31/05/19

MIGUEL MATO: CONFERENCIA PRESENTACIÓN "ADEUS, CAPITÁN WALTON"


Como xa prometera alá polo mes de xaneiro (aquí), cando presentou a súa última novela  "ADEUS, CAPITÁN WALTON", Miguel Mato, quen foi profesor de galego do noso instituto, veu hoxe a dar unha charla e presentalo diante do alumnado de Bacharelato. Moitos deles foran alumado seu non hai moito.
O libro xa se atopa na nosa biblioteca (aquí).



30/05/19

CONCURSO CULTURA CLÁSICA 2019

O pasado martes 28 celebrouse o "Concurso de Cultura Clásica"  que cada curso levamos a cabo con outros centros da cidade de A Coruña.
Este ano podemos decir que fixemos pleno e gañamos nos dous niveis de 3º e 4º da ESO, respectivamente:

- PAULA RODÍGUEZ RODRÍGUEZ (4ºESO)
- ARIADNA MILETH SÁNCHEZ GARZA (3ºESO)

Parabéns ás dúas!

25/05/19

GRADUADOS 2019


Onte venres celebramos a ceremonia de Graduación da promoción de alumnado 'Rafael Dieste 2019'. O acto celebrouse no Auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música para continuar logo no noso instituto.
Parabéns e moita sorte para todos eles!

22/05/19

X SEMANA CULTURAL: ACTUACIÓNS MUSICAIS


O venres 3 de maio asistimos a unha velada musical (organizada polo Departamento de Música) centrada nas bandas sonoras de grandes clásicos do cine:
Sabela Oliva (S2ºB) interpretou o tema principal do musical "En cambio no".
Martín Yáñez (S4º C) a célebre canción napolitana "O sole mio".
Sophia Clancy (S4ºB), Uxía Martínez, Diego Sánchez e Martín Yáñez (S4ºC) o tema "Bohemian Rhapsody".
Alumnado de 3º A e 3ºB presentaron unha coreografía do tema «You're The One That I Want» do musical "Grease".
León Fernández (clarinete) e Luis Enrique Iglesias (guitarra), ambos de S3ºA interpretaron dous temas de musicais de Disney.
Nesta sesión tamén poidemos escoitar tamén a entrevista a "Morris" Durán realizada polos alumnos de ITI de 2º ESO, e representación de la obra teatral escrita por Daniel Bascoy (S4ºD).




17/05/19

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS


O Día das Letras Galegas 2019 ten o nome de ANTÓN FRAGUAS que naceu en Loureiro, Cotobade (Pontevedra) o 28 de decembro de 1905 e morreu en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999. Foi escritor, historiador, antopólogo e etnógrafo.
Máis información nas seguintes ligazóns:


16/05/19

AVALIANDO A X SEMANA CULTURAL


Pasada a Semana Cultural, toca reflexionar sobre a mesma para detectar posibles erros que se poidan evitar en futuras convocatorias.
O primeiro que quere destacar o equipo de biblioteca é a gran implicación do profesorado, motivando ademais ao alumnado na realización dos traballos. Moitas grazas por todo o esforzo feito e por minimizar os fallos que se puideron cometer.


Como queremos mellorar, enviámosvos unha pequena enquisa que nos axudará a facelo mellor o próximo curso. Leva moi pouco tempo facela, pero axudaranos moito recibir as vosas reflexións e suxerencias. O alumnado terá a enquisa nas seguintes sesións de titoría e o profesorado terá unha ligazón para cumplimentar a enquisa en liña no seu correo electrónico. Grazas por participar.

X SEMANA CULTURAL: MICROVIDEOS PROMOCIÓN GALEGO


Dende o Departamento de Galego tamén prepararon microvideos para promocionar o idioma. Aquí deixamos un deles. Outros poderán atoparse no blogue de normalización próximamente. Na véspera do Día das Letras Galegas 2019.

Videos promocionais galego:

15/05/19

X SEMANA CULTURAL: GAÑADORES DA GYMKHANA MATEMÁTICA



Aínda que quedou algún enigma sen resolver, xa coñecemos os gañadores da "Gymkhana del Cuarto Menguante".

Na primeira quenda, gañou o equipo formado por Rocío Galán, Xiara García, Paula Mallo e Carmela Sendón, alumnas de 4º ESO C.

Na segunda quenda, o equipo gañador foi o formado por os alumnos de 3º ESO A: Miguel Caamaño, Diego Camba, Sergio Fernández, Luis Enrique Iglesias e Genaro País.

Se queredes seguir tentando, aquí vos quedan algunhas das actividades da gymkhana nesta ligazón: GymkhanaMatemática.

X SEMANA CULTURAL: GAÑADORES DO CONCURSO "VAICHE UNHA DE MEDO?"


Facemos público os nomes dos gañadores do concurso celebrado durante a X Semana Cultural "VAICHE UNHA DE MEDO?"

Primeiro premio:
- GERMÁN ALONSO GARCÍA-LOYGORRI GESTAL (S2ºC)

Segundo premio:
- DIEGO IGLESIAS SALGUEIRO (S1ºB)

Terceiro premio:
- EMMA LYSS CASAIS ALEN (S2ºC)

14/05/19

X SEMANA CULTURAL: VIDEOS DOS TRABALLOS DE PLÁSTICA DE 1ºESO

Aquí tedes o vídeo que realizou o alumno do Practicum de Plástica, Aarón Sabucido Represa, cos traballos do curso de 1º ESO de Plástica.






Video:


X SEMANA CULTURAL: ENTREVISTA A MORIS DURÁN


O venres 3 de maio poidemos escoitar a entrevista que tres alumnos de 2ºESO A e B de ITI fixeron ao actor galego Antonio Durán, "Morris".
Morris é un actor de longa traxectoria interpretativa no teatro e moi coñecido en produccións audiovisuais galegas, como "Pratos Combinados", "Padre Casares" na TVG ou "Fariña".
Nesta entrevista feita por Izán Álvarez Roa e Daniel Seijo Mosquera (2ºB) e Martiño Montes López (2ºA), Morris fala dos seus inicios como actor e fai un repaso das súas interpretacións máis destacadas.
Lamentablemente non conseguimos poder insertar o audio da entrevista aquí, estamos traballando para poder facelo.

13/05/19

X SEMANA CULTURAL: PERSOEIROS DO CINE: "DE CHARLOT A BATMAN"

Os alumnADO de 1º Bacharelato B e C participaron na Semana Cultural con disfraces de persoeiros de cine.


Érase que se era unha cámara que gardaba os soños. Alí estaban os superheroes e superheroínas coas súas fazañas  sempre dispostos a facernos crer que somos invencibles.

 Batman: Axel Rodríguez (1ºBAC-B)
Lara Croft: Uxía Queijeiro (1ºBAC-B)
Supergirl: Sofía Villegas (1ºBAC-B)

 Tamén gardaba a  cámara con agarimo as creacións máis arriscadas, que nos rescataban do tedio cotián.



 Mickey & Minnie: Adrián Mayán, Lucía Lorenzo (1ºBAC-C)
 Os Minions: Mario Barbeito, Lucas Sánchez, Jorge Gª Lozano, Iago Estrella (1ºBAC-C)



O Rei León: Daniel Durán (1ºBAC-C)

 E...coma sempre, unha variña máxica arranxounos o mundo ou, alomenos, intentouno.

Harry Potter, Hermione & Weasley: Carlos Galán, Paula Iglesias, Edgar Alfaro (1ºBAC-B)

 Pero non podemos fuxir do que somos e, por iso, renacemos en persoas sinxelas, cheas de engado que nos axudan a reconciliarnos coas nosas feblezas.

Charlot: Rosalía Castro (1ºBAC-B)

Forrest Gump: Marcos Castro (1ºBAC-C)

 Por iso,...Luces, cámara, Acción!

12/05/19

X SEMANA CULTURAL: CONFERENCIA DE JAIME FERNÁNDEZ GARRIDO




Jaime Fernández Garrido, director del programa evanxélico de RTVG "Nacer de novo"  visitounos na semana cultural. Impartiu unha conferencia o martes 30 de abril sobre a Biblia e o cine. Na súa exposición, mostrou secuencias de películas baseadas en textos da Biblia ou de personaxes contemporáneos de Xesús de Nazaret, como Ben Hur, pero tamén outras nas que a relixión ou a fe teñen unha especial relevancia, como "Carros de fuego" ou "Invencible", de Angelina Jolie. 

11/05/19

X SEMANA CULTURAL: VIDEORRECEITAS DE ESCARLATINA

Deixámosvos, como mostra, unha das videorreceitas que fixo o noso alumnado e que foron proxectadas durante a Semana Cultural. 

Video "Receita Ratatouille":



10/05/19

X SEMANA CULTURAL: VISITAS GUIADAS ÁS EXPOSICIÓNS


Este curso organizáronse visitas guiadas ás exposicións dos traballos elaborados para a semana cultural. Cada unha dos grupos tiveron a súa visita guiada ao longo da semana explicando todo o que está exposto. As fotos que acompañan corresponden a visita do grupo de 2ºESO-D xunto coas familias tamén convidadas o pasado xoves 2 de maio ás 11:20. Os guías eran alumnos de 3ºESO-D: Adrián Tinaquero e Pablo Seoane.



X SEMANA CULTURAL: VERSIONANDO UNHA ESCENA DE PELÍCULA EN INGLÉS



Nunha das clases de inglés versionaron unha escena dunha película. Arriba a escena orixinal e abaixo a versión feita na clase.
Outros alumnos versionaron escenas de películas pola súa conta. Todas están recopiladas aquí: ClickOnEnglish/Film Scenes

Video versionado:




09/05/19

X SEMANA CULTURAL: CONFERENCIA DO CRÍTICO CINEMATOGRÁFICO MARTÍN PAWLEY



O crítico, programador e produtor de cine Martin Pawley visitounos o pasado luns para falar de "O cinema do século XXI". Na súa disertación para o alumnado de 1º Bacharelato fixo un percorrido histórico das audiencias. Asi, soubemos que a asistencia ás salas de cine baixou moito coa aparición da televisión nos anos 60-70, e dende entón mantense estable. Os mercados emerxentes de salas de cine son agora China, Xapón, Reino Unido, Corea do Sur, Francia, India e Alemania.
Tamén falou da presenza de mulleres na industria do cine, que aínda están infrarrepresentadas en tódolos ámbitos. 
Outro dos datos máis salientables é que a industria do cine mantense en España  grazas aos espectadores asiduos (que son os que teñen máis dispositivos dixitais) e non aos grandes éxitos de taquilla.

X SEMANA CULTURAL: CHARLA SOBRE A HISTORIA DO CINE

O alumnado de 1º de Bacharelato de Física e Química presentaron o pasado luns 29 de abril ao alumnado de 3º ESO unha viaxe polas orixes do cine:
Dende unha "Historia do cine para nenos", as primeiras películas "A saída da fábrica" dos irmáns Lumière ou "A viaxe á lúa", asi coma unha secuencia da fábrica do filme "Tempos modernos" de Charles Chaplin. Despois fixeron unha comparación cos efectos especiais das primeiras películas cos do cinema actual.




Videos:


08/05/19

X SEMANA CULTURAL: 'O CINE' DO 'RAFAEL DIESTE' NA PRENSA LOCAL


A X Semana Cultural 'O CINE' do 'Rafael Dieste' tivo repercusión na nosa prensa local. O xornal "La Opinión" do pasado venres 3 de maio publicou un artigo sobre o tema como podedes ver nas fotos.


07/05/19

CONCURSO XSC: FOTOGRAMAS DO SEXTO E ÚLTIMO DÍA

A QUE PELÍCULAS CORRESPONDEN ESTES CINCO FOTOGRAMAS?
Nº26
 Nº27
 Nº28
 Nº29
Nº30