24/02/17

FELIZ ENTROIDO 2017


Chegamos ao día esperado... comeza o Entroido 2017! 
Preparados para a festa e o disfraz.
Hoxe teremos festa no insti e despois uns cantos días para disfrutar.
Disfrutádeos!

+ info: AXENDA DO ENTROIDO EN GALICIA 2017

21/02/17

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2017


O 21 de febreiro celébrase, como cada ano, o Día Internacional da Lingua Materna. Νο mundo hai mais de 7000 idiomas, dos que probablemente o 50% perderanse en poucas xeracións. Dos que sobrevivan, o 96% serán linguas faladas só polo 4% da poboación mundial. O resto falará uns poucos idiomas que convertiranse en maioritarios. Iste ano, esta celebración está adicada á educación plurilingüe.

+ info: A verdadeira riqueza está na lingua materna [El País]

20/02/17

"LA LECTORA FUTURA"


Na entrada anterior, presentabamos a plataforma dixital para o fomento da lectura. Hoxe mostrámosvos outra plataforma dixital que contén unha páxina web, unha revista dixital e un boletín diario con toda a información relevante para un lector interesado. Todas as noticias relacionadas co mundo literario, axenda de eventos, buscador de libros e incluso unha tenda para poder compralos. Xa está en funcionamento e é gratuita. Deixamos o enlace:


17/02/17

BENVIDOS A "LEEMOS"


"Bienvenidos a 'Leemos'", así nos recibe o novo proxecto dixital da Fundación Telefónica e a Fundación José Manuel Lara para o fomento da lectura que ven de presentarse o pasado día 15 de febreiro. Nace co obxectivo de crear un programa de mellora real da comprensión lectora do alumnado. "Leemos" é unha plataforma dixital gratuita baseada nun entorno de lecturas recomendadas con tres espazos diferenciados: profesorado, lectores xoves e familias. Deixámosvos aquí o enlace para que visitedes esta nova páxina.

Plataforma dixital de fomento da lectura: "LEEMOS"

14/02/17

SAN VALENTÍN 2017



Un ano máis chega o San Valentín ás nosas vidas, pero non todo o amor ten por qué ser romántico... o amor está presente nun sinfín de actos e detalles da nosa vida cotiá, só tendes que vos fixar un pouco e sacarlle unha foto.
Este curso o equipo de dinamización da biblioteca organiza un concurso fotográfico co tema:
"o amor no día a día"

Tendes ata hoxe 14 de febreiro para entregar na biblioteca as vosas fotos. Se queredes podésdelle poñer un título.
A mellor foto terá un pequeno agasallo.

Incluímos fotos da exposición de libros e películas de temática romántica que fixemos na biblioteca:

10/02/17

DÍA DA PAZ: ENTREVISTA AOS MEDIADORES



Como xa falamos, este curso para conmemorar o Día Da Paz, o pasado 30 de xaneiro, entrevistamos ao grupo de mediadores do noso instituto. Estes foran as preguntas:



1- En qué consiste a mediación?
2- Por qué decidíchedes ser mediadores?
3- Cantas horas de formación recibíchedes?
4- En qué consistiu esa formación?
5- Qué cualidades ten que ter unha boa mediadora?
6- Cantos casos leváchedes o curso pasado? E iste?
7- Tiveron un resultado satisfactorio?
8-   Houbo algún caso que non fósedes quen de resolver e que pasara a mans de Xefatura de Estudos para seren sancionados?
9- Cales son os cursos máis conflictivos?
10- Cales adoitan ser as causas que levan a mediación?
11- Pensades que ter un grupo de mediación no instituto é positivo?
12- Vedes que a vosa labor ten resultados no día a día?
13- Levades casos de acoso?
14- Recomendaríades a experiencia a outras persoas?

Podedes ver o video picando neste ENLACE.