19/04/17

OS 'LIBROS VIVINTES' DO ÁGORA (1ª parte)


Libros Vivintes é unha iniciativa da Biblioteca Ágora pensada para dar a coñecer ao alumnado dos centros de secundaria da nosa contorna as historias de vida de veciñas e veciños seus, a partir das cales reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal dos rapaces e rapazas dentro e fóra das aulas.
O procedemento de traballo é simple. Se fai selección previa de diferentes personas da Coruña, gravamos as súas historias de vida, ficcionamos e damos forma de relato a esa historia e transladamos o resultado aos alumnos e alumnas dos institutos participantes.
É o alumnado quen escolle individualmente cal das historias quere coñecer, que libro vivinte quere descubrir, para o cal nunha data determinada facilitamos o encontro entre as persoas protagonistas de cada relato e as mozas e mozos que os leron.
Onte estiveron no noso centro para realizar a primeira fase, o vindeiro 2 de maio terá lugar o encontro cos protagonistas. Deixámosvos cos enlaces ás fotos e a información xeral da actividade:

VIII SEMANA CULTURAL: AGRADECEMENTOS



Rematou a semana cultural. Foi todo un éxito con moitas actividades e traballos realizados. Dende aquí queremos agradecer a todo o alumnado e o profesorado que participou dunha ou doutra maneira na montaxe de todo isto. Mención especial a estes profesores en prácticas de paso polo instituto que tamén participaron activamente en actividades dos seus respectivos departamentos. MOITAS GRAZAS A TOD@S!

18/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: FILOSOFÍA E COSMOS


Achegámosvos hoxe tamén o video da actividade preparada para a Semana Cultural polo Departamento de Filosofía co alumnado de 4ºESO, un concurso sobre a Filosofía e o Cosmos.

Video:


VIII SEMANA CULTURAL: OS REPORTEIROS DE 'RAPPING THE COSMOS'. O VIDEO DO MAKING OF.


Como vos prometimos, aquí está o video final do proxecto "RAPPING THE COSMOS", da profesora de prácticas de inglés Tania Souto co alumnado de 2ºBAC, recollido nesta reportaxe.

Video REPORTERS:


Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish

17/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: OS VIDEOS DAS ESCENIFICACIÓNS DOS PLANETAS


Volvemos a actividade da Semana Cultural que facía unha "Escenificación dos planetas" dende a mitoloxía-filosofía, incluíndo hoxe os videos.
Enlace á presentación AQUÍ.


Videos:


08/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: ACTIVIDADE FINAL, COSMOS COSPLAY


Como actividade final da nosa Semana Cultural celebramos o "Cosmos Cosplay", que tivo diferentes partes:
- un desfile de elementos cósmicos con alumnado de 1ºESO, 
- unhas caracterizacións de planetas con alumnado de 1ºBAC (que xa recollimos na entrada anterior), 
e os cosplay, propiamente dito, con dúas categorías: individual e conxunta.
A presentación correu a cargo de Elisa Martínez (1ºESO-D) e o técnico de son foi Samuel Casal (1ºESO-C).
Incluímos fotos e videos aquí:


Tainara Gonçalves (1ºESO-D), mellor caracterización dun elemento cósmico.


Paula Conde (1ºBAC-A), mellor caracterización dun planeta, Neptuno.


María Breijo (1ºESO-A), mellor traxe e caracterización individual, Doraemon.


Guzmán Fernéndez, Adrián Teijeiro,  Joaquín San Miguel e Santiago Nogueira (4ºESO-A), mellor caracterización conxunta, Star Trek


Izán Morás e Eusebio Urribarri (1ºESO-A), mellor traxe conxunto, soldados de Star Wars.

Videos:


VIII SEMANA CULTURAL: ESCENIFICACIÓN DOS PLANETAS


Rematando xa as múltiples actividades desta intensa Semana Cultural, no último día tivemos ao alumnado de 1ºBAC escenificando os planetas desde as referencias clásicas da filosofía e mitoloxía.
Enlace á presentación AQUÍ.



VIII SEMANA CULTURAL: PROTAGONISTAS DO "STAR WARS" PHOTOCALL



Nesta entrada mostrámosvos os diferentes "posados" do alumnado no photocall de "Star Wars".




CHEBWACCAS









DARTH VADERS










SPOCKS



PRINCESAS LEIA




07/04/17

VIII SEMANA CULTURAL: RAPEANDO O COSMOS


Tania Souto, a profesora de inglés en prácticas no noso instituto este curso, organizou co alumnado de 2ºBAC, un proxecto didactico sobre o Cosmos e as culturas urbanas do rap e o hip-hop.
Isto é un adianto que con fotos e videos ensaios.
Próximamente o video co resultado final completo.
Agradecemos a implicación desta profesora en prácticas que logrou involucrar a todo o alumnado de 2ºBAC nun proxecto moi completo.



















Videos dos ensaios:


Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.