01/10/14

OS NOSOS PARABÉNS PARA NICOLÁS GONZÁLEZ GRANADOS


Dende "Arquivos" queremos dar os nosos parabéns a quen, hasta fai moi pouco, era alumno do noso instituto: NICOLÁS GONZÁLEZ GRANADOS, gran colaborador coa nosa Biblioteca e participante en todas as nosas actividades, ademáis de ter un brillante expediente académico. Os nosos parabéns por ser un dos Premios Extraordinarios de Bacharelato 2014, que ven de recibir recentemente. E cos parabéns, os nosos desexos de sorte en todo o que dende agora emprenda máis alá do noso centro.

1 comentario:

  1. Moitísimas grazas! A verdade é que o mérito non é todo meu. De non ser polas vosas ensinanzas e polo voso apoio incondicional, estou seguro de que non tivera sido posíbel.
    Un abrazo moi grande desde Salamanca!

    ResponderEliminar