Aquí está por fin a presentación coas fotos do concurso e da entrega de premios.
Concurso Cuca 2016 on PhotoPeach
15/06/16
GUÍA DE VERÁN 2016
Aínda falta unha semana de clase e xa están aquí as recomendacións lectoras e de pelis que todos os anos por estas datas vos facemos chegar desde a biblioteca. Podedes conseguila se levades un préstamo para o verán ou pedila ao voso titor o día de entrega das notas. Esperamos que teñades en conta esta guía e que a disfrutedes.
06/06/16
CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA 2016
O pasado martes 31 de maio tivo lugar o "Concurso de Cultura Clásica" que cada ano celebramos nestas datas cinco centros da cidade de A Coruña: Colexio Calasancias, Colexio Liceo la Paz, IES de Monelos, Fogar de Sta Margarita e IES Rafael Dieste. Estamos cheos de orgullo porque este ano gañamos o concurso nas dúas modalidades existentes, 3º e 4º de ESO:
- Gañadora do concurso de 3º de ESO: Bruna Albuquerque Araujo (S3ºC)
- Gañadora do concurso de 4º de ESO: Paola Duque Mora (S4ºC)
![]() |
Sede do concurso |
![]() |
Vista do salón do Fogar de Sta Margarita |
![]() |
Alumnado Cuca 3º |
![]() |
Alumnado Cuca 4º |
CANDELA FERNÁNDEZ MELLID, PREMIADA NO CONCURSO DE RELATO CURTO DE COCA-COLA
Máis premios para o noso alumnado!
Queremos dar a noraboa á nosa alumna de 2ºESO-A, Candela Fernández Mellid, gañadora do primeiro premio do Concurso Coca-Cola de Xoves Talentos de Relato Curto en Galicia no sector de A Coruña. Máis de 500 estudantes de toda Galicia participaron na 56ª edición deste certame literario. A gala de entrega de premios celebrouse o pasado venres 27 de maio na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (como podede ver na foto do xornal "La Voz de Galicia") Os 17 gañadores galegos asistirán a unha gala nacional de entrega de premios que se celebrará na Real Academia Galega e tamén participarán dunha viaxe cultural e de ocio pola cidade de Madrid, coñecendo a importantes escritores.