Outra das actividades previstas de BiblioDieste para este curso 2017-18, é participar por segundo ano na actividade de "OS LIBROS VIVINTES", que organiza a Biblioteca do Ágora do Concello de A Coruña. Teremos unha primeira reunión preparatoria o vindeiro 11 de outubro, pero para refrescar a memoria, deixámosvos o enlace ás entradas da nosa participación o curso pasado:
28/09/17
27/09/17
IX SEMANA CULTURAL 2017-18: "GASTRONOMÍA"
Queremos anunciar que xa temos decidido oficialmente o tema da nosa IX Semana Cultural, que este curso adicarase á GASTRONOMÍA, según se decidíu en claustro.
Xa empezamos a traballar con tormentas de ideas para buscar en cada Departamento qué aspecto imos a traballar cada un de nos.
Estamos abertos a suxestións...
Así que podedes propoñer...
26/09/17
RAP EN GALEGO NO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
Hoxe conmemórase o Día Europeo das Linguas e para celebralo o grupo Migallas Teatro propón un rap en galego para animar aos máis rapaces a que falen en galego e prestixiar o seu uso.
Por iso fixeron este videoclip "O rap da lingua", sobre unha canción que inclúen no seu libro-CD-DVD "Canta connosco!", publicado por Kalandraka en 2016.
Pois iso, todos a rapear en galego!
Video "O RAP DA LINGUA", Migallas Teatro:
15/09/17
BENVID@S TOD@S AO NOVO CURSO 2017-18!
Hoxe arrancamos o novo curso 2017-18. Outro ano máis, empezamos coas presentacións dos novos grupos en donde atoparemos antiguos compañeiros e coñeceremos outros novos. O mesmo ocurrirá cos profesores.
Os Arquivos do Trasno reabren outra vez, para seguir o día a día da nosa Biblioteca e as súas actividades.
Benvidos a toda a comunidade educativa e moita sorte no novo curso!
14/09/17
CURSO 2017-18: "APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR"
Este é o lema escollido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2017-18, xunto con este cartel que incluímos. Para toda a información sobre esta iniciativa podedes enlazar AQUÍ.