25/02/15

ANA ALCOLEA NO "RAFAEL DIESTE"

(Foto: conocelautor.com)


Onte recibimos a visita no noso centro da escritora Ana Alcolea. O alumnado de 3ºESO poido escoitar a súa charla despois de ter lido un dos seus libros "El secreto del galeón" e tamén ter o seu exemplar do libro firmado pola propia autora.

Ana Alcolea Serrano, naceu en Zaragoza, en 1962. 
É licenciada en Filoloxía Hispánica e diplomada en Filoloxía Inglesa. Dende 1986, é profesora de secundaria nun instituto. 
Viviu en Teruel, Cantabria e Alcalá de Henares. 
Pasa largas temporadas en Noruega. Gústalle viaxar e sempre o fai cun caderno no que toma notas e apuntes que logo recrea nas súas novelas.Os seus primeiros recordos veñen da súa primeira viaxe a Italia, un país ao que volve sempre que pode. 
A súa obra é de literatura infantil – xuvenil. Fiel á súa profesión, pronuncia frecuentes charlas en colexios e institutos (como o de onte no "Rafael Dieste"), e publica artígos didácticos sobre teatro (sobre todo do “clásico” español) e sobre lingua e literatura.



"O SEGREDO DO GALEÓN"
Principios do século XIX: Marina viaxa xunto coa súa familia a España dende as colonias americanas. Ela non se parece en nada ás súas irmás: non pensa en casarse nin en bordar o seu enxoval, so desexa vivir no mar, convertirse en mariñeira; algo completamente imposible. Dos seus pensamentos e anhelos sabe moito a súa escrava Ramira, unha muller á que lle arrebataron todo o que algunha vez amou e que oculta un gran poder herdado do seus antepasados africanos. Na actualidade, a nai de Carlos estudia os restos dun galeón español afundido no Atlántico. Hai algo nestes obxetos que a inquieta, que fai que non traballe a gusto, e esta sensación aumentará coa chegada ao museo do seu exmarido para colaborar na restauración. Mentras, Carlos intentará acercarse de todas as formas posibles a Elena, unha compañeira de clase. O que non sabe é que, grazas ao estudio do seus pais, poderá estreitar lazos con ela.

[Información de: compartelibros.com]

Máis fotos coas firmas do libro:

24/02/15

GOOGLE CON ROSALÍA NO SEU 178 ANIVERSARIO


Se hoxe entrades en Google para buscar algo na rede, atoparédesvos con este "doodle" (as ilustracións que decoran á páxina de Google para sinalar a efemérides do día) adicado á nosa escritora máis universal: Rosalía de Castro, no 178 aniversario do seu nacemento.

21/02/15

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2015: QUINCE ANIVERSARIO


O termo lingua materna refírese á primeira lingua ou idioma que aprende unha persoa. Chámase "materna" porque é a muller quen a transmite aos fillos. Tamén se refiere á  lingua que se coñece mellor no caso dos fillos de pais con idiomas distintos ou no caso de ser unha persoa que coñece moitas linguas. Así como, á lingua adquirida de forma natural sen intervención pedagóxica.
A importancia da lingua materna, explícanos a UNESCO, é unha que merece gran reflexión e atención. En primeiro lugar, as linguas son dunha riqueza cultural incalculable, trátase nada menos que dunha forma única de interpretar a realidade, un ben cultural que conxunta identidade, integración social, comunicación. 
Este ano cúmplense 15 años de accións e "estructura de vixilancia operativa" que realiza a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). Ano a ano, dende o 2000, levaron ao tema a distintos aspectos culturais nos que resalta o valor e a atención ás linguas maternas.
Este ano 2015 o tema é A educación inclusiva por medio do idioma – Os idiomas contan. Resulta un tema moi complicado e importante debido ao traballo que se ten por diante: capacitación docente, sensibilización social e integración de materiais educativos de calidade.
Para coñecer máis sobre a lingua materna e a riqueza destes podes visitar o sitio Endangered lenguages, "un proxecto destinado á preservación e documentación de linguas de todo o mundo". En ese sitio se explica que das 7 mil linguas que se falan actualmente se espera que o 50% desaparezan antes do vindeiro século.

14/02/15

PAZ, A FRASE GAÑADORA


Estes son os resultados da enquisa realizada a finais de xaneiro para elixir a frase de paz que nos represente no blog:


RESULTADOS ENQUISA “Cal destas dez frases de paz che gusta máis?”
A paz non é só a ausencia da guerra; mentres haxa pobreza, racismo, discriminación e exclusión difícilmente poderemos acadar un mundo de paz.................................................
24%
A paz debe ser creada dentro de un mesmo, entón se poderá crear na familia e logo na comunidade.............................................................................................................................
21%
A violencia é o medo aos ideais dos demais..........................................................................
9%
Non hai máis calma que a enxendrada pola razón................................................................
6%
Todos queren a paz, e para asegurala, fabrican máis armas que nunca.................................
6%
Cando o poder do amor sexa máis grande que o amor ao poder, o mundo coñecerá a paz....
6%
Se queremos un mundo de paz e de xustiza hai que poñer decididamente a intelixencia ao servizo do amor...........................................................................................................................
3%
Cando os ricos fan a guerra son os pobres os que morren.........................................................
3%
É unha gran inxustiza facernos crer que é inevitable o que é evitable......................................
3%
A violencia é o último recurso do incompetente.........................................................................
0%



Polo tanto, a nosa frase de paz é
"A paz non é só a ausencia da guerra; mentres haxa pobreza, racismo, discriminación e exclusión difícilmente poderemos acadar un mundo de paz"

Quedará de forma permanente neste blog.

13/02/15

ENTROIDO 2015


Preparados un ano máis a celebrar o Entroido que chega para ser disfrutado a tope! Pasádeo moi ben!

- Outros Entroidos en ArquivosDoTrasno.

11/02/15

SEMANA DO AMOR

Saímos da semana da paz e xa estamos metidos na do amor. Este curso seguimos coa actividade que tanto éxito tivo o ano pasado, os tuits de amor. Engadimos unha novidade, podedes enviar tamén whatsapps


Seleccionamos tamén textos de temática amorosa, algúns cun enlace musical, para que todo o que queira atope neles esas palabras que quixéramos dicir e non nos saen, esas palabras que os poetas xa inventaron por nós e para nós. Esta selección de textos de amor enviarémola a todo o profesorado por correo e poñeremos unha copia en papel enriba da mesa da sala de profesores. A finalidade é que teñamos material suficiente para ler estes días nas aulas. Esperamos que vos gusten. 
OMNIA VINCIT AMOR (Virxilio dixit)

Mañá venres obsequiaremos a todos os usuarios da biblioteca cun poema.
Enlace: A HISTORIA DE SAN VALENTIN e moito + EN INGLÉS ClickOnEnglish

A AVENTURA DE LER LIBROS, SEGÚN JOSÉ Mª MERINO

[Foto: EFE]

José María Merino, nacido en A Coruña (5-Marzo-1941), é un escritor, poeta, ensaísta, que escribe en castelán e membro da Real Academia da Lingua. Toda a información sobre él AQUÍ. Deixámosvos outro enlace no que fala do que ler é para él, toda unha aventura.

Enlace. A AVENTURA DA FICCIÓN

09/02/15

QUE A CIENCIA TE ACOMPAÑE




Outra entrada referida ao cine e as ciencias, trátase dun libro "QUE LA CIENCIA TE ACOMPAÑE" de Miguel Barral. Aquí incluímos un resumo do contido.

"Entre a ciencia e o cine existe unha relación ineludible e íntima, que se fai explícita na denominación dun dos xéneros máis populares: a ciencia-ficción. Pero esta relación ten un reverso tenebroso. Un lado oscuro ao que conducen os erros conceptuais ou de contido e de natureza científica que abundan nas películas e que denotan un profundo descoñecemento da cuestión que se está a tratar. Este libro revela e intenta aclarar algúns destes erros científicos agazapados nos diálogos das películas. Invitamosvos a que leades eses diálogos como verdadeiras “adiviñas científicas” que desafían y que tedes que tratar de resolver".

04/02/15

AS MATEMÁTICAS NO CINE


Seguindo coa temática matemática ao que adicamos actividades na biblioteca durante o primeiro trimestre, traemos hoxe un enlace a unha páxina que recopila 15 películas que teñen que ver ou se basean nas matemáticas. Para que vos poñades a ver alguna delas...
Picade aquí: 15 películas baseadas nas matemáticas

02/02/15

A ESCRITURA NO SÉCULO XXI / WRITING IN THE XXIst CENTURY


O pasado venres 23 de xaneiro, celebrábase no mundo anglosaxón o National Handwriting Day (o Día Nacional de Escritura). Algún xornal, como o británico, The Guardian celebraba o día no seu blogue cunha recopilación de citas literarias escritas á man, como podedes ver neste enlace. Un dos exemplos pódese ver nesta foto inferior, cunha cita dun libro de Harry Potter e da súa autora J.K. Rowling.

Como xa todos sabedes, a semana cultural deste ano tratará precismente o tema da historia da escritura. O Departamento de Inglés do instituto participará con actividades sobre a escritura do século XXI. No blogue de inglés foron aparecendo entradas adicadas a cómo escribimos na actualidade (mensaxes de móbil, emoticonos, tweets...) e diferentes propostas de participación de cara a ter material para expoñer e poder montar actividades para a semana cultural.
Podedes seguir estas entradas e as propostas de actividades indo ao blogue ou enlazando dende aquí:  ClickOnEnglish/TheHistoryOfHandwriting/WritingInTheXXICentury.