O pasado mercores celebramos no salón de actos un acto homenaxe a Díaz Castro. Consistiu nunha lectura dramatizada de A Odisea a cargo do alumnado de Grego de 1º de Bacharelato; lectura de varios poemas do libro "Nimbos" a cargo de alumnado de 1º de ESO A e 3º de ESO A e a proxección dun vídeo sobre o autor homenaxeado este ano.
23/05/14
OS XOGOS TRADICIONAIS (e 4): E TODOS PARTICIPAMOS XOGANDO
Rematamos a serie de entradas sobre a nosa semana cultural con esta última donde incluimos dúas presentacións do máis divertidas recollendo a vosa participación activa nas distintas actividades de xogos que preparamos...
Algunhas sentadas, para pensar: os xogos de Buxaina, os xogos matemáticos ou o "I spy..." ("Vexo, vexo en inglés) e outras moito máis movidas e activas: "Simon says", o Aro, a Ra, a carreira de sacos, o brilé...
Pois aquí tedes dúas presentacións para recordalas...
Algunhas sentadas, para pensar: os xogos de Buxaina, os xogos matemáticos ou o "I spy..." ("Vexo, vexo en inglés) e outras moito máis movidas e activas: "Simon says", o Aro, a Ra, a carreira de sacos, o brilé...
Pois aquí tedes dúas presentacións para recordalas...
OS XOGOS TRADICIONAIS: E TODOS PARTICIPAMOS XOGANDO (2ª parte) on PhotoPeach
22/05/14
PALABRAS SEN PAPEL
Onte os alumnos de grego de 1º de Bacharelato acudiron coa súa profesora á entrega de premios do concurso "Palabras sen papel" e...TIVEMOS PREMIO. Porque premio é quedar entre os 12 mellores se resulta que a ese concurso se presentaron 81 vídeos. Pero se ademáis foron premiados entre os mellores dous dos tres vídeos que presentaron, non nos queda máis remedio que darlles a NORABOA. Isto se chama entrar nun concurso con bo pé. Desde arquivos vos animamos a presentarvos a máis concurso de creación porque FUTURO HAI.
Tamén queremos dar a noraboa ao alumnado do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo que acadaron o primer premio.
Xa podedes ver as fotos.
ENTREGA DE PREMIOS on PhotoPeach
Éstes son os vídeos finalistas:
Vídeo "Xuízo de Paris"
Vídeo "Pigmalión"
21/05/14
O PAI DE MAFALDA, QUINO: NOVO PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE COMUNICACIÓN E HUMANIDADES
Acaba de coñecerse a concesión do Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014 ao dibuxante arxentino Joaquín Salvador Lavado Tejón, máis coñecido como Quino. O galardón chega no mesmo ano en que se celebran os 50 anos da súa creación máis recoñecida: Mafalda. Quino dibuxou a Mafalda durante 9 anos entre 1964 e 1973. Mafalda é a pesonaxe de cómic latinoamericano máis vendida no planeta e neste cincuenta aniversario aínda mantén a vixencia, xa que seguen de actualidade todos os temas polos que se indignaba esta rapaza contestataria.
Noraboa a Quino, e por extensión á súa filla, Mafalda!
Aquí algunhas das "ocurrencias" da nena:
20/05/14
OS XOGOS TRADICIONAIS (3): A EXPO
Voltamos cunha nova entrada repasando a nosa semana cultural adicada aos Xogos Tradicionais, cunha presentación sobre a exposición de materiais que o alumnado preparou para a ocasión e os xogos feitos polo Departamento de Matemáticas.
A EXPO DOS XOGOS TRADICIONAIS on PhotoPeach
19/05/14
A "CONTENT CURATION" EN TWITTER
¿Qué é esto da "curation" en Twitter? É moito mais que a "recomendación social" que habitualmente fan todos os usuarios de Twitter de compartir enlaces diariamente, para que se trate de "curation" a elección de enlaces compartidos ten que formar parte dun proceso pensado e sistematizado de contidos sempre en relación a un tema ou temas determinados.
Neste enlace falan de catro técnicas para facer "curation" via Twitter:
4 técnicas de caracterización de contenidos en Twitter (real time curation)
17/05/14
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, LETRAS GALEGAS 2014
Adícase o Día das Letras Galegas 2014, ao poeta Xosé María Díaz Castro, nacido en O Vilariño, lugar de San Vicente dos Vilares no concello de Guitiriz en 1914.
Estudiou Latín , Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Mondoñedo, licendiándose posteriormente en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca. Coñecedor de catroce idiomas fixo que traballara de traductor para diferentes institucións.
A súa obra poética é "Nimbos" (1961), que influenciou a moitos poetas galegos posteriores. Encádrase na Xeración de 1936 con Celso Emilio Ferreiro e Carballo Calero. Tamén foi traductor ao galego e ao castelán doutros poetas renombrados como Yeats, Whitman, Lamartine...
Máis información sobre Díaz castro en:
- A súa páxina web: AQUÍ
Video sobre Díaz Castro (Normalización Lingüística):
16/05/14
ENTREGA DE PREMIOS
Varios alumn@s de 1º de ESO do noso centro presentáronse a un concurso de redacción convocado pola Biblioteca Municipal de Os Rosais, animados pola súa profesora de Lingua Española. Tamén se presentou o alumnado de Grego de 1º de Bacharelato ao concurso de narración en soporte vídeo, convocado pola mesma Biblioteca. A entrega de premios terá lugar o venres 30 de maio ás 19.
Aquí tedes o cartel. ESPERÁMOSVOS ALÍ E...SORTE!
PROXECTO GAELAICO
Parece que houbo unha unión lingüística de Europa atlántica previa ao Latín, alomenos eso din os autores do Proxecto Gaelaico, que demostran que existiu unha clara relación entre Irlanda, Escocia, a illa de Man e Galicia
Esa identidade compartida vese incluso nos nomes das súas linguas: gaeilge (irlandés), gàidhlig (escocés), gaelg (da illa de Man) e galego. Tamén sosteñen que esta influencia consérvase en Galicia nos topónimos:
- Ézaro (palabra gaélica que significa "cascada"),
- Tordoia (= "pedra longa"),
- Manzaneda (= "montaña de neve").
Máis sobre este proxecto nos seguintes enlaces:
- Artigo de "LA VOZ DE GALICIA".
- A páxina web do Proxecto Gaelaico.
15/05/14
XXVI CERTAME DE POESÍA "CELSO EMILIO FERREIRO"
Deixámosvos a información sobre o XXVI Certame de Poesía "Celso Emilio Ferreiro", que organiza o IES "Celso Emilio Ferreiro" de Celanova, aberto a todo o alumnado de ensino medio e en galego.
Por se vos animades a participar... aquí van as bases:
14/05/14
OS XOGOS TRADICIONAIS (2): OS XOGOS DE BUXAINA
Imos comenzando a ver as presentacións sobre a pasada semana cultural, a quinta do IES Plurilingüe Rafael Dieste que lle adicamos aos Xogos Tradicionais. Esta primeira presentación recolle unha selección dos xogos que Buxaina nos prestou para xogar e que estiveron (aínda están) expostos na biblioteca.
Por certo, xa houbo repercusión e recoñecemento da nosa semana cultural na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia: AQUÍ.
OS XOGOS TRADICIONAIS DE BUXAINA on PhotoPeach
Continuaremos con outras presentacións dos traballos feitos e de todos vos xogando. Moi pronto.
05/05/14
OS XOGOS TRADICIONAIS (1): OS VIDEOS E CALENDARIO
Mañá comeza a V SEMANA CULTURAL. Aquí vos deixamos os enlaces aos vídeos que preparamos co traballo aportado por todos os participantes:
- VÍDEO XOGOS 1
- VIDEO XOGOS 2
- VÍDEO XOGOS 1
- VIDEO XOGOS 2
E éste é o horario definitivo que xa tedes desde onte na sala de profesores e no taboleiro da biblioteca:
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
|
8.30-9.20
|
Vexo,
vexo inglés S1ºD
Simon
says
|
||||
9.20-10.10
|
X.GRECORROMANOS
Cuca
4º
|
Exhibición
Xogos
GRECORROMANOS
Cuca
4º
XOGOS
CANTADOS Música
S2ºB
|
Exhibición
X.GRECORROMANOS
Cuca
4º
|
||
RECREO
|
BRILÉ
3ºC-4ºC
X4
CHAVE
|
BRILÉ
X1-X2
Y1
|
BRILÉ
X3-X4
Y2
CARREIRA
DE SACOS
|
BRILÉ
Y1-Y2
ZANCOS
|
PEONZA
|
10.30-11.20
|
BUXAINA
S2ºC
María Mrtnez
(tutoría)
|
Presentac.
XOGOS
I e II
|
Present.
XOGOS I e II
Vexo,
vexo inglés S1ºC
Simon
says
|
Present.
XOGOS I e II
XOGOS
CANTADOS
Música
S2ºA
|
Presentación
xogos I e II
|
11.20-12.10
|
.BUXAINA
S3ºB
Cruz (atenc.educ.)
Paco
(relixión)
|
Present.
XOGOS
|
Presentación
xogos I e II
|
||
RECREO
|
GOMA
|
CORDA
/corda cantada
RÁ
|
BOLOS
AROS
|
BOLOS
PELEXA
DE GALOS/RÁ
|
SOGATIRA
|
12.30-13.20
|
BUXAINA
S1ºB
P.GªOchoa
(titoría)
|
Present.
XOGOS
I eII
|
Present.
XOGOS I e II
|
Present.
XOGOS
|
|
13.20-14.10
|
BUXAINA
S4ºC
Isabel
(debuxo)
|
||||
16.30-17.20
|
|||||
17.20-18.10
|
03/05/14
De novo "GABO"
A Biblioteca Rosalía Castro, IES Pazo da Mercé (As Neves), ofrécenos esta presentación como homenaxe a GABO, finado o pasado 17 de abril. Podedes dar un paseo virtual sobre esta imaxe de bolboretas amarelas que tanto significado tiñan para Gabo, e lembrar a súa vida e coñecer as súas obras. Destacamos o relato "Viendo llover Galicia"