18/12/13
CHARO E TIM DE VOLTA NO "RAFAEL DIESTE"
Charo Pita e Tim Bowley están de volta no IES "Rafael Dieste" un curso máis para seguir contándonos contos en galego e inglés. A mesma historia, o mesmo conto pero en dúas versións. Hoxe estarán para contarllos ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Benvidos, de novo.
17/12/13
HOMENAXE RAFAEL DIESTE: O VIDEO E O CUESTIONARIO
Para que todos poidades ver (de novo, se xa o víchedes na biblioteca ou por primeira vez) o video homenaxe que se preparou sobre Rafael Dieste, epónimo do noso centro, aquí o tedes.
Video homenaxe a Rafael Dieste:
E agora podedes comprobar neste enlace QUE SABES DE RAFAEL DIESTE?
16/12/13
CITANDO AS FONTES...
Traemos hoxe ao blog a traducción dun artigo que atopamos en Biblioblog por Natalia Arroyo, que trata precisamente do tema de citar as nosas fontes tamén no ámbito dixital. Aquí tedes o enlace ao artigo orixinal:
Aquí a traducción ao galego:
Aqueles que difunden as ideas doutros sen citar expresamente ao seu autor estanse a apropiar de elas. É evidente que se trata dunha práctica moi pouco ética, que supón unha falta de respeto hacia o traballo doutros colegas e di cousas moi negativas de quen a practica. Polo contrario, difundir e mencionar a outros autores considérase un eloxio, unha forma de recoñecimento a traballo dos demáis e contribúe a xerar lazos. A única diferencia está nun pequeno xesto, nunha cita.
A cita é tan importante no ámbito científico que o valor das publicacións e o dos investigadores mídese en citas. A máis citas, enténdese que máis repercusión ten un traballo. A cita é ademáis unha forma de recoñecer que nada se constrúe desde cero, senon que sempre hai unhas bases n o traballo previo doutros. Trátase dunha idea que adaptou o buscador Google, que posiciona nos mellores lugares os sitios web máis enlazados. Entre a xente de letras citar a un autor é unha mostra de sabiduría e demostra ter lido moito.
Desgraciadamente esta mala práctica dase a miudo na nosa profesión a diferentes escalas e ámbitos, desde a palabra falada ata a escrita, pero sucede especialmente no entorno dos blogs e os medios sociais. E non é que no haxa facilidades para mencionar a autoría, polo que non hai excusas para non facelo.
No entorno dixital os principais medios sociais inclúen algunha maneira de recoñecer a autoría:
- En Twitter, retuiteando unha publicación ou mencionando á persoa ou institución desde a que chegou unha noticia mediante a expresión «vía», seguida do nome da conta da persoa á que se quere mencionar.
- En Facebook, compartindo unha publicación ou mencionando a súa procedencia, de forma que se inclúa o nome do perfil ou páxina desde a que a tomache. Igualmente, cando se comparte unha imaxe, hai que mencionar a fonte.
- En Pinterest, repineando unha imaxe.
- Nun blog, o enlace é a forma máis sinxela de citar, pero tamén débese incluir a mención ao autor. Os enlaces non so son unha cortesía, senon tamén unha forma de que os lectores amplíen contidos.
- Nunha publicación, incluindo bibliografía e citándoa no corpo do texto, despois de cada idea.
Pode parecer algo insignificante reproducir esta práctica a pequena escala e se tomas unha idea de outra persoa sen mencionar a súa procedencia quizáis non suceda nada. Pero nun detalle tan sinxelo e que non costa nada está en xogo algo tan importante como é a túa reputación, mesmo a da túa institución, e a das túas relacións con outras persoas. No caso dos profesionais da información, que debemos saber desenvolvernos con destreza no tratamiento da información, esta práctica é ainda máis grave.
Sexamos corteses, mencionemos a procedencia das ideas que difundimos, mesmo nos detalles máis sinxelos. Citar non so non nos perxudica, senon que nos engrandece.
15/12/13
HOMENAXE A RAFAEL DIESTE
Ao longo desta última semana antes de Nadal celebraremos na biblioteca unha homenaxe a Rafael Dieste, escritor epónimo do noso centro. A actividade consistirá nun acto duns 40 minutos:
1- Presentación da vida e obra de Dieste (10´)
2-Lectura por parte dos alumnos asistentes dun conto de Dieste (5-6´)
3-Audición doutro conto de Dieste gravado previamente con Audacity a alumnos (5-6´)
4-Vídeo "Encol da morte de Bieito" (7´)
5-LIM sobre a información vista na presentación da vida e a obra (10 minutos)
Cada curso acudirá na hora establecida e co profesor sinalado no horario que estará no taboleiro da sala de profesores, no da biblioteca, neste blog e na Aula Virtual.
LUNS 16
|
MARTES 17
|
MÉRCORES 18
|
XOVES 19
|
VENRES 20
| |
8.30-9.20
|
S2ºD Titoría Beatriz
1ºB-Grego-Matilde
| ||||
9.20-10.10
|
S3ºA- Carme
|
S4ºA-B-C Cuca Matilde
S2ºA- Titoría
Pilar Freire |
S1ºD Marta
| ||
RECREO | RECREO | RECREO | RECREO | RECREO | RECREO |
10.30-11.20
|
S2ºC-Titoría MªMtnez
S3ºC-Titoría Leandro
| ||||
11.20-12.10
|
S3ºB Galego-Carme/
4ºC-E.F.-Ter. Amido
|
S1ºC- L.Esp-Francisca
|
1ºA-Atenc. educ-Carlos
| ||
RECREO
|
RECREO
|
RECREO
|
RECREO
|
RECREO
|
RECREO
|
12.30-13.20
|
S1ºBTitor
P. Ochoa |
S3ºC-D Cuca
Matilde
S2ºB-Titor.-Maite
| |||
13.20-14.10
|
S1ºA Galego-Carme
2º B-Grego-Matilde
|
S4ºB-Titoría M.Quintas
| |||
16.30-17.20
|
S4ºA-Titoría- Cruz
| ||||
17.20-18.10
|
GUÍA DE NADAL
Aqui tedes xa a guía de lectura de Nadal. Son os libros e DVDs que a biblioteca vos recomenda para estas vacacións. Na guía deste ano hai de todo: novidades que chegaron á biblioteca, contos do autor homenaxeado este ano (R.Dieste), libro de xogos (tema da nosa Semana Cultural abril 2014), libro de poemas do autor ao que se dedica o ano 2014 o Día das Letras Galegas (X.Mª Díaz Castro), cómics e DVDs.
Todos os usuarios que estes días levedes en préstamo algún documento recibiredes un exemplar desta guía.
ESPERAMOS QUE VOS SEXA ÚTIL E QUE PIDADES AOS REIS ALGÚN DOS DOCUMENTOSTodos os usuarios que estes días levedes en préstamo algún documento recibiredes un exemplar desta guía.
11/12/13
DATAS CURIOSAS: 11 / 12 / 13
Hoxe é 11 / 12 / 13, 11 de Decembro de 2013, pero o curioso sobre unha data con números consecutivos é que so acontece cada 100 anos, polo que non volverá a pasar ata o ano 2103: o 01 / 02 / 03, 1de Febreiro de 2103... Esta coincidencia de datas con números consecutivos acontece tres veces cada século, e esta é a derradeira do século XXI.
Outras datas curiosas:
Durante a primeira década do século XXI, houbo coincidencia en números nas datas cada un dos anos, como o 1 de Xaneiro de 2001 (01 / 01 / 01) ou o 2 de Febreiro de 2002 (02 / 02 / 02) e así sucesivamente...
Pero o 11 de Novembro de 2011 (11 / 11 / 11) foi a primeira vez dende 1911 no que houbo o mesmo número en todo. En 2012, houbo outro día capicúa: 21 / 02 / 2012 (o 21 de Febreiro de 2012).
Versión en inglés @ ClickOnEnglish.
Outras datas curiosas:
Durante a primeira década do século XXI, houbo coincidencia en números nas datas cada un dos anos, como o 1 de Xaneiro de 2001 (01 / 01 / 01) ou o 2 de Febreiro de 2002 (02 / 02 / 02) e así sucesivamente...
Pero o 11 de Novembro de 2011 (11 / 11 / 11) foi a primeira vez dende 1911 no que houbo o mesmo número en todo. En 2012, houbo outro día capicúa: 21 / 02 / 2012 (o 21 de Febreiro de 2012).
Versión en inglés @ ClickOnEnglish.
10/12/13
DÍA DOS DEREITOS HUMÁNS
O 10 de decembro de 1948, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humáns. O tema deste ano é "Celebremos os Dereitos Humáns" en contra do abuso e das violacións dos valores humáns. Os Dereitos Humáns proporcionan as bases para a construcción dun mundo máis xusto e pacífico. Todo ser humán do planeta ten o dereito á dignidade, o respeto e a libertade, calquera que sexa a súa raza, color, sexo, orientación sexual, relixión, opinións e ideas políticas ou orixe nacional ou social, de riqueza ou de outro status.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish
SEMANA DE RAFAEL DIESTE
Do 16 ao 20 de decembro celebraremos na Biblioteca do noso centro unha semana de homenaxe a Rafael Dieste. Sería desexable que, para unha mellor organización da actividade, os profesores vos anotárades antes deste xoves 12 no horario que vos chegará por correo. O acto consistirá nas seguintes actividades:
2- Lectura en directo por parte dos alumnos dun conto deste autor (ca. 7 minutos)
3- Audición doutro conto gravado previamente a alumnos (ca. 7 minutos)
4- Realización duns exercicios interactivos para comprobar o grado de atención e asimilación de todo o escoitado (ca.10-15 minutos).
Todos os asistentes recibirán como agasallo un tríptico sobre RAFAEL DIESTE e un marcapáxinas.
06/12/13
ADEUS A NELSON MANDELA
"Death is something inevitable. When a man has done what he considers to be his duty to his people and his country, he can rest in peace. I believe I have made that effort and that is, therefore, why I will sleep for the eternity."
["A morte é algo inevitable. Cando un home fixo o que considera que foi o seu deber para a súa xente e o seu país, pode descansar en paz. Creo que fixen ese esforzo e por iso dormirei eternamente"]
NELSON MANDELA
A morte do líder Sudafricano, ainda que esperada, conmocionou ao mundo enteiro. Este símbolo da loita dos dereitos humáns, do consenso e a reconciliación dun país, morreu onte pola noite. Deixamos aquí uns enlaces para que saibades da súa vida exemplar.
Enlaces:
- MORRE NELSON MANDELA AOS 95 ANOS (Cadena Ser)
- A PRENSA MUNDIAL RECORDA A VIDA DE NELSON MANDELA (El País)
- MANDELA: DE LOITADOR ANTIAPARTHEID A PRESDIENTE (Galería de imaxes/El País)
- NELSON MANDELA: A SÚA VIDA NAS SÚAS PALABRAS (En inglés/The Guardian)
Enlaces:
- MORRE NELSON MANDELA AOS 95 ANOS (Cadena Ser)
- A PRENSA MUNDIAL RECORDA A VIDA DE NELSON MANDELA (El País)
- MANDELA: DE LOITADOR ANTIAPARTHEID A PRESDIENTE (Galería de imaxes/El País)
- NELSON MANDELA: A SÚA VIDA NAS SÚAS PALABRAS (En inglés/The Guardian)
Video RTVE: A súa toma de posesión como presidente (1994):
Jura de Nelson Mandela como nuevo presidente de Sudáfrica en 1994
05/12/13
PORTFOLIOLECTOR
Presentámosvos unha páxina interesante sobre o fomento da lectura. O Portfolio Lector é un espacio web na que pretendemos recopilar aqueles recursos dispersos pola rede en torno ao desenrolo da comprensión lectora a través da Literatura: guías de lectura para diferentes niveis, tanto de literatura clásica como literatura xuvenil; fichas de comprensión lectora; propostas didácticas xerais con e sen TICs...
03/12/13
QUEN SON OS KNOWMAD?
Para que unha organización funcione é fundamental que todos compartan o que saben. A Xestión do Coñecimento é unha constante nos departamentos de Recursos Humáns e no seu entorno surxen profesionais clave: os knowmad. Antes de ver quen son, é necesario saber qué entendemos por Xestión do Coñecimento e cales son as súas relacións.
A Xestión do Coñecimento é a combinación de información e xestión de recursos humans. Hai que fomentar dentro da organización a participación, o compromiso por compartir coñecimentos, que aprendan uns de outros e que toda esa información poidan aplicala no seu traballo e poñan en práctica ese coñecimento común na organización para ventaxas de todos.
Ademáis, as novas tecnoloxías e Internet axudan a crear grupos e comunidades online nunha organización para que os profesionais poidan intercambiar ideas e desenrolar o seu talento. Unha boa oportunidade para que cualquera compañía se abra e deixe que a información flúa.
O término knowmad é un neoloxismo que combina as palabras know (conocer, saber) e nomad (nómada) e que da conta do perfil do suxeito capaz de ser un nómada do coñecimento. Foi creado por John Moravec para referirse aos traballadores nómadas do coñecimento e a innovación. Caracterízase por ser innovador, imaxinativo, creativo, capaz de traballar en colaboración con casi cualquera persoa, en cualquer momento e lugar. Un knowmad é valorado polo seu coñecimento persoal, o que lle proporciona unha ventaxa competitiva con respecto a outros traballadores.
O término knowmad é un neoloxismo que combina as palabras know (conocer, saber) e nomad (nómada) e que da conta do perfil do suxeito capaz de ser un nómada do coñecimento. Foi creado por John Moravec para referirse aos traballadores nómadas do coñecimento e a innovación. Caracterízase por ser innovador, imaxinativo, creativo, capaz de traballar en colaboración con casi cualquera persoa, en cualquer momento e lugar. Un knowmad é valorado polo seu coñecimento persoal, o que lle proporciona unha ventaxa competitiva con respecto a outros traballadores.