Video presentación da exposición 25-N: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO "BUSCANDO UNHA VACINA", un traballo do alumnado de 4ºESO.
25/11/20
23/11/20
OS CLUBES DE LECTURA "DIESTE" NOS TEMPOS DO COVID
O COVID cambiou moitas cousas no noso instituto: obrigounos a levar unha mascarilla todo o tempo, a botar xel nas mans varias veces ao día, a entrar e saír por portas diferentes, a horas diferentes, a suprimir as aulas materia, a ter un só recreo -aínda que mais longo-, a desinfectar as mesas e as sillas se cambiamos de aula, etc... Pois ben, o COVID tamén está a cambiar o noso Club de Lectura DIESTE, que este curso conta cunha organización e un funcionamento diferente para adaptarse a estes tempos de pandemia.
Non podemos utilizar a sala do Club de Lectura porque non cumpre as normas relativas á distancia marcadas polo protocolo. Tampouco podemos adicar ao Club o tempo de recreo xa que todos quedaríamos sen o único recreo que temos. Por todo isto estamos perfilando a nova organización que tratará de aproveitar as aulas e os postos que o alumnado ten asignado dentro delas, incorporando o Club DIESTE dentro da Hora de Ler e/ou horas de reforzo, titorías e materias que se presten a elo.
Ide pensando se queredes formar partes dos "trasnos" e vivir con nós novas aventuras, as dos libros e as que nós vos imos propor. Seredes recibidos con mascarilla pero coa mesma ilusión de sempre.
Comezaremos estes días co alumnado de 1º de ESO. Listo? Pois esperada as novas que vos iremos contando...
20/11/20
"BIBLIODIESTE" MOLA!
Esta semana a nosa coordinadora da Biblioteca, Matilde de Cal, asistiu telemáticamente aos ENCONTROS DO PLAMBE (Plan de Bibliotecas Escolares) e atopouse cunha agradable sorpresa ao vernos mencionados nun estudio dunhas expertas catalás, entre elas Mónica Baró. Aparecemos citados nun comentario dunha profesora de primaria despois dunha visita de alumnado de 6º primaria á nosa biblioteca.
Un comentario positivo que nos fai sentir moi orgullosos do traballo que estamos a facer e da biblioteca que temos. (Podedes ver o comentario na imaxe).
17/11/20
PREMIO CERVANTES 2020: FRANCISCO BRINES
Foto: El País
Unha vez máis, e por segundo ano consecutivo, o Premio Cervantes vai para un poeta FRANCISCO BRINES BAÑÓ. O poeta valenciano de 88 anos é o número 45º en recibir o galardón concedido polo Ministerio de Cultura.
06/11/20
ENTREGA DE PREMIOS II TORNEO XADREZ "RAFAEL DIESTE 2019-20
O curso pasado os Departamentos de Matemáticas, Filosofía e a Biblioteca de "Rafael
Dieste" decidiron convocar o II Torneo de Xadrez do "Rafael Dieste". A nosa intención é
que continúe a celebrarse e xa estamos a preparar o deste ano.
Arrancamos ben, xa que a participación foi numerosa. dada a situcaión do confinamento
quedaron sen entregar os premios e agasallos á xente que participou. A entrega tivo
lugar hoxe con algo de retraso.
Video: