A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


28/05/16

GRADUACIÓN 2016 NO "RAFAEL DIESTE"



Onte á tardiña, unha vez máis, como cada último venres de maio, despedimos á promoción de alumnado de 2ºBAC deste curso, que deixan o noso centro e encamiñan cara o seu novo futuro.
De novo, alumnado, familias e profesorado xuntáronse no Salón de Actos do veciño Conservatorio Profesional de Música de A Coruña para celebrar o seu adeus aos seus anos de educación secundaria.
Unha cerimonia elegante conducida por José Juan, con discursos por parte do noso director e de Clara Manrique, por parte do alumnado, con actuacións musicais de algúns deles.
Coma sempre, desexámoslles a todos moita sorte no seu futuro e que recorden o seus anos con nós!.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

25/05/16

ENTREGA DE PREMIOS

Cambiamos a data da entrega de premios aos pioneiros gañadores a este xoves 26 de maio, no 2º recreo na biblioteca. Esperámosvos a todos.

24/05/16

O CAZO DE LORENZO


Acercámosvos hoxe un cómic que nos acerca ao mundo da xente diferente. Un conto que por medio dunhas palabras sinxelas e unhas ilustracións tenras e divertidas nos presenta a Lorenzo, a superación dun neno con dificultades para sobrelevar o día a día. Un cómic recomendado pola FEAPS (Federación española de organizacións en favor das persoas con discapacidade intelectual). 


O Cazo de Lorenzo en video:


O Cazo de Lorenzo en película:


20/05/16

E OS PIONEIROS PREMIADOS SON...

Estes foron os pioneiros premiados polos vosos votos. 
O escrutinio deu como resultado:

- Pardo Bazán  (Ana Amigo 1ºBAC-A) 60 votos
- Beethoven (Raquel Torres 2ºESO-A e Álvaro Santiso 1ºBAC-B) 32 votos
- Homero (Lucía Barreiro 2ºBAC-B) 31 votos
- Rosalía (Laura Fernández 3ºESO-B) 29 votos
- M. Thatcher (Alumnado 1ºESO)18 votos
- A morte de Sócrates (Alumnado 2ºBAC-B: Andrea, Pablo, Raquel, Sara, Silvia) 12 votos

No concurso do obradoiro sobre Hildegarda de Bingen a gañadora foi Patricia Aldana de 4ºB.
Recordamos que o alumnado que participou no "PIONEERS CHALLENGE QUIZ" xa foron citados nunha entrada anterior AQUI.

O martes 24, no 2º recreo na biblioteca, entregaremos un agasallo aos gañadores. Noraboa a todos os participantes polo traballo e esforzo realizado. 


17/05/16

MANUEL MARÍA, LETRAS GALEGAS 2016


No Día das Letras Galegas 2016, achegámosvos a figura de Manuel María a quen se lle adica o día deste ano. Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo, 1929 - A Coruña, 2004). Poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político. 
Deixámosvos enlaces para ter máis información sobre este autor.


11/05/16

VII SEMANA CULTURAL "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS": RESPOSTAS DO "PIONEERS CHALLENGE QUIZ"

Hoxe facemos públicas as respostas das 20 preguntas do "PIONEERS CHALLENGE QUIZ". 
Lamentablemente poucos foron os que aceptaron o reto de participar e non houbo pleno ás 20.
Agradecemos os que sí o fixeron. Esperamos que en vindeiras ocasións o fagan máis.
As respostas as podedes ver na seguinte presentación:




THE PIONEERS CHALLENGE QUIZ: THE ANSWERS on PhotoPeach

E a continuación os nomes dos que participaron en orden de acertos:
- Eva Menéndez (1ºBAC-A) 17/20

- Carlos Galán (2ºESO-C) 16/20

- Jeisi Martínez (2ºESO-A) 15'5/20

- Franklin Pérez (2ºESO-A) 15/20

- Abel Pérez (2ºESO-C) 13'5/20

- Sebastián Alzate (2ºESO-B) 10'5/20

- Axel Rodríguez (2ºESO-A) 10/20

- Marcos Gabarri (2ºESO-B) 7/20

- Tamara Gantes (2ºESO-A) 6'5/20

Moitas grazas a todos eles.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

10/05/16

VII SEMANA CULTURAL "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS": OS OBRADOIROS



Repasamos nesta entrada os obradoiros que realizamos na pasada semana cultural. Foron dous:
- "SUFFRAGETTES: WHO WERE THEY?" (As Sufraxistas: quen eran?) celebrado o luns 25 e organizado polo Departamento de Inglés.
- "HILDEGARDA DE BINGEN" do que se fixeron dous pases, o venres 29, organizado polo Departamento de Música.

OBRADOIRO SOBRE AS SUFRAXISTAS.
VII CULTURAL WEEK WORKSHOPS: THE SUFFRAGETTES, WHO WERE THEY? on PhotoPeach

Neste obradoiro deuse unha visión sobre o movemento sufraxista británico de finais do século XIX e principios do XX que loitou polo dereito ao voto feminino. Coñecimos a vida da súa líder Emmerline Pankhurst, a través dun vídeo animado en inglés, as súas fotos orixinais, as súas palabras e citas e un dos seus discursos en audio. Tamén se comenta sobre o fatal accidente sufrido pola sufraxista Emily Davison, durante un acto de protesta, sendo arroiada por un cabalo na carreira de Epsom, que tamén se documenta co video orixinal do momento. Finalmente, se visionaron os trailers da película de 2015 "Sufraxistas". Todo en versión orixinal en inglés.
Entrada en inglés presentando o obradoiro @ ClickOnEnglish.

OBRADOIRO SOBRE HILDEGARDA DE BINGEN.
VII SEMANA CULTURAL: OBRADOIRO HILDEGARDA DE BINGEN on PhotoPeach


Neste segundo obradoiro, alumnado de varios grupos de música presentaron a biografía desta muller pioneira en moitos ámbitos do coñecemento: relixión, ciencia, literatura e tamén música. Interpretáronse tamén pezas musicais da propia Hildegarda. Ademáis de presentar a exposición sobre "A Física de Hildegarda" e un concurso sobre os seus estudios e descubrimentos neste eido. Contamos coa presenza da nosa propia Hildegarda, interpretada por unha alumna.

07/05/16

VII SEMANA CULTURAL "PERSONAXES PIONEIROS": A ENQUISA

A partir deste luns 9 de maio e ata o mércores 11 estará aberta a votación para elixir os seis pioneiros que máis gustaron


VII SEMANA CULTURAL "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS": AS EXPOSICIÓNS.

Hoxe mostrámosvos as exposicións preparadas para a VII Semana Cultural:

- A exposición de todos os personaxes pioneiros que logo foron aparecendo nos desfiles.
- As exposicións preparadas por os distintos departamentos didácticos:
CIENCIAS: A demostración dos volcáns.
FRANCÉS: Marie Curie, Braille, o globo aerostático, o tren, o cohete, o cine, o submarino, etc.
GALEGO: Rosalía de Castro.
HISTORIA: Cristobal Colón e as Carabelas.
INGLÉS: The Pioneer Files & The Pioneers Challenge Quiz.
MÚSICA  E CIENCIAS: Hildegarda de Bingen.

Incluímos algunhas fotos e unhas presentacións ao final da entrada::
1- Personaxes históricos pioneiros.
2- As expos dos departamentos.




Unha selección das fotos da exposición xeral de personaxes históricos pioneiros.
Departamento de CIENCIAS: demostración de volcáns.
Departamento de FRANCÉS: Marie Curie.
















Departamento de GALEGO:
Rosalía de Castro













Departamento de HISTORIA: Colón, cartografía, grabados...

















Departamento de INGLÉS:
The Pioneer Files &
The Pioneers Challenge Quiz


































Departamento de MÚSICA:
Hildegarda de Bingen.
























Slide 1:
VII SEMANA CULTURAL "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS": A EXPO on PhotoPeach


Slide 2:
VII SEMANAL CULTURAL "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS": EXPOS DEPARTAMENTOS on PhotoPeach


06/05/16

VII SEMANA CULTURAL: AMERICAN TRADITIONAL SQUARE DANCING + DEMO VOLCÁN (Venres 29-abril)



O venres foi o último día con actividades. Alumnado xunto coa súa profesora de inglés representaron un baile tradicional dos Pioneiros Americanos, "American Square Dancing". Sabedes que se entende como pioneiro norteamericano todas aquelas personas que na historia deste país emigraron dos asentamentos da costa Este a colonizar as novas áreas do Oeste. Aquí o video da actuación:      
                                                                                                                                                       

Versión en inglés sobre o American Traditional Square Dancing @ ClickOnEnglish

E tamén se repetiu a demo dos volcáns. Aquí o video: 
Video demo volcán:

05/05/16

VII SEMANA CULTURAL: A ODISEA e A MORTE DE SÓCRATES (Xoves 28-abril)

O xoves 28 de abril seguimos coas actividades no salón de actos, tocándolle o turno a unha lectura dramatizada de A Odisea e a unha breve dramatización de "A morte de Sócrates". Aquí tedes as imaxes, os vídeos e unha presentación.

VII SEMANA CULTURAL: "A ODISEA / A MORTE DE SÓCRATES" on PhotoPeach

A ODISEA







A MORTE DE SÓCRATES




04/05/16

VII SEMANA CULTURAL: DESFILE PIONEIROS II [Séculos XIX e XX] (Mércores 27-abril)


...e o mércores pasado continuamos co segundo desfile de pioneiros, aqueles que viviron nos séculos XIX e XX. Aparecendo entre eles: Schliemann, Pasteur, Rosalía de Castro, Braille, Pardo Bazán, tesla, Marie Curie,  as sufraxistas británicas, Einstein, os irmáns Lumiere, Katherine Switzer, entre outros moitos.
Presentación:
DESFILE-2: PRIONEIROS s. XIX e XX on PhotoPeach


Videos:

03/05/16

VII SEMANA CULTURAL: DESFILE DE PIONEIROS I [Séculos VIII a.C.-XVIII] (Martes 26-abril)



Fai exactamente unha semana hoxe, o noso salón de actos enchíase de personaxes históricos pioneiros dos séculos VIII a.C. ata o século XVIII. E polo escenario pasaron Homero, Safo, Aristóteles, Cleopatra, Hildegarda von Bingen, Leonardo Da Vinci, Cervantes, Mozart e Beethoven, entre outros moitos. Aquí unha selección de fotos recollidas nesta presentación que incluímos e videos do acto.

Presentación:
DESFILE 1: PIONEIROS s.VIII a.C - s.XVIII on PhotoPeach

Videos:

02/05/16

VII SEMANAL CULTURAL: "A ESCOLA DE ATENAS" (Luns 25-abril)




 



Mostramos hoxe as fotos e o video da actividade realizada o pasado luns 25 de abril dentro da nosa VII Semana Cultural "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS". Foi a representación adicada á Escola de Atenas, representada polo alumnado do grupo 1ºBAC-A xunto coa súa profesora de Filosofía. Aquí una presentación:

VII SEMANA CULTURAL: "A ESCOLA DE ATENAS" on PhotoPeach

Aquí incluímos a obra pictórica orixinal do pintor italiano Rafael Sanzio, que o noso alumnado representaba "en vivo":

Aquí de novo a pintura coa anotación do nome de cada personaxe: (Según aparece na Wikipedia) 
A identidade dalgúns dos filósofos (como Platón ou Aristóteles) está clara, pero algúns estudiosos non coinciden noutros casos. Identifícanse xeralmente así:
1: Zenón de Citio ou Zenón de Elea – 2: Epicuro – 3: Federico II Gonzaga – 4: Boecio ou Anaximandro ou Empédocles – 5: Averroes – 6: Pitágoras– 7: Alcibíades ou Alejandro Magno – 8: Antístenes ou Jenofonte – 9: Hipatia (pintada como Margherita ou o mozo Francesco Maria della Rovere) – 10: Esquines ou Xenofonte – 11: Parménides – 12: Sócrates – 13: Heráclito (pintado como Miguel Ángel) – 14: Platón sostenendo o Timeo (pintado como Leonardo da Vinci) – 15: Aristóteles sostenendo a Ética – 16: Diógenes de Sinope – 17: Plotino – 18: Euclides ou Arquímedes xunto a un grupo de estudantes (pintado como Bramante) – 19: Estrabón ou Zoroastro? – 20: Claudio Ptolomeo – R: Apeles como Rafael – 21:Protógenes como O Sodoma
+ info


Video do acto no noso centro:


Versión inglesa desta entrada @ ClickOnEnglish (+ video sobre a obra pictórica con unha descripción detallada en inglés)

01/05/16

VII SEMANA CULTURAL "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS": SAÍMOS CON FOTO NO XORNAL

Aqui estades na Voz de Galicia todos os que o pasado martes participastes no primeiro desfile de pioneiros.


E aquí os participantes do mércores no segundo desfile de pioneiros.


A partir de mañá luns, comezaremos a publicar as fotos e os vídeos das actividades desenvolvidas na Semana Cultural. Sabemos que estades impacientes por ver as imaxes pero tamén hai que descansar un pouco, non si? Paciencia que todo chegará.


ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (5) actividadeBiblio (104) actualidade (35) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (48) baile (4) bibliotecas (67) bioloxía (5) cartel (5) centenario (16) certames (11) cidades (3) ciencia (19) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (80) concursos (38) conferencia (9) congresos (5) contacontos (7) Cosmos (27) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (3) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (168) encontros con escritores (13) enlaces (235) enquisas (7) ensaios (1) entrevista (1) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (48) expresión oral (2) familia (5) familias (3) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (138) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (3) Galicia (39) graduación (3) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (61) humor (19) ilustración (8) inglés (37) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (46) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) mitoloxía (7) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (41) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (120) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (41) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (2) videos (23) vídeos (65) violencia de xénero (7) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (2) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER