30/06/17

FIN DE CURSO 2017: BO VERÁN A TOD@S!

Pois sí, ainda que xa fai unha semana que finalizaron as clases, é hoxe cando oficialmente rematamos o curso 2016-17, recollemos todos os libros, papeis, informes e pechamos para irnos a unhas merecidas vacacións.

Así tamén poñemos o peche ao curso nos Arquivos Do Trasno. Un curso que estivo cheo de actividades que recollimos aquí entrada a entrada.

Únicamente desexarvos a todos: alumnado, profesorado, familias, persoal do centro en xeral un moi bo verán, un merecido descanso e boas vacacións.

En Setembro volveremos a abrir os Arquivos Do Trasno a moitas máis cousas novas...

29/06/17

GRACIÑAS, PAUL!

Algúns de vos recordaredes aínda a un vello amigo do noso instituto, Paul Behrend, quen foi auxiliar de conversa no noso centro durante dous cursos de 2011 a 2013. Recentemente regresou definitivamente ao seu país, os Estados Unidos, despois da súa estadía de 7 anos en España, pero fíxonos chegar unha caixa de material para o noso centro con xogos e algún que outro libro. 
Un deses libros é moi especial porque ven cunha dedicatoria de recordo do seu puño e letra e como doazón á Biblioteca do Rafael Dieste.
Dende aquí queremos agradecer o seu recordo e xesto, recordalo e homenaxealo como un dos auxiliares máis dedicados e comprometidos co centro, o alumnado e os profesores e desexarlle todo o mellor na súa nova vida de volta no seu país.
Xa sabes donde estamos!
Good luck, Paul! Graciñas!


Aquí tedes as fotos do libro que cedeu e a súa dedicatoria:




28/06/17

DEVOLVENDO A VISITA AOS NOSOS AFILLADOS...


A relación creada entre os padriños de 4ºESO do noso centro e os seus afillados lectores do CEIP de "Prácticas" afiánzase. E a pasada semana os padriños devolveron a visita e foron recibidos polos seus afillados no seu colexio.

No ximnasio do cole pasaron un rato agradable vendo unhas exposicións que prepararon e esoitando unhas actuacións que tiñan preparadas, charlando e xogando.

Xa son grandes amigos todos!
Ao final desta entrada podedes ver un video da actuación.







Video:

21/06/17

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2017

Esta é a guía de lecturas que o equipo de biblioteca vos recomenda para este verán.



15/06/17

ENQUISA BIBLIOTECA 2017 PARA TODO O PROFESORADO

Aquí tedes o enlace para poder cubrir a enquisa sobre o uso da biblioteca para que participe todo o profesorado do centro antes de fin de curso.
Tamén podedes seleccionar o tema da Semana Cultural do vindeiro curso.



07/06/17

PREMIADAS EN "VOZ NATURA 2017"

[Foto: Ángel Manso, "La Voz de Galicia"]

Achegamos un recorte do xornal "La Voz de Galicia" do día de hoxe no que podemos ver a unha das alumnas e unha profesora do noso centro. Foi o pasado sábado 3 de xuño en Acea de Ama, Culleredo, donde se celebrou a XX Festa Anual de Fin de Curso de "VOZ NATURA"

A nosa alumna Marta Guede de 2ºESO-A resultou gañadora do segundo premio na modalidade de Entrevista do Concurso "Mellor Periodista Infantil e Xuvenil 2016-2017". Na foto aparece coa súa profesora de Lingua Castelá, Mercedes Garrote.

Noraboa e parabéns a ambas!

05/06/17

CONCURSO CULTURA CLÁSICA 2017



O pasado martes 30 de maio, celebrouse como cada ano o "Concurso de Cultura Clásica" entre varios institutos da cidade. Este curso viñeron todos a concursar ao noso centro. Volvimos a ter gañadores en cada unha das categorías:


- Na categoría de 4ºESO, foi gañadora a nosa alumna, que aparece na foto superior:
 MAR CHANTRE FERNÁNDEZ  (4ºESO-B).


- Na categoría de 3ºESO, foi segundo o noso alumno, que aparece na foto superior:
AXEL RODRÍGUEZ LÓPEZ (3ºESO-C).

Parabéns aos gañadores e a todos os participantes!

01/06/17

APADRIÑANDO NOVOS LECTORES DO COLEXIO CEIP "SAN PEDRO DE VISMA"


Onte apadriñamos novos lectores outra vez. De novo alumnado de 4ºESO foron a gañar adeptos á lectura e a lerlles contos aos máis pequenos doutro dos nosos colexios adscritos, o CEIP "San Pedro de Visma".

Pero desta volta en lugar de recibilos no noso instituto, foi o noso alumnado quen visitou a súa escola. Contáronlles o mesmo conto, "A Galiña Azul" de Carlos Casares, e dibuxaron e pintaron a súas propias galiñas.

E logo os pequenos acompañaron ao noso alumnado a unha visita polo seu cole, mostrando a súas instalacións exteriores: a súa horta e o seu propio galiñeiro. Despois pasaron individualmente a lerlles os contos, pero nos xardíns do cole esta vez. Todo un luxo!

Unha boa experiencia para todos, unha vez máis!

Deixámosvos cunha colección de fotografías:




Dibuxando ás galiñas:


Visitando as instalacións do colexio, a horta e o galiñeiro:


Apadriñando lectores ao aire libre:


O conto de "A Toupiña":


Video "A Toupiña":