A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


16/05/17

APADRIÑANDO NOVOS LECTORES DO COLEXIO CEIP DE PRÁCTICAS


Onte recibimos a primeira das visitas dos nosos afillados lectores. O alumnado de 5 anos do colexio adscrito de "Prácticas" chegaron ao noso centro a participar na actividade. Incluímos fotos da toda a visita:


Tras chegar e visitar as distintas exposicións e manipulacións preparadas, pasaron á Biblioteca, donde despois de escoitar o conto de "A Galiña Azul" de Carlos Casares, pasaron a dibuxar as súas propias galiñas...

Video "A GALIÑA AZUL":





Na foto superior podedes ver ás creacións dos nosos pequenos artistas. Posteriormente, o noso alumnado de 4ªESO, pasou a apadriñar ao seu correspondente lector coa selección de libros infantís cedidos pola Biblioteca Municipal de Os Rosais.


Finalmente os rapaces voltaron ao seu cole moi contentos de ter visitado ao insti dos rapaces maiores e der ter participado nunha actividade tan divertida e interesante.


E o noso alumnado de 4ºESO quedaron moi orgullosos de ter participado e fomentado o gusto polos libros e a lectura entre os máis pequenos.

Video "A TOUPIÑA":



AGRADECEMENTOS:
Dende Arquivos Do Trasno queremos agradecer a todas as persoas que tomaron parte nesta actividade:
- Biblioteca de Os Rosais pola selección de lecturas.
- O alumnado de 4ºESO polo seu interese e as horas adicadas a ensaiar e a preparalo porque sen eles non tería sido posible a actividade.
- Ás profesoras e directora do Colexio de Prácticas por involucrarse e traer aos rapaces.
- Ás profesoras de ciencias do instituto: Patricia Martínez por explicarlles sobre o horto e as sementes, Paula Neira por preparar as exposicións e manipulacións du cunchas, fósiles, minerais [que xa comentamos AQUÍ]. Tamén a profesora de sociais Luisa Blanco pola exposición dos traballos do seu alumnado.
- O profesor de lingua castelá Carlos Blanco que axudou a coordinar xunto coa responsable de Biblioteca Sarah Dumesnil do centro toda esta actividade.
Moitas grazas a tod@s.

Ningún comentario:

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (111) actualidade (36) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (49) baile (4) bibliotecas (71) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (82) concursos (39) conferencia (9) congresos (5) contacontos (9) Cosmos (29) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (169) encontros con escritores (14) enlaces (242) enquisas (7) ensaios (1) entrevista (1) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (140) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (5) Galicia (41) graduación (4) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (64) humor (19) ilustración (8) inglés (38) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (51) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (41) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (122) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (2) vídeos (91) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (2) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER