Para conmemorar o 30º aniversario do instituto "RAFAEL DIESTE", o Equipo de Dinamización Lingüística do centro ven de publicar un marcapáxinas co calendario 2020 polo reverso. O deseño da ilustración foi feito por Victoria García-Rebull Cuiñas. E o lema foi idea da profesora de galego do instituto Dores Castro Villar.
21/02/20
ENTROIDO 2020 NO 'RAFAEL DIESTE'
Como todos os venres previos aos días festivos do Entroido, celebramos unha festa de disfraces a partir da 13:00h. Houbo ás clases habituais ata ese momento. Durante a festa houbo un Concurso de Disfraces, patrocinado pola AMPA.
antes da festa...
durante a festa...
20/02/20
FERNANDO LALANA REVISITA O 'RAFAEL DIESTE'
Recibimos de novo no noso instituto ao escritor de literatura xuvenil Fernando Lalana que falou para o alumnado de 2ºESO.
19/02/20
CHARLA DE PALOMA GONZÁLEZ RUBIO
Recibimos no instituto hoxe a escritora e editora Paloma González Rubio. Galardonada con varios premios como o José Saramago de relatos no 2007 e o Alandar 2019 pola súa última novela "Joao". Falou para o alumnado de 4ºESO.
17/02/20
CONFERENCIA DE ALFREDO G. CERDÁ SOBRE "NINFA ROTA"
Esta mañá recibimos a visita do autor ALFREDO G. CERDÁ, para impartir unha conferencia ao alumnado de 2ºESO sobre o seu traballo como escritor e, en particular, sobre a novela "NINFA ROTA", que o alumnado deste nivel ven de ler. Ao final da conferencia, amablemente firmou exemplares do seu libro ao alumnado que se acercou.
Esta semana tamén contaremos coas visitas de Paloma G. Rubio e Fernando Lalana que virán a falar dos seus libros para outros grupos de alumnado.
10/02/20
O DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA CONVOCA CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: "O MAR", COLABORA 'BIBLIODIESTE'
ORGANIZA O DEPARTAMENTO DE DEBUXO DO IES RAFAEL DIESTE.
COLABORAN: DEPARTAMENTOS DE XEOGRAFÍA-HISTORIA, MÚSICA, BIBLIOTECA E AMPA DO 'RAFAEL DIESTE'
BASES
As fotografías que se presenten ao concurso deben estar relacionadas co tema da Semana Cultural: O mar.
2. PARTICIPANTES
Podrán concorrer a este certame fotográfico todo o alumnado do IES sempre que os seus traballos se axusten ás bases do mesmo.
As fotografías deberán ser propiedade do autor que as presente ao certame.
Cada concursante poderá presentar ata tres imaxes, orixinais e inéditas.
As fotografías deberán presentarse en papel fotográfico, en branco e negro ou en cor.
O tamaño das fotografías orixinais será libre, pero, en ningún caso deberá sobrepasar o tamaño do soporte, co título da obra no reverso.
Cada fotografía deberá estar montada sobre un soporte ríxido (cartón pluma ou similar) de dimensións obrigatorias DIN A-4 (210x297mm).
A presentación da documentación realizarase en dous sobres pechados:
SOBRE 1:
No exterior soamente figurará o “lema” ou título da obra baixo o que se presenta a fotografía. O sobre conterá unha folla DIN A-4 cos datos persoais do concursante (nome, apelidos e grupo) e a localización da imaxe presentada ao concurso.
SOBRE 2:
No exterior soamente figurará o “lema” ou título da obra baixo o que se presenta a fotografía. O sobre incluirá exclusivamente a fotografía presentada en formato impreso. No dorso do soporte da fotografía figurará unicamente o lema elixido. A fotografía será anónima e non haberá no interior ou no exterior do sobre dato ningún que poida identificar o autor da foto, máis alá do propio lema.
A data límite de entrega dos traballos será o día 18 de marzo ás 14 horas.
Os traballos presentaranse na secretaría do Centro no seu horario de atención ao público.
Os premios que se outorgarán serán os seguintes:
O xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún ou a totalidade dos premios se os traballos presentados non reunisen, ao seu criterio, os méritos suficientes. A decisión do xurado será inapelable.
10. ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase nun acto público no marco da exposición sinalada e durante a mesma, en día e hora por determinar.
As obras premiadas quedarán en propiedade do IES Rafael Dieste, que se reserva todos os dereitos sobre as mesmas e a súa posible publicación, citando o seu autor, aténdose, en todo caso,ao que dispón a Lei de Propiedade Intelectual.
As fotografías non premiadas poderán ser retiradas persoalmente polos seus autores unha vez rematada a exposición.