19/06/19

DE PERSONAXES DE CINE AOS DEBUXOS, PASANDO POLOS DISFRACES


Velaquí o exemplo dos grandes artistas que temos no centro. Xunto cos disfraces de figuras emblemáticas do cine puidemos gozar cos deseños de Edgar Eduardo Alfaro Ferreiro, alumno de 1º BAC B.

A fotografía, o debuxo e o cine diluídos en perfecta harmonía.













10/06/19

FIN DE PRÉSTAMOS NA BIBLIOTECA CURSO 2018-19

Esta semana remata o préstamo de documentos  na biblioteca.
Tedes que devolver todo o
prestado antes deste 
venres 14 de xuño!!!!
A semana do 17 ao 21 de xuño a biblioteca abrirá para o estudio, lectura e consulta de información. Non haberá préstamos de material.

08/06/19

O INVESTIGADOR LLUÍS MONTOLIU EN 'BIBLIODIESTE'


Onte recibimos no noso centro a visita do xenetista, biotecnólogo e investigador Lluís Montoliu quen impartíu a conferencia "Editando xenes" para o alumnado de ciencias de 4ºESO e 1ºBAC. Ademáis, Lluís dedicou para a nosa biblioteca un dos seus libros. Nesta foto aparece coa profesora do Departamento de Ciencias, Marisa Castiñeira, diante da vitrina "Encontros do IES" da nosa biblioteca donde se atopa o seu libro.

07/06/19

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO 'VAICHE UNHA DE MEDO?'

Hoxe entregamos os diplomas e premios aos gañadores do Concurso sobre películas de terror "Vaiche unha de medo?". Este concurso foi organizado pola biblioteca na X Semana Cultural do instituto.

O gañador, Germán Alonso García-Loygorri Gestal, recibiu catro entradas de cine para ir ao cine coa súa familia;

O segundo e terceiros premios, Diego Iglesias Salgueiro e Emma Lyss Casais Alén, recibiron unha película elixida por eles.

Parabéns a todos eles!!