24/02/19

ROSALÍA DE CASTRO, NO SEU 182º ANIVERSARIO

Ilustración: Abi Castillo.

Lembrándonos da nosa universal Rosalía de Castro no 182º aniversario do seu nacemento.

22/02/19

ANTONIO MACHADO VISTO DENDE AS AULAS NO 80º ANIVERSARIO DA SÚA MORTE

Hoxe cúmprense 80 anos da morte de ANTONIO MACHADO.
Segue presente nas aulas de literatura e varios profesores recordan que a obra do poeta sevillano é ainda hoxe mais necesaria que nunca.




ÁGORA: FORMACIÓN DE USUARIOS 2019


A colaboración da biblioteca do IES Rafael Dieste coa biblioteca do Ágora continúa outro ano máis coa visita dos alumnos de 1º ESO nunha xornada de formación. Este ano o fixemos coincidir co Día Internacional da Lingua Materna e o aniversario de Rosalía.

Os alumnos de 1º A e C fomos recibidos este martes, 20 de febreiro, na biblioteca do Ágora por Rosalía e Curros Enríquez, quen nos amosaron os espazos da biblioteca, os servicios que ofrecen e interpretaron para nós o poema que Curros adicou a Rosalía "No bico un cantar".
O vindeiro martes continuaremos coa visita cos outros dous grupos de 1º ESO.

21/02/19

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2019


Día internacional da Lingua Materna

O recordatorio de que hoxe celébrase o Día Internacional da Lingua Materna que foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. 
A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa na nosa comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.

19/02/19

RICARDO GÓMEZ DE VISITA NO 'RAFAEL DIESTE'


Hoxe á mañá visitou o noso instituto o escritor de literatura xuvenil e infantil Ricardo Gómez. Gañador de varios premios como "El Barco de Vapor" en 2006 e o "Gran Angular" no 2010. Nacido nun pobo de Segovia, emigrou logo a Madrid donde se criou. Traballou como profesor de matemáticas. Mais información da súa biografía AQUÍ.
Veu a estar co alumnado de 2ºESO para falar da súa obra "JUEGOS, INOCENTES JUEGOS" e a contestar as súas preguntas.

14/02/19

AMOR POLÍGLOTA


No 14-F, día da celebración do amor, o recordatorio de que se pode amar en distintos idiomas. O mapa mostra como se pode decir que se quere nos diferentes idiomas europeos.

Versión en inglés @ ClickOnEnglish.

11/02/19

SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


O Departamento de Ciencias e a Biblioteca do IES "Rafael Dieste" conmemora o 11 de febreiro coa "Semana da Muller e a Nena na Ciencia", que inclúe, como podedes ver no cartel anunciador charlas, proxección de películas, exposicións, xogos e observación do ceo entre o 11 e 15 de febreiro. Nesta ligazón tedes o resumo das actividades:

- RESUMO ACTIVIDADES 11-F.

O 11 de Febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A iniciativa 11 de Febreiro promove a realización de actividades que, visibilizando o labor das científicas, conmemoren este día, fomenten vocacións científicas nas nenas e axuden a pechar a brecha de xénero en ciencia.

A terceira edición da Iniciativa celébrase do 1 ao 15 de febreiro de 2019. Este ano acolle máis de 2.200 actividades que chegarán a unhas 130.000 persoas, o 90% celébranse en centros educativos. Máis de 900 persoas da comunidade científica, na súa maioría mulleres investigadoras, impartirán unhas 1900 charlas e talleres que chegarán a máis de 100.000 estudantes en 800 centros educativos.

08/02/19

GAÑADORES DO CONCURSO DE MICRORRELATO DA PAZ 2019

gañadores do concurso de
da paz 2019

Categoría  A.-

* Primer  premio:  Un  mensaje  de  esperanza
                             Germán  Alonso  García-Loygorri  Gestal (S2ºC)
* Segundo  premio:  Un  minuto
                                Blanca  Fernández  Borrazás (S2ºA)

Categoría  B.-

* Primer  premio:  Sin  título
                              Paula  Iglesias  Cameselle (B1ºB)
* Segundo  premio:  La  Paz
                                Marcos  Castro  (B1ºC)