21/01/21

TEMOS NOVO BLOG: "CLUB DIESTE", O BLOG DO CLUB DE LECTURA


Temos novo blog: "CLUB DIESTE", o blog do club de lectura. Neste blog aparecerán semanalmente as lecturas propostas e os trasnos, nome dos compoñentes do club, irán aportando os seus comentarios.

Ligazón ao blog "CLUB DIESTE"


PRESENTACIÓN DO BLOG:
O club de lectura DIESTE quere dar a benvida a todos os trasnos. Este curso "tan diferente" imos compartir as lecturas dunha maneira tamén "diferente" debido ao COVID, que non nos permite reunirnos nun recreo semanal como outros anos. Pero xa coñecedes o refrán: "A mal tempo, boa cara". Así que comezamos.
Este blog ímolo levar entre todos, subindo comentarios sobre as lecturas que cada semana vos entregamos nas caixas do club que hai nas aulas. Aparecerán publicados aqueles comentarios que seleccionemos polo seu interese.
Cada curso da ESO ides ter a vosa sección. Así que deixade o voso comentario na sección do voso curso.

18/01/21

JERUSALEMA CHALLENGE @ IES 'RAFAEL DIESTE' (CORUÑA) + GRANTON MIDDLE & HIGH SCHOOL (WISCONSIN): FELIZ 2021!

 

 


O Covid-19 arrebatounos os bicos e os abrazos pero non puido coa nosa capacidade de traballar xuntos contra esta pandemia.
Covid-19 stole our hugs and kisses but it couldn't steal our ability to work together against this pandemic.

Seguindo un mesmo ritmo, o IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña) e o Granton Middle & High School (Wisconsin), queren enviar unha mensaxe de esperanza na loita contra o COVID-19. Agradecer ao alumnado, profesorado, persoal administrativo e de servizos pola súa colaboración na realización deste vídeo.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

08/01/21

HORA DE LER 2020-21: HORARIO DO 2º TRIMESTRE


 Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre, comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, cun total de dez semanas. 

Lembramos que a Hora de Ler consiste en 20 minutos diarios de lectura en todas as aulas da ESO, cambiando sucesivamente a hora cada semana.

Para ver modalidades posibles da hora de ler durante a pandemia, mirade AQUÍ