28/09/16

CÓMO ATOPAR UN LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA


Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa biblioteca. Esperamos que serva de axuda.


22/09/16

BENVIDO O OUTONO 2016


Se entrades hoxe en Google, veredes este doodle que da a benvida ao outono. 

20/09/16

A LECTURA, UNHA CHAVE DE FUTURO


Achegamos esta guía dixital A lectura, unha chave de futuro, con moitas ideas para tratar o fomento da lectura coas familias dende ás bibliotecas escolares. É un proxecto de Letras en Obras, o portal educativo Botóns, e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
Dividido en dez apartados describe a importancia do hábito lector para os rapaces, os primeiros pasos na animación a lectura, os libros mais axeitados para cada idade, regras básicas para a lectura en familia, a lectura dixital, as librarías e bibliotecas como espazos de lectura e actividades para facer con libros. Botádelle unha ollada.

19/09/16

UNHA VISITA EN DRON ÁS MÉDULAS


Traémosvos para empezar unha visita virtual ás antiguas minas de ouro de As Médulas, na comarca leonesa de O Bierzo. Vinte séculos despois seguen a ser unha paisaxe de incalculable valor. Foron en época romana a máis grande explotación de ouro a ceo aberto agora son dende 2007, Patrimonio Mundial pola UNESCO. No enlace inferior podedes ver un video do lugar a vista de dron. Espectacular!

O tesouro de As Médulas a vista de dron

15/09/16

ESTREAMOS CURSO 2016-17: BENVIDOS!


Benvidos a tod@s de novo. Hoxe empezan ás clases do novo curso 2016-17 no IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE". Coñeceredes o voso novo horario de clases, os profesores que teredes e os compañeiros... Para os de 1º da ESO será unha nova etapa na súas vidas. Para tod@s vos, moita sorte, moito ánimo e esforzo. Abrimos un curso máis os arquivos do trasno, dende a biblioteca de "Rafael Dieste".