30/11/18

ISAAC ROSA NO 'RAFAEL DIESTE'

Onte estivo no noso instituto o escritor e xornalista Isaac Rosa para dar unha charla ao noso alumnado, organizado polo Departamento de Lingua e Literatura.
Autor de novelas, cómics e columninsta en varios medios de comunicación. Ven de presentar unha nova novela "Final feliz".


Foto: "El País"

26/11/18

HORA DE LER 2018-19


Todo o claustro do 'Rafael Dieste', no pasado mes de xuño, adoptamos o compromiso de fortalecer a actividade de HORA DE LER diaria para todos o alumnado da ESO establecendo por horas e días ese momento de lectura obrigatoria de lecer, para así pasar por todas as materias e sesións do curso.
Dende a biblioteca organizamos o horario e aportamos os materiais que foron necesarios para levalo a cabo.
Agora que xa pasaron as primeiras seis semanas da "Hora de ler", estamos comprobando que é unha actividade que está a funcionar moi ben, que os alumnos a acollen con agrado, e son eles mesmos quen lembran ás veces aos profesores. Os profesores tamén fan unha valoración moi positiva desta actividade.

23/11/18

ESTREAMOS ESPAZO CREATIVO EN 'BIBLIODIESTE'


'Bibliodieste', a nos biblioteca de centro é unha biblioteca inclusiva e intentamos ofrecer espazos diversos. Xa tiñamos una zona de traballo individual, unha por grupos, zona de proxeccións, zona de agougo ( para ler relaxadamente xornais, revistas, libros informativos en butacas...)
Agora vimos de ampliar e estrear un novo espazo creativo donde poder colorear, dibuxar e manipular materiais... e no recreo tamén é unha zona de xogos.

21/11/18

ENTREGA DE CARNÉS AOS NOVOS USUARIOS

Xa temos rexistrados todos os usuarios do instituto no Programa MEIGA, asi que xa podemos facer o préstamo dende o programa MEIGA.

Nas Xornadas de formación ao novo alumnado de 1º ESO xa fixemos entrega dos seus carés.

19/11/18

XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS DE BIBLIOTECA ALUMNADO 1ºESO 2018-19


Na semana pasada xa viron á biblioteca cada un dos catro grupos de 1ºESO para a xornada de introdución á biblioteca e presentación da mesma aos nosos novos alumnos.

Nesa xornada presentamos  os espazos da biblioteca, o funcionamento da mesma, a atención aos usuarios, entregamos os carnets, falamos do uso das instalacións, a variedade de recursos (xornais e revistas, banda deseñada, sección xuvenil, libros informativos, escola de pais, libros de consulta, a organización dos fondos, o acceso ao catálogo en rede do instituto, o blogue da biblioteca (arquivosdotrasno.com).

Estas xornadas complementan as xornadas de portas abertas desenvolvidas no mes pasado para o novo persoal do centro.

17/11/18

DÚAS MULLERES POETAS PREMIADAS: IDA VITALE E FRANCISCA AGUIRRE

Nestes último días veñen de  ser premiadas dúas mulleres polo seu traballo literario de toda unha vida:

- A poeta uruguaia IDA VITALE de 95 anos co PREMIO CERVANTES 2018.
- E a tamén poeta alicantina FRANCISCA AGUIRRE co PREMIO NACIONAL DAS LETRAS 2018.

+ info de cada unha nestas ligazóns:

- IDA VITALE ('El País')

('Agencia EFE')

16/11/18

MOCHILAS VIAXEIRAS 2018-19

Xa está en marcha o proxecto das mochilas viaxeiras, que permite levar fondos da biblioteca á casa para compartilos coa familia.
A súa finalidade fundamental é a de achegar materiais para poñer en valor os libros e a lectura no contexto familiar, mediante o préstamo dun pequeno lote de libros e outros soportes que o alumnado levará de forma rotatoria ás súas casas, por un breve período de tempo (normalmente dúas semanas como máximo).
As de 1º ESO xa foron entregadas, e hoxe venres teremos as de 2º ESO.

14/11/18

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NO IES 'RAFAEL DIESTE'

O Departamento de Ciencias do noso instituto xunto coa Biblioteca tamén celebran o mes da ciencia en galego das Bibliotecas con diversas actividades:

- Proxección de “Nanocosmos: un viaje a lo pequeño”.

- Somos Científicos.

- Universo:
Exposición de carteis e maquetas no vestíbulo do Instituto por parte dos alumnos de 1º de ESO. Exposición de libros de lectura sobre o tema na Biblioteca.

Fotos de cada unha das actividades:

«Este traballo quere transmitir as expectativas dos equipos que loitan por comprender este proceso: cando unha estrela morre lanza un material ao espazo que, a través de interaccións atómicas, poden formar algo moito máis grande como un planeta ou, por que non, un ser vivo» O documental conta coa financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Economía (FECYT) , Industria y Competitividad, y del Consejo Superior de Investigaciones Científicas(CSIC) e foi producido pola empresa LuzLux.
Traballouse co alumnado de 1º bacharelato de “Cultura Científica” realizándose unha pequena Unidade Didáctica. 


Os estudantes interactúan con científicas e científicos a través de internet. Un concurso de divulgación para persoal investigador no que os estudantes son os xuíces. Alumnas e alumnos desafían a científicos a través de CHATS de texto en directo. PREGÚNTANLLES todo o que se lles ocorre e VOTAN para que a súa científica ou científico favorito gañe 500 € destinados a divulgar o seu traballo.

- Exposicións:

Proxección de documentais no Salón de Actos 
 “O Sistema Solar a escala” (subtítulos en galego, Martin Pawley) Watch This Guy Build a Massive Solar System in the Desert | Short Film Showcase 
 NOSA Axencia Espacial Escolar Galega Publicado el 15 feb. 2018 Imaxes da primeira cápsula MarumaSat, lanzada no IES Maruxa Mallo (Ordes) no curso 
 “A perda da escuridade”, curta documental sobre contaminación luminosa, dispoñible por fin en versión galega 
 Rosetta y Philae en Cometa 67P gran resumen para niños ... - YouTube (Ficha optativo) o Corto Ambition 
 Carlos Briones: ''Os voy a contar una historia'' NAUKAS BILBAO 2018

05/11/18

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS


Un curso máis celébrase o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas cun manifesto, este ano a cargo de Luís Navarro (profesor de Bioloxía na Universidade de Vigo e integrante do grupo Divulgare nesa universidade. Deixamos aquí ligazóns ao seu manifesto e a outros documentos sobre recursos sobre ciencias en galego: