28/10/14

"BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!", A EXPO




Durante toda esta semana, celebraremos o Día das Bibliotecas cunha exposición con paneis sobre o tema deste ano: as matemáticas. Aquí tedes un adianto, pero pasade a ollalos mais de cerca e con mais calma. É moi interesante.



27/10/14

GHALEGHO

TODOS FALAMOS GALEGO, CADA QUEN DA SÚA MANEIRA

Tecleando no buscador de Youtube oito letras, Ghalegho, accédese a un orixinal video. Os protagonistas son catro mozos de Rianxo e Dodro que fan unha defensa do idioma galego con todas as súas peculiaridades como son o seseo e a gheada. A idea foi de Noelia Gómez, unha rapaza de Rianxo que estudia Xornalismo en Santiago. E o video está a arrasar na rede.
O video é un traballo para as clases de galego. Noelia explica: «Tiñamos que facer algo sobre o idioma e, como son de Rianxo e falo con seseo e gheada, ocorréuseme reivindicar as peculiaridades da miña zona e, de paso, defender as variantes do galego». Para iso, contou coa colaboración de varios amigos: Imo, Martin, Ana e Carlos.
Video "GHALEGHO":


25/10/14

DÍA DAS BIBLIOTECAS


A IASL, International Association of School Libraries, convoca anualmente no mes de outubro a conmemoración do Día Internacional da Biblioteca Escolar, como un xeito de facer visibles as bibliotecas nas súas comunidades educativas. 
O lema elexido en Galicia este ano é: "Biblioteca escolar... matemático!!!" coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 
Nos celebrarémolo durante toda a vindeira semana cunha exposición sobre as matemáticas na nosa biblioteca.




24/10/14

24 OUTUBRO: DÍAS DAS NACIÓNS UNIDAS


Hoxe celébrase o Día das Nacións Unidas, que marca o aniversario da entrada en vigor en 1945 (fai 69 anos) da Carta das Nacións Unidas. Coa ratificación deste documento a maioría dos que asinaron, incluídos os cinco membros permanentes do Consello de Seguridade, as Nacións Unidas entrou oficialmente en vigor. Este día leva celebrándose dende 1948.

Mensaxe do Secretario Xeral de 2014

Queridos amigos,
A labor das Nacións Unidas resulta máis necesaria que nunca nesta época de múltiples crise. A pobreza, a enfermidade, o terrorismo, a discriminación e o cambio climático estanse a cobrar un elevado prezo. Millóns de persoas seguen padecendo situacins de explotación deplorables debido a traballo servil, a trata de seres humáns, a escravitude sexual ou as condicións perigosas nas fábricas, os campos e as minas. A economía mundial segue sendo un terreo no que non todos actúan en pé de igualdade.
A fundación das Nacións Unidas constituiu un solemne compromiso coa poboación do mundo de poñer fin a eses atropelos da dignidade humana e abrir o camiño a un futuro mellor. Sufrimos reveses dolorosos, e queda moita tarefa por diante para que a visión plasmada na Carta se faga realidade, pero os  nosos logros pódennos infundir ánimos.
Os Obxectivos de Desenrrolo do Milenio das Nacións Unidas inspiraron a campaña contra a pobreza de maior éxito na historia. Os tratados das Nacións Unidas sobre a desigualdade, a tortura e o racismo protexeron ás persoas, mentras que outros acordos salvagardaron o medio ambente. O persoal de mantenimento da paz das Nacións Unidas interpúxose entre forzas hostís, os nosos mediadores resolveron controversias e os nosos traballadores humanitarios prestaron asistencia que ten salvado vidas.
Neste momento crucial, reafirmemos o noso compromiso de hacer fortes aos marxinados e os vulnerables. No día das Nacións Unidas, exhorto aos gobernos e aos particulares a que traballen conxuntamente en pro do ben común.

22/10/14

O FUTURO DOS "eBOOKS"


No décimo aniversario da aparición dos primeiros ebooks (libros electrónicos) Sony Readers, ou o séptimo do máis popular o Kindle de Amazon, parece que o futuro deste aparato está no aire despois de crer que ían a comerse o mundo fai uns anos.
Hai opinións para todos os gustos, dende os que pensan que un libro nunca poderá ser sustituído por un cacharro de plástico, ata os que din que serán os libros de peto do mundo dixital. O caso será ler...







17/10/14

17 OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA ERRADICACIÓN DA POBREZA


Este día celébrase cada ano dende 1993. Con este día, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, quere concienciar ao mundo sobre a necesidade de erradicar a pobreza e a indixencia en todos os países. Este obxectivo é un elemento fundamental do programa de desenrolo das Nacións Unidas e segue a ser o elemento central dos Obxectivos de Desenrolo do Milienio e da Axenda para o desenrolo despois do 2015.
O tema do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza de 2014 é: "Non deixar a ninguén atrás: pensar, decidir e actuar xuntos contra a pobreza extrema".
Con este lema, recoñécese e subráiase o reto esixente de identificar e asegurar a participación das persoas que viven en condicións de pobreza extrema e exclusión social, agora que a pobreza se extende cada vez máis.
A conmemoración oficial que se celebra hoxe na sede da ONU será unha ocasión para recoñecer ás persoas que viven en condicións de pobreza. Haberá tamén alí unha exposición dunha obra colectiva realizada por persoas que viven na pobreza, unha mesa redonda que tratará dos efectos desproporcionados da pobreza nas mulleres e as contibucións delas para erradicalas.
Axude ás Nacións Unidas a aumentar a conciencia sobre os avances logrados e os retos que aínda existen para as persoas que viven na pobreza. Utilice #EndPoverty para publicar a súas mensaxes sobre este día.
Outras formas de participar:
  • Aprende e axuda a compartir as infografías e videos sobre a aceleración dos Obxectivos de Desenrolo do Milenio.
  • Inscríbete en Thunderclap Disponible en inglés para respaldar ás persoas que viven na pobreza
  • Coñece ás persoas afectadas pola pobreza e comparte os seus puntos de vista na conmemoración oficial na Sede das Nacións Unidas a través do noso Webcast Disponible en inglés nun acto que será retransmitido en directo o 17 de outubro.
Para obter máis información sobre o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza e a conmemoración deste ano visite: O Día Internacional para a Erradicación da Pobreza (DAES) Disponible en inglés e Por un mundo sen miseria

16/10/14

UNHA LECTURA RECOMENDADA: "DESNUDA" DE JORDI SIERRA I FABRA


Traemos hoxe unha lectura recomendada: "DESNUDA" do autor Jordi Sierra i Fabra. Trata da violencia de xénero entre adolescentes, e máis concretamente dunha rapaza que está a vivir a súa primeira relación. Todos coinciden en que é unha novela moi dura, cortante, despoxada de adornos, poucas descripcións e moitos diálogos.
Deixámosvos con varias reseñas sobre o libro, o "booktrailer" e un fragmento dun diálogo do libro.
Enlaces a reseñas:

Aqui tedes o booktrailer:



Un fragmento dun diálogo do libro:
La musiquita rompe el silencio.
       Más bien es un silbido agudo de cinco notas.
       Marga deja el libro. En la biblioteca hay dos, tres miradas.
       Móvil. Pantalla. WhatsApp.
       “¿Dónde estás?”
       Y escribe:
       “En la biblioteca”.
       Lo deja y vuelve al libro. Ha de meterse eso en la cabeza. Estudiar, estudiar, estudiar. En casa es más difícil. En casa no lo consigue. ¿Cómo concentrarse en medio de…?
       Otra vez el aviso.
       Más miradas.
       Coge el móvil y, lo primero, elimina el sonido.
       Luego lee el nuevo mensaje.
       “¿De verdad?”
       Se siente irritada.
       Celos, celos, celos.
       Primero le gustaba. Ramiro celoso. Bien. Comía de la palma de su mano. A más amor, más celos.
       Ahora ya no está tan segura.
       ¿Tanto la quiere?
       “Pues claro. ¿Dónde quieres que esté?”
       Tercer intento de concentración, pero ahora con el ojo pendiente del teléfono, porque sabe que él insistirá.
       Ahí está.
       “Haz una foto”.
       Más irritación. El amor es posesión. ¿No debería ser liberación? No lo entiende. Cada vez es peor.
       No, no hará la foto.
       ¿Es que no la cree?
       Ese es su problema.
       No, no, no, no la hará.
       Un minuto. Dos. Tres.
       Nuevo WhatsApp.
       “¿Marga?”
       No la dejará en paz. No podrá estudiar. Es un agobio.
       Peor aún: la llamará por teléfono, y no podrá hablar si está en la biblioteca.
       Aprieta las mandíbulas y hace la foto.
       Se la manda.
       Espera.
       “Has tardado. ¿Has ido corriendo a hacerla o ya la tenías en el móvil?”.
       Siente deseos de llorar.
       Tantos mensajes, todos los días.
       Y tantas discusiones.
       “Capullo!”, escribe.
       “Guapa!”, le contesta.
       Se acabó. No le quita ojo a la pantalla y ya no hay más. Pero no consigue concentrarse en el libro. No puede. No después de la maldita foto.
       Cierra los ojos y le recuerda como era antes, o al menos como le hizo ver y creer que era.
       Tan diferente…
       Aquel primer día, en la discoteca…

16 OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN


O tema do Día Mundial da Alimentación de 2014, "Alimentar o mundo, coidar o planeta", foi elexido para promover a sensibilización sobre a agricultura familiar e os pequenos agricultores. Centra a atención mundial no importante papel da agricultura familiar na erradicación da fame e da pobreza, a consecución da seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e dos medios de vida, a ordenación dos recursos naturais, a protección do medio ambiente e o logro do desenrolo sostible, en particular nas zonas rurais.
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 2014 o "Ano Internacional da Agricultura Familiar". Esta é unha clara sinal de que a comunidade internacional recoñece a importante contribución don agricultores familiares na seguridade alimentaria mundial.

Máis información: na páxina web da FAO







15/10/14

PALABRAS EN BUSCA DUN DICIONARIO


Seguimos con dicionarios. Normalmente, imos a un dicionario para saber o significado dunha palabra que descoñecemos, nalgún caso para saber doutras palabras que significan algo semellante, ou no caso doutras linguas para coñecer as posibles traducións. Antes íamos a un libro que habitualmente era moi voluminoso ou tiñamos que escoller ben en qué tomo atoparíamos a palabra porque estaba repartido todo o vocabulario en varios libros. Agora tamén temos dicionarios no ordenador e mesmo no móbil ou na tableta.
Os dicionarios séguense a actualizar, parece que pronto aparecerá (mañá sae a edición 23ª do DRAE) o novo dicionario da Real Academia, pero miles de palabras existen ainda que non aparezan nel, como afirma Alex Grijelmo no seu artigo de "El País", "Palabras en busca de dicionario".

Estas son algunhas das que cita:
-" “Cabreante non está no Dicionario”; ainda que non estea (que non o está). Trátase dunha creación lexítima, igual que “ilusionante” ou “escuchante” (ambas as dúas entran agora) ou “murmurante” (que segue fora); formas todas elas derivadas de “cabrear”, “ilusionar”, “escuchar” e “murmurar” (y que son “participios presentes”, “participios activos” ou “adxectivos verbais”)".
- "Non estarán algunhas no Dicionario, pero sí na gramática. Porque a lingua ten recursos creativos. Si de “anónimo” deriva “anonimato”, cómo non dar validez a “seudonimato” a partires de “seudónimo”?"
- "“Pifostio” tampouco entrou no novo Dicionario, e non obtsante miles de lectores entenderán a oración “se montó un pifostio”. E no figuran igualmente “trantrán” (“ese camarero trabaja al trantrán”, é decir, sen correr demasiado, deixándose levar) ou “bocachancla”, expresión inventada para definir á persoa charlatana, indiscreta."
- "Outras palabras que seguen na súa busca de dicionario poden sorprendernos tamén desde os seus rinconcillos: “Rompesuelas” (amante do sendeirismo), “vallenato” (xénero musical colombiano), “cotolengo” (asilo), “ojiplático” (sorprendido), “analema” (fotos feitas dende un mesmo punto para reflexar o movimento do Sol), “viejuno”..."

Para saber as palabras que sí conseguiron entrar, tedes os seguintes enlaces:
-   "La Voz de Galicia".
- BioBioChile.
- Huffington Post: Curiosidades de la A a la Z de la 23ª edición del DRAE.
Test: Qué sabes do novo Dicionario?

14/10/14

GUÍA DE CÓMO USAR (BEN) UN DICIONARIO.


Todos deberíamos estar familiarizados cos dicionarios, e usalos frecuentemente. Hoxe vos deixamos un enlace a unha páxina de WikiHow para "refrescar" como se manexa un dicionario e poder exprimir ao máximo toda a información que contén, e non so dos dicionarios tradicionais senon tamén dos dixitais.

Enlace:

13/10/14

UNHA GUÍA PARA O ACCESO Á INFORMACIÓN E O TRABALLO EN GRUPO


Acercámosvos hoxe un artigo publicado na páxina web "Canal Lector" (canallector.com) en colaboración con María José Bueno Monreal, donde explica a forma en que o alumnado de Educación Secundaria pode acceder á información de internet para o seus traballos de aula. Podedes acceder directamente ao artigo en castelán AQUÍ.

Contidos básicos relacionados coa alfabetización tecnolóxica. O esquema de contidos podería ser o e seguinte:
1º CICLO DE ESO2º CICLO DE ESO
  • Realizar búsquedas por Internet.
  • Baixar ficheiros.
  • Principales navegadores.
  • Documentos dixitais: Analizar e saber elaborar páxinas Web; revistas, mapas, imáxes e videos dixitais; portais; libros electrónicos.
  • Utilización de follas de cálculo e bases de datos.
  • Coñecer e crear documentos incorporando información gráfica, textual e estadística.
  • Correo electrónico.
  • Motores de búsqueda: buscadores; directorios; metabuscadores; web semántica.
  • Transferir e comprimir ficheiros.
  • Evaluación de web e buscadores.
  • Usar funcións avanzadas de bases de datos e follas de cálculo. Crear documentos usando programas de diseño.
  • Crear un documento, coidando a presentación cun importante número de gráficos.
  • Elaborar presentacióne's multimedia con importantes números de elementos multimedia.
Partindo destes contidos mínimos –que constituirían a base para o traballo de aula con metodoloxía informacional– as fases de traballo poderían recollerse neste esquema:

GUÍA DO PROFESORGUÍA PARA O ALUMNO DE ESO
1. Definición do área de traballo o proxecto
  • Identificar a información que desexamos. Identificación de contidos de traballo.
1. Definir o tema de traballo o proxecto
  • Qué quero saber / coñecer?
  • Qué coñecimentos teño xa sobre o tema? (ideas de partida e centros de interese.)
  • Qué descoñezo do tema?
2. Identificación de fontes potenciais de información

  • Aplicaránse técnicas de lectura rápida. Primera búsqueda de información: búsqueda exhaustiva y xeneralizada de información relacionada coas liñas delimitadas no primeiro punto. Buscarase en buscadores e/ou metabuscador; directoiros,...
2. Fontes de información


  • Dónde podo atopar información sobre o tema de coñecimento?
  • Cómo logro a información?
3.- Selección de fontes
  • Primeiro tratamento da información recollida: nos aproximamos a realizar a primeira selección da información obtida en función dos criterios de selección. Aplícanse técnicas de lectura analítica. Para iso seguiremos os siguientes pasos:
3.1 Segunda lectura xeneralizada da información.
3.2 Definimos os criterios de selección en función das liñas definidas no punto 1 e según os criterios que nos definimos, tendo en conta a lectura realizada anteriormente.
3. Realizar a selección da información

  • Qué información vou recoller/ seleccionar?
  • Cáles son os criterios de selección da información?
  • A información recollida é fidedigna?
  • A información recollida está actualizada?
 4. Organizar a información

  • En función dos criterios realizamos unha primeira selección: desbotando, unindo, clasificando, gardando toda a información que desta primeira avaluación decidimos que é válida. Aplícanse as siguientes técnicas: fichas de contido, fichas de citas textuais, esquemas, e resumos da información recollida.
4. Organizar a información

  • Cómo vou recoller e rexistrar a información seleccionada?
  • Realizar síntese de información, resúmos e esquemas.
  • Realizar agrupamentos de información según descriptores.
  • Elaborar fichas de contidos.
5. Interpretación, integración e cuestionamento da información


  • Aplicaranse técnicas intelectuais de inferencia (deductiva-inductiva).
  • Presentacións parciais dos traballos. Intercambio de información mediante aa exposición ao resto dos membros do grupo de traballo y ao grupo-clase.
5. Traballo de análise
  • A información recollida responde ao tema que se definiu no punto 1?
  • Qué penso da información recollida?, qué sabemos xa?
  • Debería buscar información complementaria para aclarar o tema de estudo?
  • Tene sentido a información recollida para mín?
  • Cál é a información clave, a máis importante sobre o tema?
  • Cál é a información complementaria?
  • Qué nos aportan outros grupos ou o profesor?
  • Qué podemos aportar do noso traballo, ao resto do grupo ou ao grupo-clase?
6. Presentación e difusión do producto informativo

  • Presentar conclusións. Aprendizaxe ou internalización informativa. Aplicación de técnicas de fichas de conclusións. Modelos de difusión de contidos elaborados.
6. Realización final do traballo

  • Cómo vou  presentar e organizar a información seleccionada e o que eu creo que debo aportar, respecto ao tema en cuestión?
  • Cáles serían as conclusións máis relevantes que eu penso sobre o tema?
  • Qué contidos elaborados vou difundir?





10/10/14

AGORA SÍ: MALALA YOUSAFZAI, PREMIO NOBEL DA PAZ 2014 (XUNTO CON KALISH SATYARTHI)


Este ano sí, Malala Yousafzai, de quen xa falamos aquí en varias ocasións (enlaces: 1 e 2) ven de recibir o galardón do Premio Nobel da Paz 2014 xunto con Kalish Satyarthi. Ambos os dous activistas en favor dos dereitos dos nenos e da súa educación. Malala sufríu a violencia talibán por defender o seu dereito a ir a escola e agora convértese na máis xoven en recibir este premio. Noraboa aos dous!

Enlace: Noticia en "El País".

10 OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL


O Día Mundial da Saúde Mental conmemórase todos os 10 de outubro cunha campaña que busca concentrar a atención mundial na identificación, tratamento e prevención dalgún trastorno emocional ou de conducta. Este ano baixo o lema: "Abrindo mentes, pechando estigmas".
No 2003 centrouse nos trastornos emocionais e de conducta de nenos e adolescentes e os efectos que provocan no benestar mental e emocional dos rapaces os traumatismo e a violencia. As cifras mostran que son moitos os nenos que necesitan atención de saúde mental e que non reciben o tratamento necesario. O tratamento temperán de nenos e adolescentes pode reducir os costos da atención en anos posteriores, e tamén, os costos sociais, polos comportamentos antisociais que poidan surxir desta falta de tratamento.
Ademáis o suicidio entre os xoves é un problema de saúde mental xeneralizada e é a terceira causa de morte entre adolescentes en todo o mundo. Tamén é un problema mundial o abuso de sustancias


Enlace:

MANIFESTO DIA MUNDIAL SAÚDE MENTAL 2014

09/10/14

O FRANCÉS PATRICK MODIANO, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2014


O escritor francés Patrick Modiano (Boulogne-Billancourt, 30 xullo 1945) ven de ser premiado co Nobel de Literatura 2014, que se suma ao Gran Premio de Novel Francesa en 1972 eo Premio Goncourt en 1978. De pai, descendente de xudeos italianos que emigraron a París dende Grecia, e nai belga. É un dos narradores europeos de máis influencia, con obras tan importantes como Dora Bruner ou O café da xuventude perdida. As súas grandes novelas son cortas en páxinas pero de grande intensidade narrativa e intelectual con un relato único e valente dos peores momentos da Francia do século XX: o réxime neonazi de Vichy e a ocupación do país polos alemáns durante a II Guerra Mundial. Algunhas das súas novelas foron adaptadas ao cine.
Entre as súa principales novelas están:
- Rúa das tendas escuras.
- Os bulevares periféricos.
- A triloxía da ocupación.
- Domingos de agosto.
- O rincón dos nenos.
- As descoñecidas.


9 OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA VISIÓN


O segundo xoves do mes de outubro foi designado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como o Día Mundial da Visión. Ten como finalidade centrar a atención na cegueira, a discapacidade visual e a rehabilitación dos discapacitados visuais.
A nivel mundial, a maior prevalencia da discapacidade visual obsérvase nas persoas de máis de 50 anos. 
O Día Mundial da Visión celébrase en todo o mundo por todas as partes interesadas na prevención da discapacidade visual ou da recuperación da vista. Tamén é a actividade de promoción máis importante para impulsar a prevención da cegueira.

Máis información sobre o ollo e os problemas visuais AQUÍ.





08/10/14

"GALICIAN TUNES": A WEB DA MÚSICA GALEGA





Traémosvos hoxe o enlace a unha páxina web moi interesante: "GALICIANTUNES", o que quere decir "melodías galegas". Unha páxina para promocionar a música galega en todos os seus ámbitos: todos os artistas, grupos, estilos, festivais e a industria musical galega. O seu catálogo da acceso a más de 400 videos musicais e información sobre máis de 300 discos. Sen dúbida, unha boa maneira para coñecer e expandir as "nosas músicas". Botade unha ollada:

Enlace: 


06/10/14

PRIMEIRO LUNS DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO HÁBITAT



O Día Mundial do Hábitat celébrase anualmente o primeiro luns de outubro, en virtude da resolución 40/202, adoptada pola Asamblea Xeral en 1985.
Este ano, as Nacións Unidas elexiron o tema "VOCES DOS SUBURBIOS". Para o Día Mundial do Hábitat 2014 realizaránse campañas para recoñecer a vida nos barrios marxinais, dar voz aos habitantes dos tugurios co fin de mellorar a calidade das condicións de vida en estos lugares mediante os seguintes puntos:
- Crear maior conciencia das condicións de vida nos barrios pobres.
- Desenrolar procesos e ferramentas en definir a memoria histórica das persoas que viviron e viven nos barrios pobres.
- Demostrar, a través de historias reais, aos encargados de adoptar as decisións no ámbito urbán que os programas de mellora destes barrios poden conseguirse condicións de vida para os habitantes destes barrios,
- Compartir experiencias sobre a mellora dos barrios marxinais entre as cidades e as zonas  urbanas de todo mundo.

Enlaces a máis información:

El Día Mundial del Hábitat 2014 se centra en los barrios de tugurios


Video DÍA DO HÁBITAT 2011:

05/10/14

04/10/14

LIBROS PÓSTUMOS

Anúncianse para este outono unha serie de libros póstumos de autores que nos deixaron non fai moito... entre eles:
- Ana María Matute, "Demonios familiares".

- José Saramago, "Alabardas"

03/10/14

O USO DO VÍDEO NAS AULAS




Traemos un enlace con reflexións sobre o uso didáctico do video nas aulas e algunhas ferramentas útiles para que sexa mais doado usalo.


Videos:
- OS BLOGS NA ESCOLA:

- TABLAS ESTADÍSTICAS:


- PRESENTACIÓNS:

02/10/14

2 OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA


O Día Internacional da Non Violencia conmemórase cada 2 de outubro, o aniversario do nacemento de Mahatma Gandhi, líder do movemento de independencia da India e pioneiro da filosofía e a estratexia da non violencia.
De acordo coa resolución A/RES/61/271 da Asamblea Xeral do 15 de xuño de 2007, que establece a conmemoración. Este día é unha ocasión para "diseminar a mensaxe da non violencia, a través da educación e a conciencia pública". A resolución reafirma "a relevancia universal do principio da non violencia" e o desexo de "conseguir unha cultura de paz, tolerancia, comprensión e non violencia".
A non violencia é a maior forza á disposición da humanidade. É máis poderosa que o arma de destrucción máis poderosa concebida polo inxenio do home, según creía Ghandi.

Video ¿Qué é a paz?:




01/10/14

OS NOSOS PARABÉNS PARA NICOLÁS GONZÁLEZ GRANADOS


Dende "Arquivos" queremos dar os nosos parabéns a quen, hasta fai moi pouco, era alumno do noso instituto: NICOLÁS GONZÁLEZ GRANADOS, gran colaborador coa nosa Biblioteca e participante en todas as nosas actividades, ademáis de ter un brillante expediente académico. Os nosos parabéns por ser un dos Premios Extraordinarios de Bacharelato 2014, que ven de recibir recentemente. E cos parabéns, os nosos desexos de sorte en todo o que dende agora emprenda máis alá do noso centro.

1 OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSONAS DE IDADE



O 14 de decembro de 1990, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución 45/106, designa o 1 de outubro o Día Internacional das Persoas de Idade.


Na actualidade, case 700 millóns de persoas son maiores de 60 anos. Para 2050, as persoas de 60 anos ou máis serán 2.000 millóns, isto é, máis do 20% da poboación mundial. Con isto en mente, está claro que é necesario prestar maior atención ás necesidades particulares das persoas de idade e os problemas a que se enfrentan moitas delas. Non obstante, é igualmente importante a contribución esencial que a maioría dos homes e as mulleres de idade poden seguir faciendo ao funcionamento da sociedade se se conta coas garantías axeitadas. Os dereitos humáns están na base de todos os esforzos neste sentido.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER