28/10/16

(SEGUIDE ÁS ARAÑAS E...) DISFRUTADE DO...


A Exposición do Terror na BiblioDieste:
Seguindo as arañas...

...chegaredes á Exposición de Libros de Terror que estará durante todo o mes de Novembro na BiblioDieste:

26/10/16

XULGANDO O SISTEMA EDUCATIVO


No día das folgas en contra das reválidas da LOMCE, un video para a reflexión sobre o enfoque da educación nun mundo tan cambiante como o actual. E de paso para practicar un pouco de inglés...

24/10/16

BIBLIOTECAS DO MUNDO NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Biblioteca Abadía de Admont (Austria)


No Día das Bibliotecas, queremos visitar algunhas das bibliotecas máis impresionantes do mundo aínda que so sexa fotográficamente. Acompáñasnos?

Biblioteca Abadía Sant Gall (Suiza)
Biblioteca George Peabody, Baltimore (EEUU)
Biblioteca Interuniversitaria de A Sorbona, París (Francia)
Biblioteca do Mosteiro de O Escorial, Madrid (España)
Biblioteca do Pazo Nacional de Mafra (Portugal)
Biblioteca Pública de Nova York (EEUU)
Biblioteca Nacional da República Checa, Praga
Biblioteca Municipal de Stuttgart (Alemania)
Biblioteca do Trinity College, Dublín (Irlanda)







21/10/16

SAMAÍN 2016 @ BIBLIODIESTE


Este ano imos celebrar o Samaín na nosa biblioteca. A partir do luns 24 abriremos a EXPO-SAMAÍN cunha exposición de pelis e libros de terror, medo, misterio e lendas celtas.

O vindeiro venres 28 de outubro haberá unha actividade de contacontos relacionadas coa data para o alumnado do primeiro ciclo da ESO.

- Contacontos en inglés pola nosa auxiliar de conversa Laura Oxenreiter, quen falará ao alumnado de 1ºESO sobre a orixen da tradición do HALLOWEEN e nos contará un conto tradicional desta época do ano: "THE LEGEND OF SLEEPY HOLLOW"
Terán lugar na Biblioteca no seguinte horario:
1ºESO-B na segunda sesión ás 9:20h
1ºESO-D na terceira sesión ás 10:30h
1ºESO-A na cuarta sesión ás 11:20h
1ºESO-C na sexta sesión ás 13:20h

- Contacontos en galego por distintos alumn@s do centro para o alumnado de 2ºESO do conto "A LOBA" do libro de Xavier Docampo: "CANDO PETAN NA PORTA". 
Terán lugar no aula de Debuxo no seguinte horario:
2ºESO-C na primeira sesión ás 8:30 (Lendo: Ana Amigo)
2ºESO-D na segunda sesión ás 9:20h (Laura Fernández)
2ºESO-B na terceira sesión ás 10:30 (Miguel Alcalde)
2ºESO-A na cuarta sesión ás 11:20h (Ana García)

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

O Samain na BiblioDieste, entrade a ver...

Preparando a biblioteca para o Samaín:

17/10/16

17-O: DÍA DAS ESCRITORAS


Cando aumentan as criticas porque ningún dos premios Nobel de este ano é unha muller, e cando se ve que a porcentaxe de premiadas é ínfima en relación co total: 
- O premio máis importante da literatura en lingua castellán, o Premio Cervantes, só se concedeu en catro décadas, dende a súa institución en 1976 ata 2016 a 4 mulleres: 
María Zambrano (1988), Dulce María Loynaz (1992) Ana María Matute (2010) y Elena Poniatowska (2013) frente a 37 homes. 
- O Premio Nobel de Literatura dende a súa creación en 1901 ata 2016 premiou a 16 mulleres frente a 99 homes.
Hoxe hai un novo día que celebrar: O Día das Escritoras, celebración impulsada pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas e a Asociciación Clásica e Modernas para a Igualdade de Xénero na Cultura. Esta conmemoración estréase hoxe, será anual, o lunes seguinte á festividade de Santa Teresa (o 15-O). 
Para esta edición de 2016 seleccionáronse textos de 30 escritoras nas distintas linguas oficiais do Estado (Catalán, Castelán, Euskera e Galego) que soarán nas voces dun grupo de mulleres e homes "escritores en activo" no Auditorio da BNE ás 19:00h.
Os organizadores deste día queren expandi este Día das Escritoras para que todas as bibliotecas do país se unan.

17-O: DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA POBREZA







Tema 2016: Da humillación e a exclusión á participación: Poñer fin á pobreza en todas as súas formas


O obxectivo das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Sostible de «poñer fin á pobreza en todas as súas formas en todo el mundo» recoñece explícitamente que este é o resultado non da falla dunha soa cousa, senon de moitos diferentes factores interrelacionados.
Isto significa que para entender completamente a pobreza no seus múltiples dimensións, debemos ir máis alá de observala como a falla de ingresos ou o que se necesita para o benestar material, como a alimentación, a vivenda, a terra e outros activos.
O tema de este ano, seleccionado en consulta cos activistas, a sociedade civil e as organizacións non gubernamentais, destaca o importante que é recoñecer e hacer frente á humillación e a exclusión que sofren as persoas que viven na pobreza.
Outro día de concienciación instaurado polas Nacións Unidas que foi recoñecido en 1992  e celebrado cada ano dende 1993, ainda que a primeira celebración foi en 1987 en París cando máis de 100.000 persoas se reuniron no Trocadero a favor dos Dereitos Humáns e a libertade en honor das víctimas da pobreza, a fame, a violencia e o medo. 

16/10/16

16-O: DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN.


O CLIMA ESTÁ A CAMBIAR. A ALIMENTACIÓN E A AGRICULTURA TAMÉN.


Este é o lema deste Día Mundial da Alimentación que se celebra hoxe, como cada 16 de outubro dende 1979, cando foi instaurado pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación (FAO) e dende 1981 decidiu centrarse nun tema cada ano. 
AñoCausa
2016El clima está a cambiar. A alimentación e a agricultura tamén
2015“Protección social e agricultura para rachar co ciclo da pobreza rural”
2014Agricultura Familiar: “Alimentar ao mundo, coidar o planeta”
2013Sistemas alimentarios sostibles para a seguridade alimentaria e a nutrición
2012As cooperativas agrícolas alimentan ao mundo
2011Precios dos alimentos: da crise á estabilidade
2010Unidos contra a Fame
2009Conseguir a seguridad alimentaria en época de crise
2008"A Seguridad Alimentaria Mundial: o desafío del cambio climático e da bioenerxía"
2007Dereito á alimentación 
2006Invertir na agricultura para lograr a seguridade alimentaria 
2005Agricultura e diálogo de culturas 
2004A biodiversidade ao servicio da seguridade alimentaria
2003Traballar unidos en prol da Alianza Internacional contra a Fame 
2002A auga: fonte de seguridade alimentaria
2001Combatir a fame para reducir a pobreza
2000Un milenio sen fame 
1999A xuventude contra a fame 
1998A mujer nutre ao mundo 
1997Invertir na seguridade alimentaria 
1996Loita contra a fame e a malnutrición 
1995Alimentos para todos 
1994A auga xerme de vida 
1993A diversidade da natureza: un patrimonio valioso 
1992Alimentación e nutrición
1991A árbore, fonte de vida 
1990Alimentos para o futuro
1989Alimentación e medio ambente
1988A xuventude rural
1987Os pequenos agricultores
1986Os pescadores e as súas comunidades 
1985Pobreza rural
1984A muller na agricultura
1983A seguridade alimentaria
1982A alimentación: dereito prioritario
1981A alimentación: dereito prioritario
A súa finalidade é concienciar ós pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. O Día coincide coa data de fundación da FAO en 1945.
Segundo a FAO, a cifra de famentos no mundo no ano 2008 podía estimarse en case mil millóns de persoas.

O clima está a cambiar. A alimentación e a agricultura tamén

Uno dos maiores problemas relacionados co cambio climático é a seguridade alimentaria. As personas máis pobres do mundo, -moitas das cales son agricultores, pescadores e pastores-, están sendo os máis afectados polas altas temperaturas e o aumento da frecuencia de desastres relacionados co clima.
Ao mesmo tempo, a poboación mundial crece de maneira constante y se espera que chegue a 9 600 millóns de persoas en 2050. Para cubrir unha demanda tan grande, os sistemas agrícolas e alimentarios terán que adaptarse aos efectos adversos do cambio climático y facerse máis resilientes, productivos e sostibles. É a única maneira de que podamos garantizar o benestar dos ecosistemas e da poboación rural e reducir as emisións.
Cultivar alimentos de maneira sostible significa adoptar prácticas que producen máis con menos na mesma superficie da terra e usar os recursos naturais de forma xuiciosa. Significa tamén reducir a perda de alimentos antes da fase do producto final ou venta ao por menor a través dunha serie de iniciativas, que inclúen unha mellor recolección, almacenamento, embalaxe, transporte, infraestructuras e mecanismos de mercado, así como marcos institucionais e legais. Por eso, a nosa mensaxe global para o Día Mundial da Alimentación 2016 é “O clima está a cambiar. A alimentación e a agricultura tamén”.
A mensaxe reflicte o momento crucial no que se produce a celebración, xusto antes da próxima Conferencia sobre o Cambio Climático da ONU, COP 22, do 7 ao 18 de novembro de 2016 en Marrakech, Marrocos.
A FAO fai un chamamento aos países para abordar a alimentación e a agricultura no seus plans de acción climática e invertir máis no desenvolvemento do rural.
Fortalecendo a resilencia dos pequenos agricultores, podemos garantir a seguridade alimentaria dunha poboación do planeta cada vez máis famenta á vez que se reducen as emisións.

Comida acorde co clima [El País]

13/10/16

DOUS PREMIOS NOBEL DE LITERATURA: 2016, BOB DYLAN. 1997, DARÍO FO.


Así que Bob Dylan é o Premio Nobel de Literatura 2016 "por ter creado novas expresións poéticas dentro da gran tradición da canción norteamericana". Debe ser o único Premio Nobel de Literatura que canta... e ademáis ten un Óscar, un Príncipe de Asturias, dez Grammies e un Pulitzer.  Parabéns!

+info: Bob Dylan.

Video TOP 10 das cancións de Bob Dylan's:



Concédeselle a Dylan o premio o mesmo día que sabemos da morte doutro Nóbel de Literatura: o italiano Darío Fo, galardonado en 1997. Actor, director e escritor de teatro italiano. As súas obras de teatro son de tipo cómico-satírico. Coñecido polos seus compromisos políticos, Dario Fo é un dos dramaturgos italianos máis representados no mundo.



Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

11/10/16

11-O: DÍA INTERNACIONAL DA RAPAZA


Outro día internacional no calendario para concienciarnos dalgunha situación de desigualdade. Hoxe 11 de outubro celébrase o Día Internacional da Rapaza. Nas infografías que aparecen máis abaixo podedes ver datos da situación real das rapazas na sociedade actual.










 

Tema 2016: «Igualdade das rapazas = Logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: Datos sobre a situación mundial das rapazas»

10/10/16

O COSMOS: UN TEMA PARA UNHA SEMANA CULTURAL


Este curso celebraremos xa a oitava semana cultural. 
O tema xa está elexido: 
"O COSMOS"
As datas xa están decididas: 
do 3 ao 7 de abril. 
Cada Departamento didáctico está vendo e recopilando ideas de cómo pode traballar o tema. E dende ArquivosDoTrasno iremos informando e mostraremos todos os traballos e actividades nesa semana.

Agora podedes aportar ideas...

Versión en inglés de esta entrada @ ClickOnEnglish.

07/10/16

A XOGAR!... PODEDES ADIVINAR OS NOMES DE TODOS ESTES ACTORES/ACTRICES?

Un xogo para divertirse nesta ponte festiva na nosa cidade... 
Un pouco de diversión e de práctica en inglés...
Intentade adivinar os nomes completos dos actores e actrices polas equivalencias en inglés ou castelán de cada un dos dibuxos?

- Nicolas...
- Kevin...
- Bruce...
- Denzel...
- Elijah...
- Halle...
- John...
- Megan...
- Jeff...
- Matt...
- Russell...
- Keanu...
- Steven....
- Sharon...
- Gary...
- ... Li
- Harrison...
- Bruce...
-  Anthony...
- Johnny...
- Jack...
- Betty...
- Joaquin...
- Morgan...
- Michael J. ...
- Brad...
- ... Williams
- Sean...
- Glen...
- Vin...
- Robert...
- Benicio del...
- Jean...
- ... Gooding Jr.
- Wynona...
- Chris...
- Jackie...
- Antonio...

Podedes nomealos todos?
Intentádeo...

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

06/10/16

BIBLIOTECA ESCOLAR: TERRITORIO DAS ARTES


Este curso o lema e cartel da campaña de Bibliotecas Escolares 2016, cambia das exploracións do curso pasado (B.E.2015: Base de Exploracións) ás artes: BIBLIOTECA ESCOLAR, TERRITORIO DAS ARTES.
A ilustración do cartel é de Minia Regos, quen convida aos lectores a achegarse ao mundo das artes e experimentar o pracer de expresarse por medio da música, a pintura, a arquitectura, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, vídeo, videoxogos).
Por iso, dende a nos biblioteca queremos facer o TOP 10 das artes. E para conseguilo temos aquí esta enquisa. É importante que participedes nela, dende as titorías.

A BIBLIOTECA, O TERRITORIO DAS ARTES
AXÚDANOS A CREAR O TOP 10 DAS ARTES!

Axúdanos a entender mellor a xente nova. Dinos o que máis che gusta para que poidamos elaborar un ranking cos vosos gustos: 

1. Cal é o teu libro favorito? a. Actual: b. Clásico

2. Cal é o teu cómic, novela gráfica ou manga favorito? 

3. Cal é a túa canción favorita? a. Actual: b. Dos 70, 80 ou 90: c. Clásica

4. Cal é a túa película favorita? a. Actual: b. Clásica

5. Cal é o teu estilo de danza favorito? 

6. Cal é a túa escultura favorita? 

7. Cal é o teu cadro favorito? 

8. Cal é a túa obra de teatro favorita? 

9. Cal é a túa obra arquitectónica favorita? 

10. Cal é a túa fotografía artística favorita?


PREGUNTAS PARA VALENTES. ATRÉVETE!

1. Cómic ou manga? 

2. Marvel ou DC? 

3. Poesía ou prosa? 

4. "O Señor dos Aneis" ou "Xogo de Tronos"? 

5. "Crepúsculo" ou "50 Sombras de Grey"? 

6. "Star Wars" ou "Star Trek"? 

7. Cine ou teatro? 

8. Fotografía ou vídeo? 

9. Vinilo ou CD?

10. AC/DC ou Gemeliers? 

11. Twerking ou ballet? 

12. Flamenco ou baile galego?

Na nosa biblioteca temos unha exposición con documentos das diferentes artes: pintura, música, cómic, manga, fotografía, arquitectura, danza, teatro, literatura, escultura, cine e documental. Ven botarlle unha ollada! Se levas en préstamo algún documento exposto recibirás como agasallo o novo marcapáxinas da biblioteca.

05/10/16

5-O: DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES


Un ano máis, cada 5 de outubro, celébrase o Día Mundial dos Docentes.

Hoxe para celebralo recopilamos unha serie de frases que reflexionan sobre a docencia...

E uns videos: un, donde todo o mundo opina de cómo deberíamos ensinar. Outro de agradecemento aos profes.

Feliz día a toda á comunidade escolar!

Frases reflexionando sobre a docencia:
"Cos meus maestros aprendín moito,; cos meus colegas, máis, cos meus alumnos ainda máis". (Proverbio hindú)

"Elexín educar, para formar persoas íntegras". (Celia Bravo, profesora)

"A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo". (Nelson Mandela)

"Un recorda con aprecio aos maestros brillantes, pero con gratitude aos que tocaron os nosos sentimentos". (Carl Gustav Jung)

"A mente que se abre a unha nova idea, xamais volverá ao seu tamaño orixinal". (Albert Einstein)

"Os mellores profesores son aqueles que saben transformarse en pontes, e que convidan aos seus discípulos a franquealos". (Nikos Kazantzakis)

"Mestre é aquel que fai soñar ao seus alumnos en facer posible o imposible". (Miguel Ángel Cornejo)

Video "Debería...":


Video: "Grazas":



04/10/16

ANIVERSARIO DO CALENDARIO GREGORIANO


Se entrades hoxe en Google a buscar calquer cousa, atoparédesvos coa primeira das imaxes en lugar do nome do buscador. Como sempre, están conmemorando algo: hoxe é o 434º aniversario da introducción do Calendario Gregoriano.
Un calendario de orixe europea que actualmente ainda seguimos a utilizar en Europa, as súas antigas colonias e en boa parte do resto do mundo. Recibe este nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, e substituíu en 1582 ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.C.

02/10/16

DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA 2016: "É A ÚNICA SAÍDA"


“A Non-violencia é a única salida” (lacomunidadmundial.org)
No ano 2007 a Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) instaurou o 2 de outubro como “Día Internacional da Non Violencia”.
Este 2 de outubro de 2016 atopa ao noso mundo sumerxido nun proceso de crisis, violencia e desestructuración crecente.
Ningunha rexión, ningún país, ningún grupo ou persoa escapa a esta situación. A escalada de sufrimento e violencia exprésase de diferentes maneiras, dende as máis aberrantes e crueis ata as máis ocultas e sutís.
Problemas de fame, guerras e conflictos bélicos, millóns de refuxiados abandoados polos países, ameaza nuclear permanente, guerras culturais e étnicas, crisis financieiras, explotación económica, desocupación crecente e ameazas de todo tipo parecen multiplicarse en todos os rincóns do planeta.
Ao mesmo tempo a violencia e o sufrimento invaden tamén aceleradamente a interioridade do ser humán mergullándoo na desesperanza e o sen-sentido da vida e xerando un aumento crecente das enfermidades mentais, a violencia persoal, a locura, o aillamento, a incomunicación e o suicidio.
É falso e ilusorio imaxinar que estes graves problemas se resolverán soamente gracias á acción dos gobernos ou dende os sectores do actual poder mundial que xeneran as crises. É necesaria a reflexión e a acción decidida das organizaciones e persoas comúns que desexan vivir nun mundo mellor.
Cada día multiplícanse as expresións de quen loitan por transformar un sistema social violento e inhuman: movilizacións solidarias de axuda aos refuxiados, movilizacións anti-bélicas en Europa, América e Asia; movilizacións de “indignados” que se opoñen en todos os casos ao sistema económico inhumán que os gobierna; as masivas movilizacións non-violentas das novas xeracións en reclamo dunha mellor educación e de xusticia social; todo esto sumado ás multitudes de actividades que desenvolven humanistas en todo o planeta, nos seus barrios, universidades e centros de traballo.
A sensibilidade non-violenta faise sentir nos plantexamentos de moitas organizacións e persoasHoxe máis que nunca, mentras recordamos o 2 de Outubro como Día Internacional da Non-Violencia, queremos repetir a proclama máis importante do momento, que nos di: “A Non-violencia é a única saída”.
A “non-violencia” é: non-violencia física, non-violencia económica, non-violencia relixiosa, non-violencia racial e non-violencia psicolóxica.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER