27/09/19

#FRIDAYSFORFUTURE @ 'RAFAEL DIESTE'




Como xa anunciamos, hoxe venres 27 de setembro o noso centro sumouse a #FridaysForFuture, a Folga mundial polo Clima en defensa do futuro do planeta.

As organizacións e plataformas convocantes fixeron un chamamento a toda a poboación para que nas oficinas, centros educativos e outros lugares de traballo se realizasen concentracións simbólicas de catro minutos e quince segundos entre as once e as doce da mañá. No cambio da terceira á cuarta hora (11:20) fixemos a concentración no patio central, como vedes nas fotos.

24/09/19

CONCIENCIANDO SOBRE O CLIMA. EN DEFENSA DO FUTURO DO PLANETA

Foto: Seryhumano.com

O vindeiro venres 27 de setembro o noso centro vaise sumar á Folga mundial polo Clima en defensa do futuro do planeta.
As organizacións e plataformas convocantes fan un chamamento a toda a poboación para que nas oficinas, centros educativos e outros lugares de traballo se realicen concentracións simbólicas de catro minutos e quince segundos entre as once e as doce da mañá. No cambio da terceira á cuarta hora (11:20) faremos a concentración diante da fachada do aparcadoiro do instituto, dentro de recinto do centro, ou no patio central se o tempo non o permite.
Os titores deberán informar aos seus grupos desta iniciativa tan importante. Para ilustralos achegamos uns videos que poden ser interesantes para visualizar nas aulas cando se informe ao grupo da nosa participación.

O video do discurso en inglés de Greta Thunberg nas Nacións Unidas @ ClickOnEnglish

Videos:





17/09/19

BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR 2019-2020


Arrancamos hoxe un novo curso, o 2019-20. Onte fixemos as presentacións dos novos grupos en donde atoparemos antiguos compañeiros e coñeceremos outros novos. O mesmo ocurrirá cos profesores. 
Os Arquivos do Trasno reabren unha vez mais, para seguir as actividades da nosa Biblioteca. Intentaremos estar listos para abrir o vindeiro LUNS 23.
Benvidos a toda a comunidade educativa e moita sorte no novo curso!