Charo Pita e Tim Bowley están de volta no IES "Rafael Dieste" un curso máis para seguir contándonos contos en galego e inglés. A mesma historia, o mesmo conto pero en dúas versións. Hoxe estarán para contarllos ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Benvidos, de novo.
Son unha ex-alumna e aspirante a profesora e visito moito este espazo. Descrubrín o enlace á Lexislación educativa, que emprego nos meus estudos, e vexo que o enlace actualmente non está actualizado, xa que enlaza coa versión de outubro e ao autor xa publicou unha en decembro engadindo as modificacións da LOMCE.
ResponderEliminarComo gosto de enlazar este sitio, se non lles causa molestia, poderían modificar o enlace feito a unha publicación e facela ao blog de lexislación.
Moitas grazas. Ana Díz
Moitas grazas polo teu comentario. Agora mesmo modificamos o enlace. Estamos encantados de que nos sigan os ex-alumnos e que nos aporten tanto coma ti. Un saúdo agarimoso
ResponderEliminar