21/12/18

BOAS FESTAS DENDE 'BIBLIODIESTE'


Unhas felices festas e próspero ano con moitos libros e moita lectura, dende Bibliodieste.


20/12/18

X SEMANA CULTURAL 2019: O CINE


A modo de recordatorio, rematado o primeiro trimestre, no vindeiro empezaremos a traballar na décima Semana Cultural no 'Rafael Dieste' que este curso adicaremos ao CINE.
Buscamos que os diferentes departamentos acheguen ideas para actividades a realizar e/ou expoñer entre o 29 de abril e o 3 de maio.
A rodar...! Acción!

Versión en inglés @ ClickOnEnglish.

19/12/18

ACTIVIDADES RECENTES DA BIBLIOTECA: EXPURGO E REXISTROS

Comentar as útlimas actuacións na biblioteca durante este trimestre. Son actuacións de funcionamento da mesma: 

- EXPURGO: temos expostos fora unha selección de libros en expurgo. Podedes coller e quedarvos con calquer libro que vos interese.

- E por fin concluimos o rexistro e clasificación de todos os fondos procedentes do antiguo IES "Paseo das Pontes", agora centro integrado de FP.

10 ANOS DE 'ARQUIVOS DO TRASNO'


Hoxe celebramos 10 anos da primeira entrada publicada neste blogue da biblioteca do 'Rafael Dieste': "ARQUIVOS DO TRASNO", dende entón publicamos 1200 entradas sobre libros, literatura e as actividades da nosa biblioteca de centro. E aquí seguimos...

Así era a nosa primeira entrada: "15 días de terror" (19/12/2008)

18/12/18

GUÍA DE LECTURAS E PELIS PARA O NADAL 2018


Aquí tedes, como todos os anos, a nosa selección de lecturas e películas para estas festas.