19/04/21

ABRIL 2021: MES DO LIBRO EN 'BIBLIODIESTE'


A actividade proposta pola biblioteca consiste en encher o cortizo do pasillo de cubertas de libros. Para iso todo o alumnado, profesorado e personal non docente poderá aportar unha imaxe en cor da cuberta ou tapa do libro que está a ler, enviándoa por correo a bibliodieste21@gmail.com ou entregándoa en pendrive ao profesor encargado de biblioteca nos recreos ou en vicedirección. 

A biblioteca encargarase de imprimir as tapas que se presenten. A data límite para as entregas será o mércores 28 de abril. Rogamos a todo o profesorado, e moi especialmente aos titores, que den a máxima difusión a esta actividade para poder acadar unha participación importante de toda a comunidade educativa. Grazas a todos e FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!

Tamén o concurso que o club de lectura propón para os seus membros de 4º de ESO. Este concurso ten como data límite o venres 30 de abril e o gañador recibirá como premio un vale para gastar nunha librería do barrio.




Este é o resultado da actividade proposta para o "Mes do Libro 2021", aquí mostramos as portadas de libros que recibimos.









15/04/21

ENCONTROS PLAMBE 2021


 Hoxe xoves 15 e mañá venres 16, celebranse os Encontros do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) 2021.
De novo, son de forma telemática en sesións de tarde de 16 a 20 horas.

06/04/21

HORA DE LER 2021 - HORARIO TERCEIRO TRIMESTRE

 


Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no terceiro trimestre, comeza o MARTES 6 de abril NA SEXTA HORA durante toda esta primeira semana e continuará rotando as semanas seguintes: primeira hora, segunda, etc... ata a última semana o 31 de maio ao 4 de xuño.

Lembramos que a Hora de Ler consiste en 20 minutos diarios de lectura en todas as aulas da ESO, cambiando sucesivamente a hora cada semana.

Para ver modalidades posibles da hora de ler durante a pandemia, mirade AQUÍ