18/12/13

CHARO E TIM DE VOLTA NO "RAFAEL DIESTE"


Charo Pita e Tim Bowley están de volta no IES "Rafael Dieste" un curso máis para seguir contándonos contos en galego e inglés. A mesma historia, o mesmo conto pero en dúas versións. Hoxe estarán para contarllos ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Benvidos, de novo.

17/12/13

HOMENAXE RAFAEL DIESTE: O VIDEO E O CUESTIONARIO


Para que todos poidades ver (de novo, se xa o víchedes na biblioteca ou por primeira vez) o video homenaxe que se preparou sobre Rafael Dieste, epónimo do noso centro, aquí o tedes.

Video homenaxe a Rafael Dieste:


E agora podedes comprobar neste enlace QUE SABES DE RAFAEL DIESTE? 

16/12/13

CITANDO AS FONTES...


Traemos hoxe ao blog a traducción dun artigo que atopamos en Biblioblog por Natalia Arroyo, que trata precisamente do tema de citar as nosas fontes tamén no ámbito dixital. Aquí tedes o enlace ao artigo orixinal: 
Aquí a traducción ao galego:
Aqueles que difunden as ideas doutros sen citar expresamente ao seu autor estanse a apropiar de elas. É evidente que se trata dunha práctica moi pouco ética, que supón unha falta de respeto hacia o traballo doutros colegas e di cousas moi negativas de quen a practica. Polo contrario, difundir e mencionar a outros autores considérase un eloxio, unha forma de recoñecimento a traballo dos demáis e contribúe a xerar lazos. A única diferencia está nun pequeno xesto, nunha cita.
A cita é tan importante no ámbito científico que o valor das publicacións e o dos investigadores mídese en citas. A máis citas, enténdese que máis repercusión ten un traballo. A cita é ademáis unha forma de recoñecer que nada se constrúe desde cero, senon que sempre hai unhas bases n o traballo previo doutros. Trátase dunha idea que adaptou o buscador Google, que posiciona nos mellores lugares os sitios web máis enlazados. Entre a xente de letras citar a un autor é unha mostra de sabiduría e demostra ter lido moito.
Desgraciadamente esta mala práctica dase a miudo na nosa profesión a diferentes escalas e ámbitos, desde a palabra falada ata a escrita, pero sucede especialmente no entorno dos blogs e os medios sociais. E non é que no haxa facilidades para mencionar a autoría, polo que non hai excusas para non facelo.
No entorno dixital os principais medios sociais inclúen algunha maneira de recoñecer a autoría:
  • En Twitter, retuiteando unha publicación ou mencionando á persoa ou institución desde a que chegou unha noticia mediante a expresión «vía», seguida do nome da conta da persoa á que se quere mencionar.
  • En Facebook, compartindo unha publicación ou mencionando a súa procedencia, de forma que se inclúa o nome do perfil ou páxina desde a que a tomache. Igualmente, cando se comparte unha imaxe, hai que mencionar a fonte.
  • En Pinterest, repineando unha imaxe.
  • Nun blog, o enlace é a forma máis sinxela de citar, pero tamén débese incluir a mención ao autor. Os enlaces non so son unha cortesía, senon tamén unha forma de que os lectores amplíen contidos.
  • Nunha publicación, incluindo bibliografía e citándoa no corpo do texto, despois de cada idea.
Pode parecer algo insignificante reproducir esta práctica a pequena escala e se tomas unha idea de outra persoa sen mencionar a súa procedencia quizáis non suceda nada. Pero nun detalle tan sinxelo e que non costa nada está en xogo algo tan importante como é a túa reputación, mesmo a da túa institución, e a das túas relacións con outras persoas. No caso dos profesionais da información, que debemos saber desenvolvernos con destreza no tratamiento da información, esta práctica é ainda máis grave.
Sexamos corteses, mencionemos a procedencia das ideas que difundimos, mesmo nos detalles máis sinxelos. Citar non so non nos perxudica, senon que nos engrandece.

15/12/13

HOMENAXE A RAFAEL DIESTE

Ao longo desta última semana antes de Nadal celebraremos na biblioteca unha homenaxe a Rafael Dieste, escritor epónimo do noso centro. A actividade consistirá nun acto duns 40 minutos:
1- Presentación da vida e obra de Dieste (10´)
2-Lectura por parte dos alumnos asistentes dun conto de Dieste (5-6´)
3-Audición doutro conto de Dieste gravado previamente con Audacity a alumnos (5-6´)
4-Vídeo "Encol da morte de Bieito" (7´)
5-LIM sobre a información vista na presentación da vida e a obra (10 minutos)
Cada curso acudirá na hora establecida e co profesor sinalado no horario que estará no taboleiro da sala de profesores, no da biblioteca, neste blog e na Aula Virtual.




LUNS 16
MARTES 17
MÉRCORES 18
XOVES 19
VENRES 20
8.30-9.20



S2ºD Titoría Beatriz
1ºB-Grego-Matilde

9.20-10.10

S3ºA- Carme
S4ºA-B-C Cuca Matilde
S2ºA- Titoría
Pilar Freire
S1ºD Marta

RECREO

RECREO

RECREO

RECREO

RECREO

RECREO

10.30-11.20



S2ºC-Titoría MªMtnez
S3ºC-Titoría Leandro


11.20-12.10

S3ºB Galego-Carme/
4ºC-E.F.-Ter. Amido
S1ºC- L.Esp-Francisca
1ºA-Atenc. educ-Carlos

RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
12.30-13.20
S1ºBTitor
P. Ochoa
S3ºC-D Cuca 
Matilde
S2ºB-Titor.-Maite




13.20-14.10

S1ºA Galego-Carme
2º B-Grego-Matilde
S4ºB-Titoría M.Quintas








16.30-17.20

S4ºA-Titoría- Cruz



17.20-18.10






GUÍA DE NADAL

Aqui tedes xa a guía de lectura de Nadal. Son os libros e DVDs que a biblioteca vos recomenda para estas vacacións. Na guía deste ano hai de todo: novidades que chegaron á biblioteca, contos do autor homenaxeado este ano (R.Dieste), libro de xogos (tema da nosa Semana Cultural abril 2014), libro de poemas do autor ao que se dedica o ano 2014 o Día das Letras Galegas (X.Mª Díaz Castro), cómics e DVDs.
Todos os usuarios que estes días levedes en préstamo algún documento recibiredes un exemplar desta guía.
ESPERAMOS QUE VOS SEXA ÚTIL E QUE PIDADES AOS REIS ALGÚN DOS DOCUMENTOS


11/12/13

DATAS CURIOSAS: 11 / 12 / 13


Hoxe é 11 / 12 / 13, 11 de Decembro de 2013, pero o curioso sobre unha data con números consecutivos é que so acontece cada 100 anos, polo que non volverá a pasar ata o ano 2103: o 01 / 02 / 031de Febreiro de 2103... Esta coincidencia de datas con números consecutivos acontece tres veces cada século, e esta é a derradeira do século XXI.

Outras datas curiosas:
Durante a primeira década do século XXI, houbo coincidencia en números nas datas cada un dos anos, como o 1 de Xaneiro de 2001 (01 / 01 / 01) ou o 2 de Febreiro de 2002 (02 / 02 / 02) e así sucesivamente...
Pero o 11 de Novembro de 2011 (11 / 11 / 11) foi a primeira vez dende 1911 no que houbo o mesmo número en todo. En 2012, houbo outro día capicúa: 21 / 02 / 2012 (o 21 de Febreiro de 2012).

Versión en inglés @ ClickOnEnglish.

10/12/13

DÍA DOS DEREITOS HUMÁNS


O 10 de decembro de 1948, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humáns. O tema deste ano é "Celebremos os Dereitos Humáns" en contra do abuso e das violacións dos valores humáns. Os Dereitos Humáns proporcionan as bases para a construcción dun mundo máis xusto e pacífico. Todo ser humán do planeta ten o dereito á dignidade, o respeto e a libertade, calquera que sexa a súa raza, color, sexo, orientación sexual, relixión, opinións e ideas políticas ou orixe nacional ou social, de riqueza ou de outro status.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish

SEMANA DE RAFAEL DIESTE

Do 16 ao 20 de decembro celebraremos na Biblioteca do noso centro unha semana de homenaxe a Rafael Dieste. Sería desexable que, para unha mellor organización da actividade, os profesores vos anotárades antes deste xoves 12 no horario que vos chegará por correo. O acto consistirá nas seguintes actividades:
 
1- Presentación preparada polo equipo da biblioteca sobre a vida e a obra de Dieste (ca. 10 minutos)
2- Lectura en directo por parte dos alumnos dun conto deste autor (ca. 7 minutos)
3- Audición doutro conto gravado previamente a alumnos (ca. 7 minutos)
4- Realización duns exercicios interactivos para comprobar o grado de atención e asimilación de todo o escoitado (ca.10-15 minutos).




Todos os asistentes recibirán como agasallo un tríptico sobre RAFAEL DIESTE e un marcapáxinas.

06/12/13

ADEUS A NELSON MANDELA




"Death is something inevitable. When a man has done what he considers to be his duty to his people and his country, he can rest in peace. I believe I have made that effort and that is, therefore, why I will sleep for the eternity."
["A morte é algo inevitable. Cando un home fixo o que considera que foi o seu deber para a súa xente e o seu país, pode descansar en paz. Creo que fixen ese esforzo e por iso dormirei eternamente"]
NELSON MANDELA

A morte do líder Sudafricano, ainda que esperada, conmocionou ao mundo enteiro. Este símbolo da loita dos dereitos humáns, do consenso e a reconciliación dun país, morreu onte pola noite. Deixamos aquí uns enlaces para que saibades da súa vida exemplar.

Enlaces:
- MORRE NELSON MANDELA AOS 95 ANOS (Cadena Ser)
- A PRENSA MUNDIAL RECORDA A VIDA DE NELSON MANDELA (El País)
- MANDELA: DE LOITADOR ANTIAPARTHEID A PRESDIENTE (Galería de imaxes/El País)
- NELSON MANDELA: A SÚA VIDA NAS SÚAS PALABRAS (En inglés/The Guardian)

Video RTVE: A súa toma de posesión como presidente (1994):
Video "INVICTUS":

Versión en inglés de esta entrada @ ClickOnEnglish.

05/12/13

PORTFOLIOLECTOR



Presentámosvos unha páxina interesante sobre o fomento da lectura. O Portfolio Lector é un espacio web na que pretendemos recopilar aqueles recursos dispersos pola rede en torno ao desenrolo da comprensión lectora a través da Literatura: guías de lectura para diferentes niveis, tanto de literatura clásica como literatura xuvenil; fichas de comprensión lectora; propostas didácticas xerais con e sen TICs...

03/12/13

QUEN SON OS KNOWMAD?


Para que unha organización funcione é fundamental que todos compartan o que saben. A Xestión do Coñecimento é unha constante nos departamentos de Recursos Humáns e no seu entorno surxen profesionais clave: os knowmad.  Antes de ver quen son, é necesario saber qué entendemos por Xestión do Coñecimento e cales son as súas relacións.
A Xestión do Coñecimento é a combinación de información e xestión de recursos humans. Hai que fomentar dentro da organización a participación, o compromiso por compartir coñecimentos, que aprendan uns de outros e que toda esa información poidan aplicala no seu traballo e poñan en práctica ese coñecimento común na organización para ventaxas de todos.
Ademáis, as novas tecnoloxías e Internet axudan a crear grupos e comunidades online nunha organización para que os profesionais poidan intercambiar ideas e desenrolar o seu talento. Unha boa oportunidade para que cualquera compañía se abra e deixe que a información flúa.
O término knowmad é un neoloxismo que combina as palabras know (conocersaber) e nomad (nómada) e que da conta do perfil do suxeito capaz de ser un nómada do coñecimento. Foi creado por John Moravec para referirse aos traballadores nómadas do coñecimento e a innovación. Caracterízase por ser innovador, imaxinativo, creativo, capaz de traballar en colaboración con casi cualquera persoa, en cualquer momento e lugar. Un knowmad é valorado polo seu coñecimento persoal, o que lle proporciona unha ventaxa competitiva con respecto a outros traballadores.

28/11/13

FINA CASALDERREY NA RAG



Fina Casalderrey ven de ingresar na Real Aacademia Galega, cun discurso que tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra, eloxiando a infancia como un tempo de imaxinación e xermolo da ficción.
Deixámosvos cun enlace sobre o acto: INGRESO DE FINA CASALDERREY NA RAG.
e outro ao discurso de ingreso: VIAXE Á SEMENTE: DENDE OS REFACHOS DO CORAZÓN ATA ONDE HABITA O IMAXINARIO.


26/11/13

RAFAEL DIESTE NA BIBLIOTECA


Este ano dedicaremos a última semana de decembro ao escritor que dá nome ao noso centro, RAFAEL DIESTE. Como xa fixemos con Cunqueiro, Celso Emilio e Rosalía, proxectaremos unha presentación sobre a vida e a obra deste autor, e leremos textos dalgúns relatos da súa obra "Dos arquivos do trasno". Por certo...que nome ten o blog da biblioteca? Pois iso, somos fans de Dieste, somos BIBLIODIESTE. 



22/11/13

O VALEGO: O GALEGO DE ESTREMADURA


O filólogo Henrique Costas ven de publicar "O VALEGO", un libro que trata sobre o xeito de falar de orixe galego que teñen nos concellos estremeños do Val de Ellas: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trebello. 
Enlace ao artigo de "La Voz de Galicia": AQUÍ.

Henrique Costas: «Teñen arcaísmos desaparecidos en Galicia hai séculos»

21/11/13

IMPUNIDADE POLO PRESTIGE



A sentenza, feita pública cando se están a cumprir os 11 anos da catástrofe do Prestige, absolve aos acusados de "delitos mediambientais". Ante o estupor, a memoria, sempre a memoria, porque tamén o dicía de todas as manerias posibles El olvido que seremos...

A memoria en forma de libros:
E outros que aparecen no seguinte enlace.  

Máis enlaces de memoria dende outras blogues de bibliotecas:
- QUE NO NOS QUITEN A MEMORIA
- 11 ANOS DO DESASTRE DO PRESTIGE
- GOAS NEGRAS
En educación, sempre estamos a traballar coas mesmas idades e con distintos alumno e alumnas. É nosa miseria (o mito de Sísife) e a nosa grandeza.

20/11/13

"EL CHICO DE LA ÚLTIMA FILA", TEATRO NA CORUÑA




O venres un grupo de alumnos do club de lectura de Bacharelato e os profesores encargados fomos ao teatro Rosalía de Castro a ver a obra "El chico de la última fila", de Juan Mayorga:



Germán, profesor de Bacharelato de Lingua e Literatura, mentres corrixe unhas redaccións dos seus alumnos sobre o que fixeron durante a fin de semana, observa con decepción que os seus alumnos non son capaces de escribir nin dúas frases seguidas. Pero de súpeto aparece unha redacción ben escrita.



Así é como comeza esta obra. Se queredes ler máis, preguntade por ela na biblioteca.



19/11/13

ELENA PONIATOWSKA, PREMIO CERVANTES 2013


A escritora mexicana Elena Poniatowska gaña o premio Cervantes 2013. A periodista é autora de libros como 'Hasta no verte, Jesús mío', 'La piel del cielo' e 'Leonora'. Con 81 anos é a cuarta muller que recibe o premio.

+ información neste enlace do xornal "El País".

17/11/13

FALECE A ESCRITORA DORIS LESSING


A escritora británica Doris Lessing, gañadora do Premio Nobel de Literatura no ano 2007, faleceu onte á noite á idade de 94 anos, segundo ven de informar o xornal británico The Guardian. Nacida en Irán, creceu en Zimbabwe, onde escribiu a súa primeira novela "The Grass is Singing" ("Canta a herba"), pero viviu en Londres durante máis de medio siglo, escribindo máis de 50 novelas entre a política e a ciencia ficción.

A noticia en "EL HUFFINGTON POST"

Deixámosvos con algunhas das súas reflexións, que comentou nunha entrevista a "El País" en outubro de 2007, cando recibiu o Premio Nobel:


"A guerra e a memoria non acaban nunca"


"A televisión foi o final da conversación; terminou aquelo de sentarnos a comer todos xuntos"

"Teño a idade que teño e sigo enfadada. Sinto como sentía o meu pai: ira, ira, ira pola guerra"

"Este tipo de sociedade tan confiada na que vivimos debe ser única na historia. Cándo pasou isto antes?"