A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


31/05/17

UNHA VIAXE A LONDRES


O pasado mes de marzo, doce dos nosos estudiantes de 4ºESO realizaron unha viaxe de 5 días a Londres. Visitaron a capital británica e fixeron unha escapada para visitar un instituto de secundaria na vila de Waddesdon. Aquí vos deixamos o enlace ao blog de inglés donde podedes ver unha presentación das fotos da viaxe:

30/05/17

OS AFILLADOS AGASALLAN AOS SEUS PADRIÑOS

Onte pola mañá 
recibimos este 
sobre no instituto...
Foi toda unha sorpresa 
para nós.
O sobre viña cheo
de cousas...
Unha carta moi especial
dos nosos afillados lectores do colexio de "Prácticas":

E un agasallo para todos e cada un dos seus
padriños:
De parte dos padriños lectores do "Rafael Dieste", moitas grazas aos nenos de 5 anos do CEIP de "Prácticas".

Mañá mércores irán apadriñar máis lectores ao CEIP "San Pedro de Visma".

27/05/17

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2017 ALUMNADO 2ºBAC DO "RAFAEL DIESTE"


Onte á tardiña, celebramos a Graduación da Promoción de Alumnado de 2ºBAC do IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE" 2017. Este ano o acto tivo lugar no Auditorio "ANDRÉS GAOS" do Conservatorio Superior de Música veciño do noso instituto.
O acto contou cos discursos do Director do centro e os titores dos dous grupos de 2ºBAC, así como dunhas alumnas en representación de todos os seus compañeiros. Logo as tradicionáis fotos, videos e actuacións.
Noraboa e parabéns para todo o alumnado e sorte para o seu futuro!


Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

26/05/17

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017 @ "BIBLIODIESTE"


Como xa avanzabamos nunha entrada anterior, e como é costume todos os anos, a semana pasada celebramos o Día das Letras Galegas na nosa biblioteca, adicado esta vez ao escritor Carlos Casares. Hoxe incluimos fotos e videos das actividades.

- unha presentación sobre o autor, 

- narración a cargo do alumnado dun conto e/ou artigo de Casares,
-dez relatos en diferentes linguas do alumnado: wolóf, iraniano, xaponés, neerlandés, nixeriano, ruso, chino, español de Perú...lidos nas linguas orixinais e traducidos tamén ao galego, 




- un rap sobre Casares composto e cantado polo alumnado,
- un rap sobre os pronomes en galego composto e cantado polo alumnado,
(estes podedes velos en vídeo ao final desta entrada).


- exposición de obras do autor e escolma dos relatos recopilados polo alumnado. 




Os vídeos das diferentes seccións de traduccións e raps:






25/05/17

VIOLENCIA DE XÉNERO DIXITAL


Achegamos un video de actualidade que recolle o decálogo de formas de violencia de xénero dixital, a que se fai cos novos medios tecnolóxicos.

Video:


CONCURSO MICRORRELATOS "DADO 2017"



O pasado martes 23 de maio, celebrouse na Biblioteca Municipal do Ágora a fase final do concurso de microrrelatos organizado polo grupo DADO (formado por seis institutos da cidade: Agra, Elviña, Monelos, Monte das Moas, Rafael Dieste e Zalaeta). Un xurado formado por escritores e persoal da biblioteca do Ágora decidiron os galardonados. Entre eles están algúns do noso alumnado. (Na foto podedes ver a todos os participantes do noso instituto).

- CARLOS INFANTE RODRÍGUEZ 
(2ºESO-A) foi o 2º premio da súa categoría (A- ata 2ºESO)

- JONATHAN SUÁREZ FILGUEIRA 
(1ºBAC-C) foi o 1º premio da súa (B- ata Bacharelato)

Ademáis tiveron mencións honoríficas, chegando á final entre os cinco mellores:

- AROA JIMÉNEZ JIMÉNEZ (1ºESO-A) e 

- LUISANA ÁLVAREZ MONSALVE (1ºBAC-B)

Noraboa e parabéns para todos eles!

16/05/17

APADRIÑANDO NOVOS LECTORES DO COLEXIO CEIP DE PRÁCTICAS


Onte recibimos a primeira das visitas dos nosos afillados lectores. O alumnado de 5 anos do colexio adscrito de "Prácticas" chegaron ao noso centro a participar na actividade. Incluímos fotos da toda a visita:


Tras chegar e visitar as distintas exposicións e manipulacións preparadas, pasaron á Biblioteca, donde despois de escoitar o conto de "A Galiña Azul" de Carlos Casares, pasaron a dibuxar as súas propias galiñas...

Video "A GALIÑA AZUL":





Na foto superior podedes ver ás creacións dos nosos pequenos artistas. Posteriormente, o noso alumnado de 4ªESO, pasou a apadriñar ao seu correspondente lector coa selección de libros infantís cedidos pola Biblioteca Municipal de Os Rosais.


Finalmente os rapaces voltaron ao seu cole moi contentos de ter visitado ao insti dos rapaces maiores e der ter participado nunha actividade tan divertida e interesante.


E o noso alumnado de 4ºESO quedaron moi orgullosos de ter participado e fomentado o gusto polos libros e a lectura entre os máis pequenos.

Video "A TOUPIÑA":


Tamén esta actividade tivo eco no xornal e así apareceu recollido en "La Voz de Galicia":



AGRADECEMENTOS:
Dende Arquivos Do Trasno queremos agradecer a todas as persoas que tomaron parte nesta actividade:
- Biblioteca de Os Rosais pola selección de lecturas.
- O alumnado de 4ºESO polo seu interese e as horas adicadas a ensaiar e a preparalo porque sen eles non tería sido posible a actividade.
- Ás profesoras e directora do Colexio de Prácticas por involucrarse e traer aos rapaces.
- Ás profesoras de ciencias do instituto: Patricia Martínez por explicarlles sobre o horto e as sementes, Paula Neira por preparar as exposicións e manipulacións du cunchas, fósiles, minerais [que xa comentamos AQUÍ]. Tamén a profesora de sociais Luisa Blanco pola exposición dos traballos do seu alumnado.
- O profesor de lingua castelá Carlos Blanco que axudou a coordinar xunto coa responsable de Biblioteca Sarah Dumesnil do centro toda esta actividade, ademáis do resto do equipo da biblioteca.
Moitas grazas a tod@s.

15/05/17

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES



Entramos na semana das Letras Galegas. Este ano adicado a Carlos Casares.
A actividades de celebración da nosa biblioteca consistirán nunha introdución sobre o autor e a continuación a narración do conto: "A galiña azul", seguida dunha actividade artística que ten que ver co conto e logo se formarán parellas lectoras.
-16 de maio: acto central na biblioteca, no que haberá: 
- unha presentación sobre o autor 
- narración a cargo do alumnado dun conto e/ou artigo de Casares
- dez relatos en diferentes linguas do alumnado (wolóf, iraniano, xaponés, neerlandés, nixeriano, ruso, chino, español de Perú...lidos nas linguas orixinais e traducidos tamén ao galego. 
- un rap sobre Casares composto e cantado polo alumnado
- un rap sobre os pronomes en galego composto e cantado polo alumnado
- actuación do coro do Instituto
- exposición de obras do autor e escolma dos relatos recopilados polo alumnado. 

13/05/17

TODO PREPARADO PARA RECIBIR AOS NOSOS AFILLADOS...




Xa temos todo preparado para recibir o vindeiro luns 15, aos nosos primeiros afillados dentro do programa "APADRIÑA UN LECTOR", como xa adiantamos nunha entrada anterior (AQUÍ).

O luns recibiremos ao alumnado de 5 anos do colexio adscrito de "Prácticas" a quen lle contaremos o conto de Carlos Casares, o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017, "A GALIÑA AZUL".

O programa da visita destes rapaces inclúe unha visita a distintas clases do noso instituto, donde poderán ver distintas exposicións de traballos feitos polo noso alumnado en sociais (que xa foron saíndo aquí) e tamén coleccións de fósiles, cunchas e minerais do noso laboratorio de bioloxía.

Estas coleccións e cómo preparamos a biblioteca podedes velo en fotos que incluimos.

En vindeiras entradas publicaremos fotos dos rapaces durante a súa visita ao centro.



Os libros:


As coleccións de bioloxía:


ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (116) actualidade (36) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (49) baile (4) bibliotecas (72) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (82) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (169) encontros con escritores (14) enlaces (244) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (5) Galicia (41) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (40) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (52) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (42) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (122) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER