18/06/18

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2018


Como en cada periodo vacacional, e mais no verán cando haberá mais tempo libre, Bibliodieste fai as súas recomendacións de libros e películas para entreterse. Deixámosvos a nos guía de lectura do verán 2018.


05/06/18

ENQUISA SOBRE A BIBLIOTECA xuño 2018

Esta é a Enquisa que o equipo de biblioteca preparou estes días sobre o funcionamento e as actividades coordinadas pola biblioteca. Coa análise dos seus resultados introduciremos as melloras necesarias para que mellore o seu funcionamento o curso que vén.
É unha enquisa dirixida só ao profesorado que terá quince días para contestala, desde hoxe 5 de xuño ata o día 20. Coñeceremos os resultados no claustro fin de curso. Tras contestar as diferentes cuestións prantexadas teredes que premer en ENVIAR. Grazas a todos pola vosa colaboración.