18/12/15

BO NADAL 2015 DENDE ARQUIVOS


Dende Arquivos queremos desexarvos unhas Felices Festas. Pásade un Bo Nadal e uns felices días de descanso.

Por se queredes seguir os pasos de Papá Noel, deixámosvos este enlace: SEGUÍDEO.
Versións en inglés @ ClickOnEnglish: SANTA TRACKER e máis fotos e descrición das tradicións de Nadal polo mundo A SNAPSHOT OF CHRISTMAS AROUND THE WORLD.

16/12/15

UNHAS PIONEIRAS: AS SUFRAXISTAS


O vindeiro venres, estréase unha nova película "SUFFRAGETTE", un drama histórico dirixido por Sarah Gavron e escrita por Abi Morgan coa presencia das actrices Carey Mulligan, Helena Bonham Carter e Meryl Streep. Conta a historia do movemento Sufraxista. Este movemento feminino que loitou polo dereito de voto das mulleres. É un movemento pioneiro sobre o que imos traballar na nosa Semana Cultural 2016. O Departamento de Inglés traballará neste tema.
Podedes ver aquí un fotograma da película e o trailer en castelán:




+ info: Versión inglesa desta entrada con enlaces a máis información @ ClickOnEnglish.

14/12/15

GUÍA DE NADAL

Xa andamos estes días repartindo aos titores a Guía de Nadal para que vos comenten as lecturas que a Biblioteca recomenda para estas datas. Pero ademais, todos os usuarios que esta última semana de clase levedes en préstamo algún documento recibiredes un exemplar da guía e un marcapáxinas navideño.

"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa; destruído, un corazón que chora" - Proverbio indú 




13/12/15

ACTO DE HOMENAXE A LUÍSA VILLALTA



Como sempre, na última semana de clase antes das vacacións de Nadal, a Biblioteca celebra un acto de homenaxe a un escritor galego. Este curso tócalle o turno á escritora Luísa Villalta. Os cursos que preparastes algún texto dela, acudiredes á biblioteca cos vosos profesores a lelos e ver unha presentación desta autora. Como colofón, se estivestes atentos, poderedes resolver un pasapalabra con preguntas sobre a súa vida e obra. O horario dos actos é o seguinte:



Para que todos os demais profesores e grupos tamén poidades ver a presentación nas aulas deixámosvos a presentación e o pasapalabra que elaboramos.


Luísa Villalta from Matilde De Cal on Vimeo.


Crea tu pasapalabra educativo

12/12/15

LEDICIA COSTAS E ANTÓN CORTIZAS: AUTORES GALEGOS DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL


Dous dos mellores autores da literatura infantil e xuvenil en galego, estiveron o pasado xoves dando unha conferencia para profesores e mestres de linguas no centro Eduardo Pondal de A Coruña dentro dos XII Encontros con Autores que organiza o CEFORE. Acercámosvos a súa biografía e obras:
Ledicia Costas (Vigo, 1979), Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2015 pola súa novela 'Escarlatina, a cociñeira defunta'. Este galardón concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en cualquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2014. 
+ info: LEDICIA COSTAS e na Wikipedia.


Antón Cortizas Amado (Ferrol1954) é mestre e escritor de literatura infantil en lingua galega. Galardoado co premio Merlín en 2001, e co premio O barco de vapor en tres ocasións.

+ info: AS SÚAS OBRAS.

Vale a pena achegarse aos seus libros. "O corazón de Xúpiter" de Ledicia Costas é dos nosos recomendados pola biblioetca este nadal.

09/12/15

CONCURSO "Recoméndoche un libro"

Este venres 11 de decembro termina o prazo para presentar as tres fichas elixidas en cada clase para participar no concurso "TES UN MOMENTIÑO? EU RECOMÉNDOCHE.....". O día 16 daremos a coñecer os catro gañadores da ESO, un por nivel.


08/12/15

35 ANOS SEN LENNON


Recordando a John Lennon no 35 aniversario do seu asesinato en Nova York con algunhas das súas citas máis famosas. 
Como a da foto superior: "Imaxina a toda a xente vivindo en paz". E as demáis que seguen...

"Non necesitas a ninguén que che diga quen eres ou que eres. Eres o que eres"

"A vida é o que pasa mentras fas outros plans"

"Para o mundo pode que sexas unha persoa, pero para unha persoa pode que sexas o mundo"

"Vivimos nun mundo donde nos escondemos para amarnos, mentras que se practica a violencia á luz do día"


04/12/15

CULTURGAL 2015

Culturgal, a Feira das 
Industrias Culturais Galegas, é a gran casa da cultura galega. Un espazo de encontro, unha oportunidade e unha ferramenta. Un punto de encontro no que o sector da cultura mostra a súa forza. Unha oportunidade para mostrar novos proxectos e iniciativas ante outras empresas, institucións e ao público en xeral nun gran escaparate.
Pero ademáis Culturgal é unha ferramenta para promover, apoiar e reforzar a acción cultural que se desenvolve en Galicia. Remarcar o valor social e económico desa acción cultural é unha misión central da Feira.
Celébrase esta fin de semana en Pontevedra.



01/12/15

LOQUELEO


Estamos de estrea, nace unha nova editorial de literatura infantil e xuvenil. E un novo proxecto da editorial Santillana que continúa con todo o historial da antigua Alfaguara infantil e editará novas obras. Chámase LOQUELEO. Presentouse xa en Arxentina e vai extenderse ao resto de Latinoamérica, España e Europa. O seu lanzamento oficial foi o pasado 28 de novembro na Feria Internacional do Libro de Guadalaxara (México). Empezará en España a principios de 2016.

+ info:
- Paxina web oficial: loqueleo.com