16/09/14

¿AS AULAS MATAN LECTORES?


Traemos un artigo do novelista e dramaturgo Fernando J. López publicado nunha revista cultural en internet CULTURAMAS, sobre o fomento da lectura e o estudo da literatura nas escolas e institutos.
Un punto para reflexionar...

Podedes ler o artigo aquí en galego ou enlazar co orixinal na páxina:

[Fernando J. López / Culturamas / 10-Sept-2014]

“-Gústavos a literatura? ¿Non vos gusta ler?
- Ler, sí. Pero a literatura, non.”
Estes días nos que nos departamentos escolares se planifican as lecturas obrigatorias-concepto discutible en sí mesmo: de verdade pódese obrigar a ler?-, non deixo de pensar nese diálogo de A idade da ira na que se plasma unha conversación real cunha das miñas alumnas de Bacharelato.
A súas palabras parecéronme un resumen perfecto da distancia abismal que atopan os nosos adolescentes entre a pasión lectora e la clase de Lingua e Literatura, donde con 15 y 16 anos se lles invita -sen anestesia- a inxerir clásicos como A Celestina, O Quijote ou A vida é soño. Pretender que se emocionen con textos que presentan, ya de por sí, unha importante barreira lingüística é pouco menos que imposible, pero o criterio de que a educación debe invitar á lectura dos clásicos fai que se confunda esa invitación cunha obligatoriedade que so nos leva a perder lectores que xamáis disfrutarán con ningún deses (maravillosos) títulos.
Claro que pódense buscar outras fórmulas. Fórmulas como abandonar o estudo memorístico do feito literario (enumeracións interminables de rasgos de épocas, biografías de autores, listados de obras…). Pódese cambiar o criterio endogámico e abrir as portas da literatura universal (non so na optativa que leva dito nome). Pódese prescindir do eixe cronolóxico e da súa asfixiante linealidade e empezar dende o máis actual ata lo máis lonxano. Pódese apostar por un criterio temático. Pódese ampliar, dunha vez, o canon e asumir que o século XXI existe e que os seus autores, tamén. Pódese, sí, Pódese contaxiar a pasión pola literatura se buscamos títulos que apasionen aos alumnos e que consigan que, cando chegue o momento, se acerquen a esas obras magnas que pretendemos impoñerlles. No seu lugar, empézase un curso de 3º da ESO (14 anos) con O Lazarillo ou de 2º de Bachillerato (18 aos) coa trepidante obra de Moratín, O sí das nenas.
Se de verdade queremos que algunha vez se emocionen con O Quixote ou con A Celestina non podemos partir de eles, senon doutros textos que, sendo tamén de calidade, lles ofrezan universos máis recoñecibles. Máis próximos. Textos dende os que sintan o impulso de buscar oturas vías de lenguaxe e de comunicación que acabarán conducíndolles ás páxinas de Cervantes e de Fernando de Rojas. E se non fora así, creo que sí se pode vivir sen ler O Quixote -por moito que se perda non coñecéndoo-, pero non se pode vivir sen leer, sen disfrutar de canto a lectura nos ofrece
A LOMCE, sen embargo, no seu marcado afán por destrozar as Artes e as Humanidades (con medidas como o exilio da música, da plástica e de cuanta disciplina creativa se atopa ao seu paso), tamén decidiu que 2º da ESO é un curso estupendo para que os nosos alumnos coñezan a literatura medieval e, aos seus 13 anos, se adentren no fascinante mundo de Berceo e das jarchas, entre outras pezas de alto interese xuvenil. Logo nos preguntaremos por qué os quinceañeiros non len poesía ou por qué non se emocionan cando chega a hora da clase de Literatura, pero a ninguén se lle ocurrirá pensar que para valorar a aravillosa densidade poética das jarchas hai que cultivar o sentido poético dos mais mozos dende outro tipo de textos e propostas que sí lles permitan entender por qué non podemos vivir sen versos. Nin sen libros.
Pero aquí seguimos. Afogados por programas imposibles donde se pretende que os nosos alumnos vomiten datos que poden encontrar en cualquer fonte de información, en vez de fomentar o seu espíritu crítico, a súa sensibilidade e a súa pasión lectora. Logo nos sorprenderá que fuxan dos libros ou que miren con desconfianza a quen lles diga que ler é divertido. Por non falar dos profesores -moitos, me consta- que se ven obrigados a facer malabares para combinar o programa oficial co que sinten -sentimos- que realmente deberíamos facer. Co que sabemos que facemos e necesitamos facer.
Entretanto, continuaremos -currículum oficial en mando- asesinando futuros lectores, acabando coas súas ganas de adentrarse na ficción literaria gracias a indixestión de alexandrinos,  sonetos renacentistas e novelas picarescas que trae consigo cada novo curso escolar.
Fernando J Lopez

Ningún comentario:

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER