A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


28/02/14

FESTA DE ENTROIDO

Éstas son as fotos que ilustran o ben que o pasamos na festa de Entroido do Instituto.


FELIZ ENTROIDO 2014!


QUE DISFRUTEDES DUN DIVERTIDO ENTROIDO 2014!

26/02/14

ENTREGA DE PREMIOS

Este mércores tivo lugar na biblioteca a entrega de premios do concurso de tuits de amor. Para que compartamos todos este momento, aqui están as fotos e os tuits gañadores:

Sara de 2ºBac.B
Guzmán de S2ºD


















Marta e Alba de S3ºA
Marta e Alba de S3ºA

mellor tuit en galego: ALBA GUERREIRO de S3ºA


Estou tan namorado de ti 
como se volcasen unha lata de gasolina 
no meu interior e lle prendesen lume.

mellor tuit en castelánGUZMÁN SESSA de S2ºD


El amor es una odisea,
un viaje inesperado,
que no siempre acaba bien
                                       pero que merece la pena emprender

mellor tuit en inglés: MARTA RODRÍGUEZ de S3ºA


The one that loves us never truly leave us. 
You can always find them in your heart.

mellor tuit en grego: SARA CASAL de 2º de Bac. B

Θανόντος τοῦ Ἔρωτος, 
ὁ βίος τελευτᾷ.
[Morto Eros, a vida termina]

Os tutis están expostos desde o día 14 á entrada da biblioteca. Houbo bastantes máis pero foron descalificados por ter máis de 140 caracteres. Noraboa a todos os que participastes

25/02/14

CAL É O TEU SIGNO DE PUNTUACIÓN FAVORITO?


[Fonte: "Papeles Perdidos" de "El País"]
A revista Vida Mais Intelixente (More Intelligent Life), de The Economist, pide ao seus lectores que voten polo seu signo de puntuación favorito. Os candidatos foron propostos e valorados por personalidades do mundo do libro:
- O gañador do premio Booker en 2011, Julián Barnes, quéixase no seu texto do desprestixio que as redes sociais lle ocasionaron ao signo de exclamación; 
- A axente literaria Norah Perkins marabíllase ante a habilidade de Emily Dikinson para decir o inexpresable entre raias; 
- O novelista Alí Smith alégrase ante o xeneroso signo & (que sustitúe e abrevia "and"  do inglés), que igual parece un gato que un ser humán y que siempre promete máis;
- A también novelista Claire Messud desautoriza a Kurt Vonnegut que desprecia o punto e coma –di que só se usa para demostrar que fuches á universidade– e o recomenda aos escritores que divagan e a quen lles estimula transmitir a complexidad da vida con xustaposiciones inesperadas.
E cal é o teu signo favorito? Se queres participar enlaza aquí coa páxina en inglés e vota.

Equivalencias de signos inglés-galego: 
comma = coma / semi-colon = punto e coma / exclamation mark = signo de exclamación /
ellipsis =  puntos suspensivos / dash = guión, raia / ampersand = o signo & (and = y)
other (write in) = outros (escribir cal).

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

21/02/14

RESULTADOS DO CONCURSO E DAS VOTACIÓNS

Aqui están xa os gañadores do concurso "Tuits de amor":

mellor tuit en galego: ALBA GUERREIRO de S3ºA


Estou tan namorado de ti 
como se volcasen unha lata de gasolina 
no meu interior e lle prendesen lume.

mellor tuit en castelán: GUZMÁN SESSA de S2ºD


El amor es una odisea,
un viaje inesperado,
que no siempre acaba bien
                                       pero que merece la pena emprender

mellor tuit en inglés: MARTA RODRÍGUEZ de S3ºA


The one that loves us never truly leave us. 
You can always find them in your heart.

mellor tuit en grego: SARA CASAL de 2º de Bac. B

Θανόντος τοῦ Ἔρωτος, 
ὁ βίος τελευτᾷ.
[Morto Eros, a vida termina]

E a canción de paz e os poemas de amor que máis votos obtiveron foron:

CANCIÓN DE PAZ
                                 "Imagine" de John Lennon

POEMA DE AMOR en 1º de ESO
                                 "Llegó con tres heridas" de Miguel Hernández

POEMA DE AMOR en 2º de ESO
                                 "Madrigal" de Gutierre de Cetina

POEMA DE AMOR en 3º de ESO
                                 "Soneto" de Lope de Vega

POEMA DE AMOR en 4º de ESO
                                 "Poema 20" de Pablo Neruda

POEMA DE AMOR de Bacharelato
                                  "Bicaréi o teu corpo" de M. A. Fernán-Vello

Noraboa aos gañadores do concurso.
A ENTREGA DE PREMIOS SERÁ NA BIBLIOTECA O MÉRCORES NO 1º RECREO.
Grazas a todos os que participastes nas votacións dos poemas.                        


20/02/14

Novo tríptico da Biblioteca

Quixemos renovar o tríptico informativo da biblioteca, darlle un aire novo e actualizar a información que ali aparece. Entregaremos un exemplar a cada departamento para dalo a coñecer entre o profesorado, outro a cada titor para que o compartan co alumnado, outro na APA para que o difundan entre os pais, e gardaremos varios exemplares na biblioteca para os usuarios. Aqui o tedes, xa nos diredes qué vos parece.






XOGOS COMO ESTRATEXIA DE APRENDIZAXE


Os videoxogos convertíronse nunhas das formas de entretenemento con mais seguidores hoxendía. Tendo en conta a predisposición humana a competir, estase a descubrir o potencial que ten o xogo como ferramenta de aprendizaxe. Máis información neste enlace inferior:

16/02/14

Actos da paz e do amor 2014

Éstas son as presentacións que podedes ver dos actos levados a cabo con motivo da celebración do DÍA DA PAZ e do DÍA DO AMOR, coordinados pola biblioteca. 


14/02/14

RECIBIMOS A ANA ALONSO NO "RAFAEL DIESTE"




Hoxe recibimos a visita de ANA ALONSO no noso insti. Ela xunto con Javier Pelegrín son os autores do libro "LA TORRE Y LA ISLA", que están a ler os alumnos de 4º da ESO e do club de lectura de 1º e 2º de ESO.
Ana é ademáis de escritora, tradutora, bióloga e profesora de secundaria. Destacando en libros de literatura xuvenil.

Deixámosvos as fotos do encontro que tivemos no salón de actos e algúns enlaces para saber máis sobre ela e Javier:
- ANA ALONSO: BIBLIOGRAFÍA.
- ANA ALONSO E JAVIER PELEGRIN: O SEU BLOG

13/02/14

RESULTADOS "CANCIÓNS DE PAZ". A VOSA CANCIÓN FAVORITA É...



Aqui estan xa os resultados da votación sobre a canción de paz:



Somewhere over the rainbow (I. Kamakawiwo)

















11%
Nada particular (M. Bosé)4%
Imagine (J. Lennon)30%
No dudaría  (R. Flores)11%
Heal the world (M. Jakson)
0%
Rosa de la paz (Amaral)0%
Verdad que sería estupendo (Cómplices)0%
One love (Playing for change)4%
Blowing in the wind (Bob Dylan)19%
La muralla (A. Belén e V. Manuel)4%
Soldados de la paz ( S. Fyahbwoy ft Yosu)19%
Color esperanza (D. Torres)0%
Viva la gente (Varios)
0%
Tell me why ( D. Galbraith)0%
Latas por la paz (Varios)0%

Como podemos ver, a canción gañadora foi  IMAGINE  de John Lennon
En segundo lugar quedaron empatadas BLOWING IN THE WIND de Bob Dylan e SOLDADOS DE LA PAZ de S. Fyahbwoy ft Yosu.

VIDEO DA CANCIÓN MÁIS VOTADA: "IMAGINE", JOHN LENNON
Lembrade que mañá termina o concurso "Tuits de amor", dádevos presa a enviar o voso porque hai premio.

06/02/14

SEMANA DO AMOR (S. VALENTÍN 2014)


Concurso de tuits de amor

1-Pode participar calquera membro da comunidade educativa
2-O prazo do concurso será do 10 ao 14 de febreiro
Para participar
1-Accede ao cuestionario e identifícate co nome e apelidos e o curso.
2-Escribe a túa mensaxe que non pode pasar de 140 caracteres e terá que ser orixinal, e dalle a enviar.
3-A mensaxe poderá estar escrita en calquera lingua
4-Pode ir dirixida a calquera tipo de amor: parella, amigo, familia, etc
5-O xurado estará formado polo equipo de biblioteca
6-O premio será fallado o luns 17 de febreiro e publicarase no blog arquivos do trasno
7- Os participantes autorizan á publicación dos tuits no taboleiro e no  blog da biblio

Lectura de textos de amor

Repartir un caderniño cunha selección de textos de amor en cada clase
Ler en voz alta os textos
Votar polo que máis guste en cada aula
O delegado entregará aos profesores do equipo de biblioteca o resultado da votación
Os textos gañadores publicaranse no blog o luns 17 de febreiro

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (5) actividadeBiblio (104) actualidade (35) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (48) baile (4) bibliotecas (67) bioloxía (5) cartel (5) centenario (16) certames (11) cidades (3) ciencia (19) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (80) concursos (38) conferencia (9) congresos (5) contacontos (7) Cosmos (27) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (3) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (168) encontros con escritores (13) enlaces (235) enquisas (7) ensaios (1) entrevista (1) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (48) expresión oral (2) familia (5) familias (3) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (138) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (3) Galicia (39) graduación (3) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (61) humor (19) ilustración (8) inglés (37) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (46) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) mitoloxía (7) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (41) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (120) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (41) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (2) videos (23) vídeos (65) violencia de xénero (7) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (2) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER