30/05/13

VÍDEO DOS ACTOS DA SEMANA CULTURAL

Por fin chega ata arquivos o vídeo resumo dos actos que tiveron lugar ao longo da Semana Cultural sobre PATRIMONIO GALEGO! "Nunca é tarde se a dicha chega", di o refrán. 




CONCURSO DE BLOGS LECTORES MOZOS


Por segundo ano consecutivo a OEI  puxo en marcha o Concurso de Blogs Lectores de Mozos de 12 a 15 aos de idade.
Xa son case 500 participantes de todos os países
O premio é un IPad para o alumno/a gañador/a.
Invitámosvos a participar.

En Twitter están usando o hashtag #questasleyendo dende a conta @iberlectura que podedes seguir.



Compartimos un vídeo do escritor Antonio Skármeta que anima a ler:



27/05/13

FONDOS DO CILIJ (Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil) NA REDE



Desde o Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil (CILIJ) queren dar a coñecer seus fondos documentais, en concreto o catálogo do Fondo Histórico Antiguo do CILIJ, formado por unha colección histórica de libros infantis e xuvenis que se configura en torno á creación de escritores e ilustradores españoles. Asimismo, conforma unha mostra do devenir da edición en España no subsector das publicacions para nenos e mozos e está composto por obras de literatura infantil e xuvenil publicadas con anterioridade a 1959.

Picade no enlace PINTEREST.

Seguro que a algún traeralle moi bos recordos.

25/05/13

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2ºBAC DO "RAFAEL DIESTE" 2013



O pasado venres 24, celebrouse un ano máis, o que xa é o tradicional acto de graduación da promoción de 2ºBAC do IES "Rafael Dieste" 2013. Este ano sendo unha promoción moi numerosa, tívose que tomar prestado o salón de actos dos nosos veciños do Conservatorio Superior de Música: o Auditorio "Andrés Gaos". A festa rematou, como xa é habitual, cunha cea fría, no patio central do noso instituto co alumnado, as súas familias e o profesorado. 
Noraboa a todos!

FORMULARIOS USO DA BILBIOTECA

Aquí tedes os enlaces ao formulario de alumnos e ao formulario de profesores sobre o uso da biblioteca ao longo do curso 2012-2013. Os resultados debemos incorporalos á memoria do PLAMBE que ha de estar lista antes do 7 de xuño. Estes enlaces estarán tamén no escritorio dos ordenadores da sala de profesores e da biblioteca, e na aula virtual no apartado "Biblioteca". Os alumnos deberán cubrilos na hora de titoría.
Grazas a todos pola colaboración.

23/05/13

O RAP DA EDUCACIÓN 2.0


Un pouco de música rap para ilustrar a nova educación 2.0. Escoitade...


19/05/13

CUESTIONARIO "Letras Galegas"









Se estiveches atento ás entradas e enlaces que estes días publicamos nesta páxina de arquivos, completa o cuestionario sobre as Letras Galegas 2013. Poderás responder ata o venres 31 de maio ás 14.10 que se cerrará. Cal será o premio para o gañador? Ah, sorpresa! 
 
Feliz DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
 

17/05/13

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO














Do IES Ribeira do Louro de O Porriño chéganos este slide do autor á quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, VIDAL BOLAÑO. Sirva como primeira entrada a toda unha serie que iremos publicando sobre este autor, actor e director de teatro galego. Estade atentos e ler todo con moita atención porque o día das Letras Galegas pode haber algunha sorpresa.

16/05/13

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Estes días temos expostos na biblioteca os traballos realizados por uns alumnos de 4ºB  sobre
"Moléculas de ADN".
Noraboa a estes alumnos e á profesora que os anima a plasmar e a expoñer o aprendido na clase.


13/05/13

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO
















Na Semana das Letras Galegas, Bibliotecas Escolares de Galicia publica no seu blog varios enlaces con recursos para o Día das Letras Galegas adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño, que podedes encontrar picando AQUI.

09/05/13

VÉMONOS NA PÚBLICA



Nunha nova xornada de movilizacións, defendemos o ensino público e de calidade. Invirte en felicidade: ven á pública.


Video INVIERTE EN FELICIDAD: VEN A LA PÚBLICA:


06/05/13

ROSALÍA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS














Seguimos... Aquí tedes, de novo, a presentación das recitacións que fixemos no mes de febreiro con motivo do 150 aniversario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Noraboa a todos polo traballo realizado, en verdade merece moito a pena escoitalo!


CELSO EMILIO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS





Na próxima semana celebraremos o Día Das Letras Galegas, para ir abrindo boca, por fin podedes ver unha selección das lecturas de poemas de C.Emilio levadas a cabo no mes de decembro na nosa biblioteca.

 
 

03/05/13

SEMANA CULTURAL 2013: A PELÍCULA, "THE WAY"



E para rematar a nosa IV Semanal Cultural adicada ao noso Patrimonio Cultural, veremos ao rematar o venres a película "THE WAY" ("O Camiño").

The Way ("O Camiño") é unha película americana de drama do ano 2010 rodada en España. Trátase dunha colaboración de Martin Sheen e o seu fillo na vida real Emilio Estévez, homenaxe ao Camiño de Santiago.

O argumento trata de Tom Avery, un recoñecido oftalmólogo de California que un día recibe unha chamada informándolle da morte do seu fillo, Daniel, nos Pirineos. Tom viaxa a Europa para facer todos los preparativos propios dunha defunción pero, durante a súa estadía, descobre que Daniel estaba facendo o Camiño de Santiago e non puido pasar da primeira etapa. Tom decide entón que axudará ao seu difunto fillo a rematar o camiño, levando as súas cinzas nunha caixa.

Trailer da película "THE WAY":


A versión inglesa desta entrada @ ClickOnEnglish.