A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


30/11/16

EDUARDO MENDOZA, PREMIO CERVANTES 2016


Hoxe soupemos que o Premio Cervantes 2016 lle foi concedido ao escritor Eduardo Mendoza. Así que queremos recordalo aquí, como sempre facemos cos premios literarios, e incluír información sobre él.

+ info: a súa biografía en galego na WIKIPEDIA.
a noticia na prensa dixital:

29/11/16

EXPOSICIÓN SOBRE A PREHISTORIA. (4ª SEMANA)

Mario, Roi, Jordi (1ESO-C)
Iago López, Marcos Rgez, Gabriel Aldrey (1ºESO-A)
Daniel Pérez, José e Ian
Yasmine, Rocío, Nuria, Bea

Presentámosvos xa a cuarta remesa de traballos sobre a Prehistoria, máis compañeiros nosos de 1ºESO en traballos feitos nas clases de SOCIAIS coa profesora LUISA BLANCO.

25/11/16

25-N: DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA CARA Á MULLER


Mural feito polo alumnado de Debuxo de 1ºESO do noso instituto nas clases da profesora Isabel Viñuela

¿Por qué este Día internacional?

Debido a que:
  • A violencia contra da mujer é unha violación dos dereitos humáns.
  • A violencia contra da muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto nas leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
  • A violencia contra da mujer afecta e impide o avance en moitas áreas, incluidas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
  • A violencia contra das mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
  • A violencia contra da muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.
Unha das principais dificultades para previr e poñer fin á violencia contra das mulleres e as nenas en todo o mundo é a marcada insuficiencia de fondos, que determina que os recursos para estas iniciativas sexan sumamente escasos. Existen marcos moi promisorios, como os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que inclúen a meta específica de poñer fin á violencia contra das mulleres e as nenas; non obstante, requiren un financiamento suficiente para producir cambios concretos e significativos na vida das mulleres e as niñas.
Desde o 25 de novembro ao 10 de dicembro, Día dos Dereitos Humáns, a campaña 16 días de activismo contra da violencia de xénero ten por obxectivo sensibilizar e movilizar ao público en todo o mundo para conseguir un cambio. Este ano, a campaña do Secretario Xeral ÚNETE para poñer fin á violencia contra da Muller  invita a «pintar o mundo de naranxa», usando así o color elexido por esta campaña como símbolo dun futuro máis brillante sen violencia. 


22/11/16

EXPOSICIÓN SOBRE A PREHISTORIA @ BIBLIODIESTE (3ª SEMANA)

Carlos Iglesias, Izán Moras, Eusebio Uribarri e Daniel López (1ºESO-A)
Iria Reboredo e Samuel Casal (1ºESO-C)
Martina Lorenzo, Alejandra Riz e Candela Bermúdez (1ºESO-B)
Sandra Bello e Claudia Redondo (1ºESO-D)
Autor descoñecido

Por terceira vez, renovamos a exposición sobre a prehistoria. Aquí están novos traballos para esta semana do alumnado de 1ºESO das clases de Sociais coa profesora Luisa Blanco.

17/11/16

DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA


Hoxe conmemórase o Día Mundial da Filosofía. Europapress e a Cadena SER recopilaron algunhas das mellores frases de filósofos para que reflexionemos...

Pódedes acceder dende aquí ás recopiladas por Europapress: 

Aquí as recollidas pola Cadena SER (Acceder ao sitio: CadenaSER)

  • Penso, logo existo (Cogito, ergo sum)René Descartes.
  • Son o home vivo máis sabio, porque sei unha cousa, e é que non sei nada. Sócrates.
  • Homo Homini Lupus (O home é un lobo para o home). Orixinal do latino Plauto e popularizada por Thomas Hobbes
  • A relixión é o opio dos pobos. Karl Marx.
  • Un é dono do que cala e escravo do que fala. Sigmund Freud.
  • O sabio non di nunca todo o que pensa, pero sempre pensa todo o que di. Arístóteles.
  • A maior declaración de amor é a que non se fai; o home que sente moito, fala pouco. Platón.
  •  A medida do amor é amar sen medida. San Agustín.
  •  A vida é moi simple, pero insistimos en facela complicada. Confuccio.
  • O home é a medida de todas as cousas. Protágoras.

E a conclusión...


  • Non se pode decir nada tan absurdo como para que non se tivera dito por algún filósofoCicerón

16/11/16

16-N: DÍA INTERNACIONAL DA TOLERANCIA.

Hoxe é outro día internacional. O da Tolerancia. Nun mundo que parece dirixirse máis ao contrario, a ser pouco tolerantes cas diferencias. Non ven mal pararse a pensar un pouco sobre o tema.

15/11/16

EXPOSICIÓN SOBRE A PREHISTORIA @ BIBLIODIESTE (2ª SEMANA)

Amelia Martínez e Lucía Fernández (1ºESO-C)
Diego Camba, Román Feal e Sergio Fernández (1ºESO-A)
Emma Lyss Casais e Miriam Sobrado (1ºESO-C)
Hugo Suárez e Daniel Valeiro (1ºESO-D)
Miguel Caamaño e Antón Vilares (1ºESO-C)
Pablo Seoane, Sara Docampo e Sergio Cagide (1ºESO-B)
Ánxela Fernández (1ºESO-D)
Uxía García (1ºESO-D)
Ánxela e Uxía.

Xa renovamos a exposición sobre a prehistoria, empezamos a segunda semana cun cambio nos traballos expostos. Son doutros compañeiros de 1ºESO, segue a ser alumnado da profesora de sociais Luisa Blanco.

14/11/16

SOBRE CURRÍCULOS

Deixámosvos un enlace a un artigo de Guadalupe Jover, profesora de educación secundaria, que reflexiona sobre a ensinanza, cómo é e cómo debera ser.

Aparecido na página web "El Diario de la Educación".





11/11/16

LOITO NA CULTURA: NIEVA E COHEN

Unha xornada moi triste para a cultura cando hai que anunciar a morte de dúas figuras importantes neste ámbito.
Francisco Nieva (91) dramaturgo, escenógrafo, director de escea (de ópera, zarzuela e ballet), narrador, ensaísta e dibuxante. + info: [Francisco Nieva @ wikipedia]
Leonard Cohen (82) cantautor e poeta canadiense. + info: [Leonard Cohen @ wikipedia]

Deixamos un video de Leonard en tributo aos dous artistas:
Video "HALLELUJAH", Leonard Cohen:




DÍA DAS LIBRERÍAS


Por sexto ano consecutivo, as librerías de toda España celebran o DÍA DAS LIBRERÍAS, unha festa coa que queren recordar que un libro é sempre unha excelente compra e que o mellor lugar para facelo é, sen dúbida, nunha librería.

Ademáis, hoxe, miles de libreiros agardan para que atopemos ese libro que aínda non sabes que buscas. Abren cun horario máis extenso, con descontos e actividades. 
Por qué non visitas hoxe unha?

ARTURO PÉREZ REVERTE NO ÁGORA

Onte á tarde, o escritor e xornalista Arturo Pérez Reverte presentou no Ágora a súa última novela "FALCÓ". 
Inaugurando ás Xornadas anuais de Escritores para o Profesorado que organiza o CEFORE. 
Alí falou deste último libro seu, pero tamén de cómo traballa na confección dunha novela, das súas experiencias como reporteiro de guerra e da condición humana en xeral ante un auditorio cheo.

A novela xira en torno a Lorenzo Falcó, un extraficante convertido en espía que traballa para os servicios de información, na convulsa Europa dos anos 30-40 do século XX. É un tipo amoral, guapo, elegante, mullereiro que se move ben tanto nos ambientes luxosos de hoteis e balnearios como polos sórdidos de Estambul, os Balcáns, África e a España da Guerra Civil. Hai espías, loitas de poder, traicións, violencia... e ata un protagonista galego, de Betanzos, o Almirante.



+info:
Entrevista a Arturo Pérez reverte onte na prensa local:

10/11/16

10-N: DÍA MUNDIAL DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO

Outra data das Nacións Unidas para a reflexión: hoxe é o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento.

A ciencia será esencial para alcanzar moitos dos obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e, polo tanto, para asegurar un futuro sostible. O Informe sobre a Ciencia da UNESCO é unha das ferramentas que os países poden utilizar para controlar o progreso hacia os obxectivos da Axenda 2030. Cada cinco anos, analiza as tendencias emerxentes na ciencia, a tecnoloxía, a política de innovación e a gobernanza. A última edición se presentará no Día Mundial de la Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento hoxe. A mensaxe clave do informe pódese resumir en catro palabras: máis investigación - mellor deenvolvemento.
+ info:
- Wikipedia.
- Nacións Unidas.

09/11/16

DA CIENCIA FICCIÓN Á VIDA REAL...


A literatura e o cine anticiparon moitos dos inventos tecnolóxicos e científicos que logo foron materializándose á vida real. A ciencia ficción é un xénero que bebe de forma moi importante da imaxinación. A infografía superior mostra cales foron estes avances e comparan a data cando foron imaxinados nunha historia e na que finalmente viron a luz na realidade.
A próxima década verá a culminación destes avances tecnolóxicos e fai uns días un artigo dun xornal "DOCE INVENTOS QUE XA EXISTEN E QUE VAN CAMBIAR A NOSA VIDA" (El País), recopilaba os inventos máis revolucionarios e que transformarán as nosas vidas moi pronto.
No artigo cítanse:
- Tecnoloxía do cerebro: implantes neuronales para mellorar a vida das persoas con discapacidades.
- Impresoras 3D: aproximándose ao teletransporte.
- CRISPR, un invento da natureza: a edición genómica poderá erradicar enfermedades hereditarias non so para un paciente senon que tambén para os seus descendentes.
- Coches autónomos cun piloto automático: coches autoconducidos 99% seguros.ç
- Grafeno, o material divino, máis resistente pero flexible.
- Computación afectiva: robots con emocións.
- Os outros mundos da realidade virtual aplicados non só aos xogos, pero tamén ao mundo laboral.
- As baterías, acumuladores de enerxía.
- Agricultura de precisión: mellorar o rendimento das colleitas e as necesidades reais.
- SIRI ou os asistentes personais virtuais.
- Encriptación biométrica: rasgos biolóxicos únicos para a nosa identificación persoal.
- Robots quirúrgicos: ciruxiáns androides.
Se ledes o artigo e os enlaces dos diferentes inventos, poderedes atopar algunhas referencias literarias ou cinematográficas de algúns inventos que agora son cada vez máis unha realidade.



08/11/16

EXPOSICIÓN SOBRE A PREHISTORIA @ BIBLIODIESTE (1ª SEMANA)

Iago Rego e Adrián Tinaquero (1ºESO-B) O enterramento da Idade dos Metais
Duna Carballal e Noa Fiunza (1ºESO-C) Poboación da Idade de Bronce
Nicolás Ortega, Franco Mariño e Gabriel Jourdes (1ºESO-C)
Elisa Martínez, Laura González, Carla Rivadulla, Noa Soto e Xoel Rodríguez (1ºESO-D)
Iago Rego (1ºESO-B)

Dende esta semana, engadimos unha nova exposición á nosa biblioteca. Esta vez son traballos dos nosos compañeiros de 1ºESO sobre a prehistoria, que se realizaron na asignatura de Sociais, nas clases da profesora Luisa Blanco.

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (111) actualidade (36) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (49) baile (4) bibliotecas (71) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (82) concursos (39) conferencia (9) congresos (5) contacontos (9) Cosmos (29) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (169) encontros con escritores (14) enlaces (242) enquisas (7) ensaios (1) entrevista (1) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (140) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (5) Galicia (41) graduación (4) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (64) humor (19) ilustración (8) inglés (38) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (51) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (41) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (122) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (2) vídeos (91) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (2) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER