A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Mahatma Gandhi


25/03/15

CONCURSOS DA SEMANA CULTURAL.

De cara á Semana Cultural adicada á Historia da Escritura, queremos proporvos unha serie de actividades-concurso, ademáis dos propostos dende o Departamento de Inglés: AQUÍ. Algúns, de feito, repítense ou son similares.

CONCURSO DE CREACIÓN DE NOVAS EMOTICONAS.
- Propoñede novas emoticonas que describan algo necesario por común nas vosas mensaxes de texto.


CONCURSO DE CREACIÓN DE NOVOS PICTOGRAMAS.
- Propoñede novos pictogramas que simbolicen lugares ou funcións necesarias para ser entendidas internacionalmente.
CONCURSO DE MONÓLOGOS 
-Escribide o voso propio monólogo e presentádevos a defendelo ante o público, ou atopade a alguén que o queira defender. O tema será "Erros na lingua". Pode ser sobre erros na ortografía, na acentuación, na pronunciación, na sintaxe etc.

CUESTIONARIO sobre as "CEN CURIOSIDADES DA LINGUA ESPAÑOLA" 
-Se mirades a exposición con atención poderedes responder ás preguntas do cuestionario que estará dispoñible ao longo da semana Cultural.

CONCURSO DE CREACIÓN LITERARIA. Tema libre
-Se vos gusta escribir, podedes presentar un conto, un poema ou un artigo de opinión sobre calquera tema. Só teredes que demostrar que sodes o autor.

CONCURSO DE LECTURA E INTERPRETACIÓN MUSICAL
-Sobre unha partitura en notación non convencional, haberá que facer unha interpretación o máis fiel e orixinal da mesma ante un xurado o xoves 23 de abril.

CONCURSO DE CALIGRAFÍA 
-Nos obradoiros que levaremos a cabo na semana cultural haberá concursos de caligrafía en escritura cuneiforme, xeroglífica, grega, latina, xaponesa, china, rusa e árabe.

BASES
Poderá participar en un ou varios concursos todo o alumnado, individualmente ou en grupo. Todos os textos e debuxos presentados han de ser orixinais e en calquera das linguas oficiais ou que son obxecto de estudo no Instituto. Haberá un premio por cada modalidade.

Entregade os traballos aos vosos titores, profesores ou a calquera dos membros do equipo de biblioteca. Data límite de entrega o mércores 22 de abril, agás no caso do cuestionario e do concurso de caligrafía nos que só se poderá participar durante a Semana Cultural do 27 ao 30 de abril.

24/03/15

CONDOLENCIAS

En recordo das víctimas do accidente do avión da compañía "Germanwings" GWI 9525 Barcelona-Düsseldorf, 
e moi especialmente, os 14 alumnos e 2 profesores do 
Joseph-König Gymnasium de Haltern an See
que regresaban dun intercambio escolar.
Por tantas veces que o alumnado do noso centro foi de intercambio a Alemania e recibimos alumnado alemán.

UN NOVO LIBRO DE ALBERT ESPINOSA


Seguro que vos sona a súa cara, é Albert Espinosa (Barcelona, 5 novembro 1973), este enxeñeiro industrial de formación, é guionista, autor teatral, escritor actor e director de cine. Aos catorce anos lle foi diagnosticado un cancro polo que lle tiveron que amputar unha perna. Sufriu metástase, o que lle fixo estar en hospitais durante 10 anos e esta experiencia vital lle serviría de inspiración para algunhas das súas obras literarias e guións de cine e series de TV, como "Pulseiras vermellas" (da Televisió de Catalunya).
Agora regresa cun novo libro "O mundo azul. Ama o teu caos", que de novo trata de cinco rapaces con enfermidades terminais. Un libro que quere ser un canto á individualidade o que nos gusta facer de verdade para ser felices.

- A súa páxina web, AQUÍ.
- Unha entrevista sobre o seu novo libro en "El País".

23/03/15

CARTEL E CONCURSOS PARA A SEMANA CULTURAL


Xa está aí a VI SEMANA CULTURAL  do noso Instituto, que será do 27 ao 30 de abril e estará dedicada ao tema "A historia da escritura". Presentámosvos un dos carteis que estamos preparando para difundila. Ademáis queremos lembrar que haberá dous concursos, un de pictogramas e outro de monólogos, cuias bases publicaremos estes días neste blog e difundiremos polas aulas.
Desde Arquivos queremos mandarvos moitos ánimos a todos, alumnado e profesorado, e estamos seguros que ao final todos os traballos estarán listos e a tempo, coma sempre.

20/03/15

HOXE: XA É PRIMAVERA E HAY UN ECLIPSE SOLAR


Xa é primavera! Disfrutade do día festivo e da nova estación. 
Co doodle que ilustra esta entrada celebra Google este día.
Hoxe haberá ademáis un eclipse solar, que según comentan, terá a súa mellor visión na península Ibérica dende A Coruña, precisamente. Ainda que haberá que tomar precaucións para vela. Deixamosvos un video que o recrea.

Video:


Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish

16/03/15

O TECLADO "QWERTY": A ESCRITURA NO SÉCULO XXI


Con motivo da nosa próxima semana cultural adicada á escritura, queremos pararnos ante algo imprescindible para escribir na actualidade: o teclado QWERTY.
A forma que temos de escribir no século XXI é maioritariamente utilizando un teclado máis que usando un boli ou outro medio de escritura. Os teclados témolos nas antiguas máquinas de escribir ou nos mais modernos e actualizados ordenadores, tabletas ou móbiles.
Moita xente se sorprende á primeira vez que se senta diante dun teclado ao ver a estraña maneira en que están distribuidas as letras e como esta orde non ten nada que ver ca alfabética.
O teclado que todos coñecemos chámase QWERTY, pero o seu nome non ven de quen o inventou senon das seis primeiras letras que aparecen dende a esquerda. A razón pola que están dispostas desta maneira débese a Christopher Sholes cando inventou a máquina de escribir en 1868.
Intentando conseguir o seu invento, colocou cada letra en orde alfabética en dúas filas, pero pronto deuse conta de que, moi a miúdo, as teclas atascábanse. Se deu conta de que isto ocurría porque algunhas teclas eran máis usadas que outras, polo que pensou en ordealas dunha forma aleatoria, xuntando letras moi utilizadas con outras de menos ou de moi pouco uso. O que fixo que fora máis fácil escribir sen que o mecanismo se atascase.
Dende entón, se teñen presentados moitos outros teclado con quizáis distribucións máis lóxicas, pero a popularidade do teclado QWERTY non foi desbancado.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

12/03/15

A BIBLIOTECA DO "RAFAEL DIESTE": ANTES E DESPOIS. (PONENCIA SOBRE A BIBLIOTECA DO "RAFAEL DIESTE" PARA AS XORNADAS DO PLAMBE, COMPOSTELA 12/MARZO/2015)

O noso instituto IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE" ven de celebrar o seu 25º aniversario. 
En todos estes anos a Biblioteca do centro foi crecendo e adaptándose conforme as necesidades do mesmo. No día en que a nosa coordinadora vai facer unha presentación, dentro das Xornadas do PLAMBE, de como foi a pequena historia da nosa Biblioteca, deixamosvos cun slide do ANTES e do DESPOIS (AGORA) da nosa biblio.


Éste é o slide coa ponencia que faremos hoxe á tarde en Santiago dirixida aos 33 centros novos do PLAMBE.


11/03/15

GONZALO MOURE NO "RAFAEL DIESTE"




Seguimos cunha grande actividade literaria esta semana no IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE", e despois da visita de Fernando Lalana onte, hoxe recibiremos a outro autor de literatura xuvenil, Gonzalo Moure, que falará para o alumnado de 1ºESO. Nacido en Valencia en 1951, estudou Ciencias Políticas en Madrid. Traballou tamén como periodista, guionista e publicista. A súa obra literaria é coñecida por tratar temas de tipo social y de relación entre adolescentes e os seus país. Ten gañados importantes premios como o Gran Angular, o Ala Delta, o Barco de Vapor.

Mais información no seu blogue.
Máis fotos da estadía de Gonzalo no "Rafael Dieste":
 


10/03/15

FERNANDO LALANA NO "RAFAEL DIESTE"


Hoxe recibiremos no IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE" a visita de novo dun escritor:, esta vez é Fernando Lalana. O alumnado de 2º e 3º da ESO será quen escoite a súa charla no Salón de Actos do centro, despois de ter lidos algún dos seus libros que temos na nosa biblioteca.

Fernando Lalana, como a última autora que nos visitou Ana Alcolea, é tamén de Zaragoza, onde naceu o 24 de febreiro de 1958, e tamén é escritor de literatura infantil e xuvenil. Pero ademáis de escritor, estudou Dereito. Xa ten recibidos moitos dos importantes galardóns literarios no ámbito da literatura infantil e xuvenil en español, como o Premio Nacional e o Cervantes Chico.   Ten publicadas máis de 120  títulos ata o ano 2014. Unha das súas novelas máis coñecidas "MORIRÁS EN CHAFARINAS" foi incluso levada ao cine.

Máis información @ FernandoLalana.com

Fernando Lalana hoxe no IES "Rafael Dieste":

08/03/15

OUTRO 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Unha vez mais recordamos que hoxe conmemoramos o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Ainda que hai que traballalo todos e cada un dos días do ano...

03/03/15

O PRIMEIRO PICASSO: O CORUÑÉS


Dende o pasado 20 de febreiro e ata o vindeiro 24 de maio, podedes ver no Museo Belas Artes de A Coruña a maior mostra realizada na historia da etapa coruñesa do pintor malagueño de fama mundial, Pablo Picasso, baixo o título de "O PRIMEIRO PICASSO".

Enlace: "O PRIMIERO PICASSO", A CORUÑA 2015. (Slide de imaxes de "La Opinión")

02/03/15

MARÍA E O SEU PAI

Miguel Gallardo é un dibuxante e historietista de cómics. E tamén pai dunha filla, María, que cumpriu agora 20 anos, que vive enganchada á música, memoriza listas interminables de nomes, come como unha leona famenta e ven de descubrir que pode dibuxar. Miguel é un pai angustiado polo futuro da súa filla, pero orgulloso do seu presente. Como todos os pais, pero un pouco distinto tamén, porque María é autista. Miguel xa tratou en cómic a relación coa súa filla autista en "María y yo", cando María tiña só 12 anos, polo que recibiu o Premio Nacional de Cómic de Catalunya e foi tamén levada ao cine. Agora en "María cumple 20 años" volve a adicarlle un cómic a vida da súa filla.
Miguel Gallardo.


Máis info: María faise maior (Artigo en "El País")

ETIQUETAS

a lingua (25) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (124) actualidade (41) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (54) baile (4) bibliotecas (78) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (4) ciencia (21) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (27) compromiso (83) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (82) efemérides (172) encontros con escritores (14) enlaces (260) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (144) fondos (1) formación de usuarios (8) formularios (1) fotografía (6) galego (6) Galicia (43) Gastronomía (1) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (41) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (14) latín (2) letras galegas (53) LIBROS (148) LibrosVivintes (3) linguas estranxeiras (8) literatura (87) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (44) MUSE (1) música (50) narrativa (40) natureza (2) Nobel (4) noticias (39) obituario (24) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (46) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (16) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (8) saúde (6) semana cultural (123) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (44) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (7) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER