A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


Actividade Bibliodieste

Actividade Bibliodieste

23/03/17

PRESENCIA FEMENINA EN LIBROS PARA NENOS


Vedes esta estantería chea de libros? No video que podedes ver nesta entrada, comprobaredes cantos deses libros teñen unha presencia femenina relevante. O video mostra o resultado dun experimento feito que demostra a fea realidade dos libros infantís.
Fai unhas semanas falabamos de igualdade entre os homes e as mulleres... pois aquí vai unha expresión da realidade. Xa veredes os libros que quedan na estantería despois da selección...
(Por certo, o video é en inglés con subtítulos, así que podedes practicar un pouco, outra vez).

Video "THE UGLY TRUTH ABOUT CHILDREN'S BOOKS":


Versión en inglés @ ClickOnEnglish.

22/03/17

+ ACTIVIDADES DENDE "BIBLIODIESTE"

Queremos adiantar algunhas actividades que estamos a preparar coas bibliotecas municipais veciñas ao instituto e nas que participaremos. 

Unha actividade coa Biblioteca Municipal do "Ágora", os vindeiros 18 de abril e 2 de maio coa actividade "Libros vivintes".

E coa Biblioteca Municipal de Os Rosais na actividade "Apadriña un lector", xunto cos outros centros escolares da zona CEIPs de Prácticas, San Pedro de Visma e Cid.

21/03/17

"O AMOR NO DÍA A DÍA", FOTO GAÑADORA


Publicamos a foto gañadora do concurso fotográfico que organizamos para o Día de San Valentín deste ano. Esta é a foto da alumna Naiara Manteiga (1ºESO-A). Noraboa!

17/03/17

O COSMOS: HORARIO SEMANA CULTURAL E ACTIVIDADES POR DEPARTAMENTOS

Incluímos máis información sobre a Semanal Cultural. Aquí tedes o horario de actividades e a lista delas por departamentos.




Lista das actividades clasificadas por departamentos:

1. Bioloxía e xeoloxía:
- Visita ao planetario
- Cazadores de mitos
Exposición do sistema solar elaborados polos alumnos.
Xeoformación con maquetas elaboradas polos alumnos.
Conferencias:  
            - Borja Tosar. Terraformación ou como ten que modificarse o
            planeta Marte para poder vivir nel.
            - Estíbaliz Espinosa. Poetisa que une literatura e cosmos (en colaboración  
           co departamento de lingua galega)
            - Marcos Pérez Maldonado. Director da casa das ciencias. Tema aínda por
            determinar.
 Avistamento do ceo nocturno (en colaboración co departamento de matemáticas)

2. Debuxo:
Decoración co sistema solar do patio central.
Creación dun photocall sobre a ciencia ficción (en colaboración co departamento de francés)
- Elaboración de disfraces para o concurso cosplay
Elaboración de constelacións (en colaboración co departamento de tecnoloxía)

3.Lingua Castelá e literatura
Exposicións orais sobre a ciencia ficción dos séculos XIX e XX.

4. Filosofía
- Debate en formato vídeo sobre o xeocentrismo e o  heliocentrismo.

5. Lingua Galega
- Pasapalabra sobre o cosmos
- Recital de David Bowie
Charla - Estíbaliz Espinosa. Poetisa que une literatura e o cosmos (en
           colaboración co departamento de bioloxía)

6. Historia e Xeografía:
- Exposición escrita sobre a historia da carreira espacial.

7. Inglés:
Banda deseñada sobre unha película de Star Wars
- Batalla de rap con referencia ao cosmos.
-  Críticas de películas clásicas de ciencia ficción.

8. Matemáticas:
Avistamento do ceo nocturno (en colaboración co departamento de bioloxía)
Cómo medir o mundo cun pao selfie

9. Tecnoloxía:
Elaboración de constelacións (en colaboración co departamento de plástica)

10. Música:
- Actividade con música relacionada co cosmos.

11. Economía:
Exposición escrita sobre as aplicacións comerciais da carreira espacial.

12. Francés:
Creación dun photocall sobre a ciencia ficción (en colaboración co departamento de plástica)
- Creación dunha ruta turística que une o centro coa Torre de Hércules e que relaciona diferentes puntos da cidade cun elemento cósmico e a súa referencia mitolóxica. Pode que se realice unha saída por unha parte desta ruta.

13. Grego:
- Escenificación dos planetas.
-Unha viaxe á lúa no s. II (Luciano de Samosata)

14. Educación física:
- Exposición escrita sobre os efectos da ingravidez sobre o corpo e as capacidades físicas.  - Posible acrosport coa música do amanecer de Strauss.

15.  A maiores o equipo de dinamización da biblioteca organiza:
Unha charla sobre a construcción dun R2D2 que funciona.
Un photocall con membros da Tropa Korriban e co photocall elaborado polos alumnos.
Un concurso cosplay

16.  A maiores vicedirección organiza:
- O día MUSE

16/03/17

8ª SEMANA CULTURAL: O COSMOS.


Pasan os meses... e xa estamos cerca da nosa 8ª semana cultural. Estase a traballar dende as distintas asignaturas para preparalo todo. Iremos adiantando información aquí. Hoxe podemos confirmar ás datas:
do 3 ao 7 de abril.

No blog de inglés xa foron aparecendo entradas con información xeral do Cosmos en distintos videos, podedes botarlles unha ollada e practicades inglés tamén. Deixamos enlace:

15/03/17

ANTONIO ALTARRIBA E JOAQUIM AUBERT PUIGARNAU HOXE NO "RAFAEL DIESTE"

Antonio Altarriba
Joaquim Aubert Puigarnau (Kim)

Hoxe recibiremos a visita no noso instituto do novelista e guionista de cómic, Antonio Altarriba e o dibuxante Joaquim Aubert Puigarnau, coñecido como Kim. 
Antonio é zaragozano, é catedrático de literatura francesa na Universidade do País Vasco.
Kim é barcelonés e estudou Belas Artes e foi autor de numerosos cómics e colaborador en moitas revistas, entre elas "El Jueves", do que foi fundador. 
Estarán co alumnado de 1ºBAC para comentar sobre os seus traballos de creación en conxunto: "El arte de volar" (2009-Premio Nacional de Cómic) e "El ala rota" (2016).
Aquí tedes o enlace á páxina web de: 
- ANTONIO ALTARRIBA.



Video sobre "El ARTE DE VOLAR":


Video encontro cos autores:






ACTUALIZAMOS CON FOTOS DO SEU PASO POLO INSTI HOXE.



10/03/17

MARÍA MOLINER: 50 ANIVERSARIO DO SEU DICCIONARIO


Falando de mulleres traballadoras... este mes conmemorouse o 50 aniversario da edición do Diccionario de María Moliner. Exactamente foi o pasado 1 de marzo. A editorial Gredos e a Biblioteca Nacional, entre outros, conmemoraron esta data. Non era para menos. Ela sola escribiu á man na súa casa este diccionario, considerado o máis completo e útil da lingua castelá. Máis largo e completo que o da Real Academia da Lingua.
María Moliner (Paniza, Zaragoza, 1900 - Madrid, 1981) era filóloga, lexicógrafa e bibliotecaria. Moi comprometida impulsou a creación dunha rede de bibliotecas rurais. En 1952 empezou a traballar na súa gran obra o Diccionario de uso del español. Este gran traballo levaríalle 15 anos. A primeira edición saíu en 1967. Destacou por ser un diccionario útil e sinxelo, cun estilo propio moderno e práctico, recollendo a fala da rúa, con definicións e explicacións claras e sinxelas. 
O diccionario ven de ser reeditado neste 50º aniversario. Ampliado, renovado, actualizado e cun novo formato, recollendo novidades léxicas (máis de 5000 entradas novas nun total de 92.700), incluido expresións do español de sudamérica.

Máis info sobre María Moliner nestes enlaces que deixamos:


08/03/17

IGUALDADE. NO DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2017


Hoxe é día festivo en A Coruña. Este ano cambiamos a nosa festividade local polo 8 de marzo, o día reivindicativo da Muller Traballadora ou tamén o Día Internacional da Muller. Un día para recordar que as mulleres e os homes son iguais. Deixámosvos un enlace para que vexades un anuncio británico preparado para este día. Mirádeo, practicades inglés e ao tempo reflexionades sobre o tema.


Pero ademáis dende a Biblioteca queremos lanzar unha actividade que podedes ver debaixo:


06/03/17

PARABÉNS PARA ALFREDO ARCOS HERRANZ


Dende Arquivos queremos felicitar ao noso alumno 

ALFREDO ARCOS HERRANZ 
(1ºESO-A),

que o pasado venres 3 de marzo foi un dos premiados no 

XII Concurso Literario "Rita Suárez Amado" 

que organiza o IES Plurilingüe "Eusebio da Guarda" da nosa cidade.

Alfredo gañou coa poesía 

"Vivir la vida".

Parabéns para Alfredo. Noraboa!


Recorte da noticia na prensa local.

03/03/17

OS NEANDERTAIS EN CÓMIC


O novelista gráfico estadounidense Jeffrey Brown acerca aos rapaces á vida dos cavernícolas cunha linguaxe actual nun cómic con base científica que ven de publicarse na súa versión en castelán "Lucy y Andy Neandertal". Nos Estados Unidos este cómic foi considerado o mellor libro para nenos no 2016 pola biblioteca pública de Nova York e seleccionado como o mellor libro para lectores xoves pola American Bookseller Association. Dende logo, é unha divertida maneira de aprender sobre os nosos antepasados máis remotos.

+ info: [El País]

Cómo explicar a vida dos neandertais en viñetas

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (5) actividadeBiblio (77) actualidade (35) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (4) audio (3) audiovisual (33) autores (48) baile (2) bibliotecas (66) bioloxía (5) cartel (3) centenario (16) certames (11) cidades (3) ciencia (14) cine (24) club de lectura (4) comic (25) compromiso (78) concursos (33) conferencia (6) congresos (5) contacontos (7) Cosmos (2) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (52) deseño (2) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (168) encontros con escritores (13) enlaces (230) enquisas (7) ensaios (1) entrevista (1) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (45) expresión oral (2) familia (5) familias (3) ficha (1) filosofía (3) física (1) fomento da lectura (138) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (3) Galicia (39) graduación (3) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (61) humor (19) ilustración (7) inglés (33) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (1) letras galegas (46) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (85) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (21) mitoloxía (5) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (41) música (46) narrativa (40) natureza (1) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (41) presentación (13) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (95) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (41) titoría (3) traballo por proxectos (7) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (2) videos (16) vídeos (65) violencia de xénero (7) votacións (3) xeografía (6) xogos (14) xornadas (1) xornalismo (1) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER