A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


08/04/14

5ª SEMANA CULTURAL: "XOGOS TRADICIONAIS"



Xa queda só un mes para a semana cultural, que este ano celebraremos do 5 ao 9 de maio. Xa está listo o cartel  e estamos comenzando a organizar o horario. Cando estea colgarémolo aqui e na sala de profesores, coma sempre. Haberá ademáis un horario para anotarse para asistir ás actividades. Este ano pasaremos a todos os profesores e colgaremos en todas as aulas un enlace para que durante a semana anterior todos os alumnos poidan ver a presentación xeral nas aulas nas titorías.
Ésta é a lista de xogos que estamos traballando os departamentos:
Educación Física: A chave, a rá, os zancos, a petanca, pelexa de galos, soga-tira, salto á corda, brilé, o pano, carreiras de sacos.
Música: Ao montón, rei rei, ao corro da pataca, o patio da miña casa, o xogo da cadeira, don Melitón, en la calle 24, etc (falta por determinar algúns máis)
Tecnoloxía: O alquerque e outro que non lembro o nome
Debuxo: Pictionary
Matemáticas: "XOGOS DE INXENIO ", exposición con taboleiros, fichas , obxectos... os nenos farán algún concurso no que presentarán as súas solucións ou realizarán os xogos.
Inglés: "I SPY, I SPY WITH MY LITTLE EYE..." (vexo, vexo en inglés), "SIMON SAYS..." (Enlace á información sobre estes xogos en inglés aquí). Tamén se escoitarán cancións tradicionais infantís (Nursery Rhymes)
Francés: Vexo, vexo en francés, etc (falta por determinar algún máis)
Grego: Trompo, yo-yó, canicas, aro, tabas, xogos coas mans e con moedas, xogos con noces, con pelota, xogos de mesa. Todos son xogos da antiga Grecia e de Roma. Tamén  “ὁράω, ὁράω” (vexo, vexo en grego antigo)
Lingua española e Titorías: Xogos e literatura e Xogos interculturais (falta por determinar)
Titorías: Xogos interculturais (falta por determinar)
Normalización lingüística: cancións presentes en xogos tradicionais galegos (apoio á música)
Biblioteca:
PRESENTACIÓN on-line coa información aportada polos departamentos.
CADERNO coas fichas de todos os xogos traballados (ficha modelo enviada a todos os profesores que participan no proxecto)
COORDINACIÓN E ORGANIZACIÓN da Semana Cultural en colaboración coa Vicedirección
Hai posibilidades dunha charla por parte de "Buxaina" sobre fabricación artesanal de xogos tradicionais, así como dunha exhibición do seu traballo.
Temos ademáis proxectado que en varios sitios do centro queden debuxados alguns xogos para que poidan ser practicados nos recreos durante todo o ano. 

Ningún comentario:

ETIQUETAS

a lingua (25) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (119) actualidade (40) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (51) baile (4) bibliotecas (73) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (27) compromiso (83) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (82) efemérides (171) encontros con escritores (14) enlaces (249) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (6) Galicia (42) Gastronomía (1) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (40) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (53) LIBROS (148) LibrosVivintes (3) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (44) MUSE (1) música (50) narrativa (40) natureza (2) Nobel (4) noticias (38) obituario (24) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (42) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (123) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER