Recollidas as calificacións, empeza o periodo de descanso estival. A todos, desconectade e pasádeo moi ben
26/06/15
24/06/15
TRABALLO POR PROXECTOS
Na última CCP volvimos a falar do traballo por proxectos. Alguns expuxemos a posibilidade de comezar a traballar por proxectos nas aulas de reforzo e de diversificación. Pois ben, sirva este enlace para incidir no tema, convencidos como estamos da necesidade de implantar un cambio na metodoloxía.
17/06/15
GUÍA E PRÉSTAMO DE VERÁN
Mañá comezaremos a repartir polas aulas a guía de lectura para o verán. Repartiremos unha guía en cor por aula e será o titor o encargado de promocionala entre o seu alumnado. Na biblioteca repartiremos tamén unha guía a todos os usuarios que leven estes días algun documento para o verán. O préstamo de verán abarca desde o 16 até o próximo 30 de xuño e poden levarse ata tres documentos por persoa que haberá que devolver á volta de vacacións no mes de setembro.
Educación documental
Como xa informamos na CCP e no Claustro, o equipo de biblioteca leva dous anos incorporando no apartado de "formación de usuarios" enlaces a traballos elaborados por alguns centros que estamos no PLAMBE. Pois ben, un destes traballos sobre "alfabetización informacional" (ALFIN) do CEIP Milladoiro foi actualizado recentemente e, como nos parece francamente interesante e de gran axuda cando poñamos a andar a educación documental como materia nova para 2º de ESO no curso 2016-2017, traémolo aquí para que lle botedes unha ollada. Pode servirnos como punto de partida para comezar a pensar nun programa propio. Temos todo un ano por diante.
05/06/15
ENQUISA BIBLIOTECA 2015
Todos os anos por estas datas o profesorado do equipo prepara a memoria anual da biblioteca. Para avaliar os seus recursos e actividades elaboramos esta enquisa con 8 preguntas (baixade a barra lateral para velas todas), que necesitamos que todo o profesorado conteste con absoluta sinceridade. Por medio dela queremos ver que cousas funcionaron ben e cales necesitan cambios que nos axuden a adaptar a biblioteca ás necesidades do centro.
04/06/15
PREPARANDO A SELECTIVIDADE
En plena época de preparativos para os exames de Selectividade, achegamos 9 pistas útiles para que as teñades en conta:
1- APROVEITA TODO O TRABALLO QUE FIXECHES DURANTE O CURSO.
2- SELECCIONA OS CONTIDOS DAS ASIGNATURAS.
3- ESCRIBE O QUE SABES DA MELLOR MANEIRA POSIBLE.
4- NON CAMBIES A TÚA RUTINA.
5- FAI O QUE QUEIRAS O DÍA ANTES DO EXAME, PERO A NOITE ANTES, DESCANSA.
6- ÍLLATE NO EXAME.
7- NON TE CASTIGUES POLOS ERROS.
8- NON DEIXES OCOS EN BRANCO.
9- CONTROLA O TEMPO.
Estas 9 pistas foron consideradas por Susana García, xefa de estudos do Centro Universitario de San Bernardo, especializada na preparación da Selectividade. A información completa e as pistas máis detalladas neste enlace ao artigo de Huffington Post.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
03/06/15
GAÑADORES DOS CONCURSOS DA VI SEMANA CULTURAL "HISTORIA DA ESCRITURA"
Publicamos a lista dos gañadores dos concursos celebrados con motivo da VI Semana Cultural sobre "A historia da escritura":
•
Sistemas de numeración (Matemáticas):
Sonia Melón (S1ºA)
María Ciucurean (S1ºA)
Claudia Cicurean (S1ºA)
Raquel Torres (S1ºA)
Ángel González (S1ºA)
Joaquín San Miguel S2ºC
•
Braille:
Adriana Calviño (S2ºA)
•
Relatos:
Mar Álvarez (S2ºA)
Santiago Nogueira (S2ºC)
Juan Jo´se Rodríguez (1ºBAC.A)
Sara Romero (2ºBAC.B)
•
Emoticonas:
Zeltia Mira (S1ºD)
Lucía Lorenzo (S1ºD)
•
Caligrafía cuneiforme:
Paula Varela (S1ºA)
Diego Rodríguez (S1ºB)
•
Caligrafía grega:
Gonzalo Reverte (S2ºB)
Miguel Alcalde (S3ºB)
Adrián Freire (S3ºD)
Sara Díez (1ºBAC.B)
Carla Dávila (2ºBAC.B)
•
Transcrición fonética francesa:
Zeltia Mira (S1ºD)
Lucía Lorenzo (S1ºD)
•
Caligrafía xaponesa:
Iria Pardo (S3ºC)