIBLIOTECA



A moitos sonaravos estraño, pero como todo nesta vida ten un ciclo, os libros non son unha excepción. Algunha vez preguntástesvos, cal é o ciclo de vida dun libro nunha biblioteca? Calquera pensará que se selecciona, se merca, se procesa e se presta aos usuarios e co tempo chega o inevitable descarte, pero a vida dun libro dunha biblioteca é moito máis complexa que todo iso.
Publicouse fai pouco na rede un artigo interesante dun bibliotecari@ sobre a vida dun libro de biblioteca. Aquí tedes os enlaces á traducción en castelán e ao orixinal en inglés.


15/10/13

CONCURSO DE NARRACIÓN: A CIENCIA QUE CONTA


Ciencia Que Conta é un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.
1. Participantes.
A convocatoria vai dirixida ao alunado de Educación Primaria, Institutos de Educación Secundaria e público en xeral. A participación neste concurso supón a aceptación de todas as súas bases. As obras serán de autoría individual ou cun máximo de dous autores, tendo en todo caso un único premio ao relato.
2. Presentación dos traballos.
Os traballos presentados deben ser orixinais, inéditos e escritos en língua galega. A extensión máxima será de 1000 palabras (aproximadamente tres follas DIN A4). Os traballos enviaranse exclusivamente ao seguinte enderezo:

Indicaranse os datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, teléfono e estudos que cursa) e do seu centro de ensino (nome, enderezo e teléfono), de ser o caso. Nun arquivo adxunto irá o relato, encabezado polo título e o pseudónimo, sen datos persoais. Desde a organización enviarase de volta un correo electrónico confirmando a recepción do relato.
Para calquera aclaración poden dirixirse a contacto@cienciaqueconta.com
3. Prazos.
O prazo de recepción dos traballos remata o 16 de novembro de 2013. As resolucións do Xurado publicaranse na web http://www.cienciaqueconta.com/
Comunicarase por correo electrónico aos gañadores ou a través do seu centro de ensino.
A entrega de premios farase nun acto público.
4. Categorías.
a) Alumnado de Educación Primaria.
b) Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP.
d) Público en xeral.

5. Tema dos traballos.
Non pretenden ser relatos de ciencia ficción nin artigos sobre ciencia nin meras descricións. Procúrase que –en función da idade-se desenvolva un relato curto ou conto a partir dun aspecto científico puntual ou da observación dalgún fenómeno ou experimento simple. Valorarase sobre todo a calidade do traballo e o acerto no contido científico.Os temas a desenvolver nos relatos poderían ter como punto de partida:
  • Historias de Ciencia: como se inventou algo, como se solucionou algún problema que había na sociedade utilizando a ciencia, un descubrimento, etc.
  • Traballo no laboratorio ou científico: cousas que pasan nun laboratorio, no traballo dun científico ou científica, nas exploracións da natureza, etc.
  • Experiencias: ficcións arredor de experiencias simples (ou caseiras), observacións da nosa vida cotiá (na rúa, na cociña, na praia, na festa, nas atraccións de feira, etc.).
  • Científicos e científicas: baseado en algún persoeiro científico, algún detalle da súa vida, algunha anécdota, como fixo algún descubrimento, como se lle ocurriu ou elaborou algunha teoría ou lei. Non debe ser unha mera descrición da súa vida. Valoraranse relatos que inclúan mulleres como protagonistas ou arredor de historias de mulleres.
  • Na web: http://www.cienciaqueconta.com pódense ler as publicacións resultantes dos concursos anteriores.
6.  Comité Organizador e Xurado.
O Comité Organizador está formado polos membros do Grupo DIVULGATIA, da Universidade de Vigo.
O Xurado, nomeado polo Comité Organizador, estará formado por persoas relevantes no campo da divulgación científica, o xornalismo, a literatura ou o ensino das ciencias. As resolucións do Xurado serán inapelábeis.
A presentación das candidaturas supón a conformidade dos participantes coas bases. Calquera cuestión non recollida nelas será resolta a discreción da organización. Os participantes comprométense a xustificar a veracidade dos datos que faciliten sobre as candidaturas presentadas.
7. Premios.
Para cada categoría haberá tres premios:
Primeiro Premio:
Diploma acreditativo.
Tablet.
Segundo Premio:
Diploma acreditativo.
Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á sua idade.
Terceiro Premio:
Diploma acreditativo.
Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á sua idade.
Nas categorías de Educación Primaria e Secundaria poderá haber ademais dous accésits. Os premios poderán declararse desertos.
Os premiados menores de idade deberán acudir a recoller o premio acompañados do seu pai, nai ou titor legal ou cunha autorización expresa destes.
A organización declina cualquer responsabilidade sobre conflitos de propiedade ou cesións de dereitos relativos as candidaturas.
8.  Reprodución das obras. Dereitos de imaxe.
As obras seleccionadas serán publicadas na web: http://www.cienciaqueconta.com a partir do 3 de decembro de 2013. Logo da resolución do concurso, como en edicións anteriores, publicarase un libro cunha selección dos mellores relatos presentados ao concurso.
De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, todos os participantes cederán os dereitos en exclusiva de reprodución e difusión das obras presentadas sen necesidade de permiso expreso e sempre que se identifique o nome do autor ou autora. O Comité Organizador poderá publicar as obras presentadas co único requisito de facer referencia á autoría e resérvase o dereito de exposición e distribución dos traballos presentados.
Os autores ceden aos organizadores de xeito exclusivo e coa facultade de cesión a terceiros, os dereitos patrimoniais de explotación das obras obxecto do presente concurso. O Comité Organizador comprométese a exercitar os dereitos de explotación conforme aos bos usos e con rigoroso respecto aos dereitos morais do autor ou autora.
Os participantes conceden ao Comité Organizador o dereito a gravar e utilizar a súa imaxe e voz en actos derivados do presente concurso.
9. Aclaracións sobre estas bases.
Calquera aclaración, puntualización ou rectificación destas bases farase pública na web:
Protección de datos
Os datos persoais dos participantes no Concurso, os dos seus profesores e os dos pais ou titores legais que autorizan a súa participación serán incluídos nos ficheros que a Fundación Barrié ten debidamente inscritos na Axencia de Protección de Datos e que cumpren todos os requisitos da Lei Orgánica 15/1999 e do Real Decreto 1720/2007 que a desenvolve. Todos os datos solicitados aos participantes e aos seus profesores son necesarios para a súa inclusión no concurso e serán destinados á xestión e organización do mesmo. O nome e a imaxe dos concursantes e dos seus profesores, así como o nome dos centros aos que pertencen, poderán ser obxecto de comunicación pública nas actuacións presentes ou futuras que poida levar a cabo a Fundación Barrié sempre que ditacomunicación pública estea relacionada coa súa participación no concurso. Quedan recoñecidos, no entanto, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, que poderán ser exercidos, previa acreditación da personalidade ou da representación, na dirección de Cantón Grande, 9 – 15003 (A Coruña).

LER CAMBIA O NOSO CEREBRO


Corre por aí o bulo de que ler non é para tanto. Que xa existe a televisión, que vivimos nun mundo audiovisual, e que polo tanto a lectura é unha actividade como calquera outra, case un hobby, algo marxinal que irá retrocedendo co tempo. Pero non é así.

A lectura de libros e textos que requiran concentración e tempo, permítenos chegar a lugares aos que outras tecnoloxías teñen vedado o paso. Non só profundizan en asuntos complexos senon incluso en emocións complexas.
Boa proba de isto é como pensa un lector respecto dun analfabeto. Os cerebros lectores entenden doutra maneira a linguaxe, procesan de maneira diferente as señais visuais, incluso razoan e forman recordos doutra maneira.

Os cerebros dos lectores incluso difiren entre sí según qué lecturas teñan por bagaxe. E non só falamos de ler Dostoievsky ou Pablo Coelho, senon que inflúe incluso o idioma no que lemos. Os lectores de inglés, por exemplo, elaboran máis as áreas do cerebro asociadas con descifrar as formas visuais que os lectores en lingua italiana. Crése que a diferencia radica no feito de que as palabras inglesas presentan con máis frecuencia unha forma que non fai evidente a pronunciación. Non víchedes nas películas que a miudo as persoas deben deletrear o seu nome para que a outra persoa saiba cómo se escribe? Polo contrario, as palabras italianas, como tamén as castelás, soen escribirse como se pronuncian.
Por ista razón, tamén os vocabularios das culturas que aprendían a ler incrementaban os seus recursos lingüísticos. Por exemplo, o vocabulario inglés, limitado a uns poucos miles de palabras, ampliouse ata máis dun millón coa proliferación dos libros.

Pero, qué pasa exactamente, en tempo real, no cerebro dunha persoa que le e entende o que le, a diferencia dunha persoa que simplemente mira as imaxes nunha pantalla ou escoita as palabras dun contacontos?
Os lectores simulan mentalmente cada nova situación que atopan nunha narración. Os detalles das accións e sensacións rexistrados no texto intégranse no coñecemento persoal das experiencias pasadas. As rexións do cerebro que se activan a miudo son similares as que se activan cando a xente realiza, imaxina ou observa actividades similares no mundo real.
E todo isto é porque ler é unha actividade moi pouco natural. Imaxinádevos: acaso os nosos antepasados podían concebir permanecer sentados durante moito tempo, sin moverse, cos ista fixa nun punto estático na que non está a pasar nada? É decir: mirando polpa de árbore prensada machada co que parecen insectos prensados. Mais que un ser humán iso parecería unha estatua. Un observador analfabeto non entendería qué mira tanto esa criatura porque todo pasa na súa cabeza. Dalgunha maneira, o humán lector é case unha nova especie.
O estado natural do cerebro humán, así como da maioría dos primates, tende á distracción. Basta con que apareza calquera estímulo interesante, e o noso cerebro sentirá interese por el, olvidándose do que estaba a facer. Non obstante, ler un libro require dunha capacidade de concentración intensa durante un longo periodo de tempo.
Esta tendencia a distraernos con novos estímulos, segundo a psicoloxía evolutiva ten moito sentido. Os nosos ancestros debían ter cerebros famentos de novidades e dispostos a captar calquera irregularidade: os obxectos estacionarios ou invariables forman parte da paisaxe e maiormente non se perciben. Os ancestros que non tiñan esta capacidade, seguramente tiñan maior probabilidade de morrer (por exemplo, un depredador que axexa) ou menor probabilidade de fixarse nunha oportunidade (por exemplo, unha fonte cercana de alimentos, o que se traduciría nunha morte prematura). E un acestro morto é un ancestro que non se reproduce e que non deixa en herdanza á súa prole os seus xenes, é decir, trazos como un cerebro que non tende á distracción.
Todos os que no pasado tiñan cerebros predispostos para a concentración e a linealidade, por tanto, extinguíronse. Nos somos descendentes de non lectores.
Ler un libro significaba practicar un proceso antinatural de pensamento que esixía atención sostida, interrumpida, a un so obxecto estático. Esixía que os lectores se situaran no que se chama 'punto de quietude nun mundo que xira'. Tiveron que entrenar o seu cerebro para que fixese caso omiso de todo canto secedía ao seu arredor, resistir a tentación de permitir que o seu enfoque pasara dunha sinal sensorial a outra. 'A capacidade de concentrarse nunha soa tarefa relativamente sen interrupcións', escribe Vaughan Bell, psicólogo do King's College de Londres, representa 'unha anamolía na historia do noso desenrolo psicolóxico'.

Os libros son o equivalente intelectual dos antibióticos, os aditivos e o aire acondicionado. Son unha tecnoloxía capaz de diluír un pouco mais a nosa humanidade de serie e moldear o noso cerebro para alcanzar límites que fai apenas uns séculos eran inalcanzables. Son unha tecnoloxía diferente a internet, á televisión e ao teléfono móbil, así que paga a pena que non a perdamos.
Nin que decir ten que moita xente cultivara unha capacidade de atención sostida moito antes de que chegara o libro e incluso o alfabeto. O cazador, o artesán, o asceta, todos tiñan que entrenar o seu cerebro para controlar e concentrar a súa atención. O notable respecto da lectura de libros é que nesta tarefa a concentración profunda combinábase cun desciframento do texto e interpretación do seu significado que implicaban unha actividade e unha eficiencia de orde mental moi considerables. A lectura dunha secuencia de páxinas impresas era valiosa non so polo coñecemento que os lectores adquirían a través das palabras do autor, senon pola forma na que esas palabras activaban vibracións intelectuais dentro das súas propias mentes.
Así, lectores do mundo, antinaturais todos, se pensades máis profundamente é porque ledes máis profundamente. Porque en ocasións, ser antinatural é o máis do máis.

[Artigo orixinal de: XATAKACIENCIA]

14/10/13

LER FICCIÓN FAINOS MÁIS EMPÁTICOS


- A ficción mellora as nosas capacidades para entender as emocións alleas.
- O estudio demostra que existen diferencias entre as habilidades sociais dos lectores de ficción, os que len outros xéneros e os que non len.
- A investigación levouse a cabo entre mil lectores elexidos aleatoriamente.


Qué fai que unha persoa teña éxito nas súa relación persoais? Non entendendo isto número de amigos que un ten en Facebook on en Twitter, senon á súa capacidade para entender o que sinte outra persoa, é decir, ser empático coas emoción dos demáis.

Segundo uns investigadores estadounidenses, a nosa habilidade para relacionarnos podería estar fortemente determinada polo tipo de literatura que lemos.

Toda a información neste enlaces:
- en castelán: Leer ficción es bueno para la empatía de los seres humanos
- en inglés: The Guardian: Reading literary fiction improves empathy
  


13/10/13

COMEZA O CLUB DE LECTURA


A semana que vén comezamos as reunións do club de lectura O trasno na rede, en concreto o venres no 2º recreo na aula de Grego. Aínda hai tempo para que vos anotedes. Achegádevos á mesa de préstamo e pedide a ficha de inscrición ao profesor encargado ou ao alumno colaborador. Dádevos presa que....comezamos e este curso hai novidades importantes.

11/10/13

UN ANO DESPOIS: MALALA, PREMIADA


Xa fai case un ano que dedicamos unha entrada a la Malala neste blog. Case un ano despois volve por un motivo máis agradable. Malala acaba de ser galardonada co Premio Sajarov do Parlamento Europeo polo seu labor en defensa do dereito á educación para as mulleres. E pode que non sexa o único premio que reciba*... Noraboa, Malala!

Enlace información RTVE.

[*Pensabamos que hoxe recibiría tamén o Premio Nobel da Paz, para o que estaba nominada, pero non foi así]

10/10/13

ALICE MUNRO, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2013


A canadense Alice Munro nacida en Ontario no 1931 foi elixida finalmente Premio Nobel de Literatura 2013 despois de ter estado proposta varias veces. A súa obra, intimista e con moitas referencias autobiográficas, é moi pouco coñecida en España, malia ter recibido o Premio Reino de Redonda creado por Javier Marías. 
Entre as obras súas que podemos atopar traducidas ao castelán están: Escapada (2004), La vista desde Castle (2008), Demasiada felicidad (2009), La vida de las mujeres (2011) e/ou Mi vida querida (2013).

Enlace información RTVE.

09/10/13

TODAS AS LINGUAS SON IMPORTANTES

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013


O poeta coruñés Manuel Álvarez Torneiro foi galardoado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía pola obra "OS ÁNGULOS DA BRASA". O premio concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra dun autor español escrita en calquera das linguas do Estado e editado no 2012.

Máis información sobre este autor en:
- a Galipedia (Wikipedia en Galego).
- a nova en RTVE.
- a nova en EL PAÍS.
- a nova en LA VOZ DE GALICIA.

08/10/13

FORMACIÓN DE USUARIOS DE BIBLIOTECAS

Incluímos unha presentación feita polo Equipo da Biblioteca do CEIP "López Ferreiro" con enlaces a materiais para a formación de usuarios das bibliotecas escolares, tanto do alumnado como do profesorado.

05/10/13

UNESCO: DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES 2013


Cada ano celébrase o 5 de outubro o Día Mundial dos Docentes. Un día para reflexionar sobre o papel dos docentes e o futuro da educación nestes tempos de crise e austeridade.

Enlaces:

Día Mundial dos Docentes (5 de outubro): Necesítanse dous millóns de mestres máis

 .

04/10/13

EDUCACIÓN EN ABERTO







A Comisión europea ven de abrir un portal de recursos educativos abertos, Open Education Europa. É a nova versión de outro portal que se chamou durante un tiempo europaelearninginfo. O cambio, é significativo. Encontrámonos ante un cambio de paradigma educativo e, ao mesmo tempo, ante un reto cargado de interrogantes e incertezas.

Máis información:

O novo portal:
- OPEN EDUCATION EUROPA.

03/10/13

CINE E EDUCACIÓN



Hoxe propoñémosvos un enlace a unha páxina-web que traballa co cine no ámbito da educación. Para aprender do cine, a educomunicación, a alfabetización mediática e a comunicación popular. Horas de navegación sen aburrirse...

Enlace: CINE E EDUCACIÓN

02/10/13

ALFABETIZACIÓN DIXITAL


A pertenza ao PLAMBE ten moitas vantaxes, unha delas é que as Bibliotecas Escolares de Galicia non traballamos illadas senón que compartimos inquedanzas, dúbidas e recursos. Grazas ao PLAMBE temos acceso ó traballo que están a facer distintos centros de toda a comunidade ao igual que compartimos nós as nosas actividades. E tal é o caso que vos traemos hoxe aquí: dende a biblioteca Calixtina do IES Pedras Rubias chéganos esta unidade didáctica sobre a educación documental dixital. A través dunha especie de "Caderno de bitácora" guiámonos para aprender a facer buscas na Rede, distinguir páxinas fiables, etc. En definitiva, a tan nomeada e necesaria alfabetización dixital.

Moitas grazas ós responsables desta biblioteca e ao CFR de Vigo que coordinou o traballo!

01/10/13

HIJO DE CAÍN

Hijo de Caín é unha impactante e perturbadora película do director Jesús Monllaó, baseada na novela Querido Caín de Ignacio García-Valiño, na que o xadrez e as miradas xogan un papel esencial.
A extraña actitude de Nico Albert, un adolescente superdotado, moi afeccionado ao xadrez e cun carácter peculiar chega a preocupar aos pais ata tal extremo que contratan a un psicólogo infantil para que o trate. O psicólogo a través da terapia e da común afección ao xadrez, irá penetrando no mundo de Nico e nas complexas relacións familiares existentes dentro dunha familia aparentemente normal.
Se queredes informarvos con máis detalle do argumento e características da película premede AQUÍ.

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (5) actividadeBiblio (77) actualidade (35) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (4) audio (3) audiovisual (33) autores (48) baile (2) bibliotecas (66) bioloxía (5) cartel (3) centenario (16) certames (11) cidades (3) ciencia (14) cine (24) club de lectura (4) comic (25) compromiso (78) concursos (33) conferencia (6) congresos (5) contacontos (7) Cosmos (2) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (52) deseño (2) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (168) encontros con escritores (13) enlaces (230) enquisas (7) ensaios (1) entrevista (1) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (45) expresión oral (2) familia (5) familias (3) ficha (1) filosofía (3) física (1) fomento da lectura (138) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (3) Galicia (39) graduación (3) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (61) humor (19) ilustración (7) inglés (33) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (1) letras galegas (46) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (85) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (21) mitoloxía (5) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (41) música (46) narrativa (40) natureza (1) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (41) presentación (13) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (95) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (41) titoría (3) traballo por proxectos (7) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (2) videos (16) vídeos (65) violencia de xénero (7) votacións (3) xeografía (6) xogos (14) xornadas (1) xornalismo (1) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER